18 de maio de 2024

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/2025.


INSCRICIÓNS:

Até o 20 de maio de 2024: para a proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato.

Até o 26 de xuño de 2024: para a proba substitutiva do requisito de titulación de ESO e/ou proba específica de grao medio.

LUGAR DE INSCRICIÓN:

Na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade. Na modalidade de fútbol deberá presentarse na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.


DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

- Probas substitutivas de titulación: realizaranse no IES San Clemente de Santiago de Compostela nas seguintes datas:

GRAO MEDIO: 5 de xullo de 2024. Presentación: 9:15h.  

GRAO SUPERIOR: 30 de maio de 2024. Presentación 9:30h.

- Probas específicas de acceso de grao medio:


* a data do exame poderá variar no caso de non darse as condicións meteorolóxicas necesarias.

**As/os aspirantes á especialidade de Espeleoloxía, ademais da superación das probas de acceso específicas deberán superar unha entrevista coas empresas do sector. 

- Probas específicas de acceso de grao superior:


► Non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva.

REQUISITOS:

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas as persoas que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispoñer do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberá ter, ou cumprir no ano natural de realización das probas, 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación. 

A proba substitutiva do requisito de titulación poderase substituír pola superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP, a parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de FP, a proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño, a proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas a persoa que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispoñer do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente. E ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos: bacharelato, título de técnico superior, título universitario.

b) O alumnado que non dispoña do título de bacharelato, ou outro declarado equivalente, deberá ter, ou cumprir no ano natural de realización das probas, 19 anos, estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

A proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior poderase substituír pola superación da parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de FP, da proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou da proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

PÁXINA WEB DA CONSELLARÍA:

*MÁIS INFO: 

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. Monelos, 9º andar. R/Vicente Ferrer, 3. 15008- A Coruña

Tel.: 981 184 701

Publicación: DOG 07/05/2024

 


1 de maio de 2024

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.

INSCRICIÓNS:

Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024

REQUISITOS:

Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria.

Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

REMUNERACIÓN / CUSTO:

1.000 euros por premio e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

CONTACTO:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 527 - 881 996 509 -  881 997 383

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: premios@edu.xunta.gal

Dúbidas ou dificultades técnicas: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 26/04/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311A

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis.



INSCRICIÓNS:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas  e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na Secretaría da Escola.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola.

PREZO:

64€


REQUISITOS:

Para o acceso aos estudos superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica.

A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/a aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o cal son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

►Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.

As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba: proba subtitutiva do requisito de titulación.

 

PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. 

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBAS ESPECÍFICAS ACCESO AS ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA

A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades.

Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e darán comezo o día 8 de xullo de 2024, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal. * Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

 WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)

Tel.: 986 246 399 / 619 910 967

esad.galicia@edu.xunta.gal

www.esadgalicia.com  

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025.

INSCRICIÓNS:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. As persoas que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.

c) Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, as persoas en posesión dun título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño.


Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis


PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. 

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO

Terá como finalidade valorar a madureza,  os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 5 de xullo de 2024 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Rúa Xeneral Martitegui, s/n. 36002- Pontevedra

Tel.: 886 159 735

e-correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal 

https://escolaconservacion.gal

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2024-2025

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

Ata o 21/05/2024

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, con certificado dixital ou Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios.

Na solicitude deberanse indicar a especialidade e itinerario a que se desexa acceder, así como a preferencia de centro en que se desexa cursar naquelas especialidades que se ofertan nos dous conservatorios.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do conservatorio sinalado na súa inscrición como primeira opción para cursar estudos.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación das correspondentes probas específicas de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba específica de acceso e que, sendo maiores de 16 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.


 PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compotela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO:

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN:

As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 10 de xuño.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Composición.

Especialidade de Dirección.

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Corda frotada, Jazz, Piano e Vento metal.

Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música de Vigo, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Canto, Guitarra, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga, Percusión e Vento madeira.

Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Conservatorio Superior de Música da Coruña

R/ Manuel Murguía, 44. 15011 - A Coruña

Tel.: 981 141 295    

E-correo: cmus.coruna@edu.xunta.gal

www.csmcoruna.com

Publicación: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2024-2025

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2024/25. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

  • 1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
  • 2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO:

Poderán acceder directamente a estes estudos as persoas que estan en posesión dalgún dos títulos de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. Deberán formalizar igualmente a súa inscrición. No caso de que de estar pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, poderá igualmente formalizar a súa inscrición, e deberá presentar a certificación de ter solicitado o título para formalizar a matrícula. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 20%.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 

Para o acceso aos estudos superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, e superar a correspondente proba específica, na cal se valorará a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 80%.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse na proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación de prazas unha vez estean en posesión da títulación.

ACCESO MEDIANTE PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN + PROBA ESPECÍFICA:

Poderán acceder á proba substitutiva de titulación as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran os 18 anos no 2024. As persoas que superen esta 1ª proba deberán superar tamén a proba específica.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

MÁIS INFORMACIÓN:

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

Na Coruña:    EASD Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña 

Tel.: 981 225 396             escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es

www.eapicasso.com

Publicación: DOG 25/04/2024

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...