7 de abr. de 2021

Xornadas Virtuais na UDC

O xoves 8 de abril a Universidade da Coruña, UDC, celebrou a Xornada Virtual de Portas Abertas da (XVPA), na que amosaron a oferta académica e vida universitaria ao Futuro Estudantado. Dado que as medidas sanitarias seguen sen permitir a organización de Xornadas de Portas Abertas presenciais, manteñen activa a web da Xornada Virtual onde atoparás moita información da UDC



Nela atoparás:

  • Vídeoconferencia sobre ABAU E PREINSCRICIÓN
  • Vídeoconferencias de todos os Graos da UDC
  • Vídeos curtos dos Centros nos que se imparten
  • Vídeos con experiencias de alumnado matriculado e egresado
  • Vídeos da vida Universitaria: Residencias, Deporte, Cultura, Centro de Linguas, Voluntariado, Emprego, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente...



Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...