27 de abr. de 2022

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2022-2023

 O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2022-2023 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.

DATAS DAS PROBAS DE ACCESO CURSO 2022/2023

INICIACIÓN E 1º GRAO ELEMENTAL: preinscricións ata o 31 de maio de 2022

1º GRAO PROFESIONAL: preinscricións ata o 24 de maio de 2022

RESTO DE CURSOS: preinscricións ata o 20 de xuño de 2022

Clica na imaxe para obter máis información.



Probas de acceso ao grao profesional de música para o curso 2022-2023

 O Conservatorio Profesional de Música da Coruña convoca as probas de acceso ao 1º curso do 1º curso do grao profesional.

INSCRICIÓN PARA A PROBA: do 27 de abril ao 12 de maio de 2022.

A inscrición farase online. A documentación presentarase na secretaría do centro de 9.30-13.00h.

16 de maio: publicación admitidas/os e excluidos/as e datas e horarios das probas.

DATAS DAS PROBAS: do 23 ao 25 de maio de 2022.

26 de maio: publicación admitidas/os e lista de espera.

PRAZO RECLAMACIÓNS: do 27 de maio ao 2 de xuño.

MATRÍCULA para os alumnos/as que obtiveron praza: 1 e 2 de xuño.

Clica na imaxe para ler toda a información sobre o proceso.



Probas de acceso ao grao elemental de música para o curso 2022-2023

O Conservatorio Profesional de Música da Coruña convoca as probas de acceso ao 1º curso do grao elemental.

INSCRICIÓN PARA A PROBA: do 25 de abril ao 12 de maio de 2022. Farase a inscrición online seleccionando un instrumento.

16 de maio: publicación admitidas/os e do desenvolvemento das charlas.

18 de maio: charla presencial informativa sobre o desenvolvemento das probas, presentación de instrumentos e posibilidade de cambiar o instrumento elixido.

19 de maio: posibilidade de modificación da especialidade da inscrición (até as 13.00h).

23 de maio: publicación definitiva admitidas/os por especialidade e datas e horarios probas (14.00h).

DATAS REALIZACIÓN DA PROBA: do 30 de maio ao 1 de xuño de 2022.

PUBLICACIÓN ADXUDICACIÓN PRAZAS E LISTA DE ESPERA: 3 de xuño (13.00h).

PRAZO RECLAMACIÓNS: do 6 ao 10 de xuño (horario de secretaría).

REUNIÓN APROBADAS/OS SEN PRAZA: 6 de xuño ás 16:00h.

MATRÍCULA para os alumnos/as que obtiveron praza: do 6 ao 8 de xuño de 2022 (horario secretaría).

Clica na imaxe para obter toda a información sobre o proceso



Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

 


A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas), para informar sobre a súa oferta educativa nas diferentes titulacións:

- Dirección escénica e dramaturxia. 
- Escenografía. 
- Interpretación

Cada departamento ofrecerá unha presentación, dunha hora de duración, a través da plataforma Webex Cisco Meeting. Posibilitarase tamén charlar co alumnado matriculado das distintas especialidades para dar resposta a diferentes cuestións: 
  • Por que realizar estudos de artes escénicas?
  • Cal é a oferta educativa da ESAD?
  • Que competencias se adquiren en dirección escénica e dramaturxia? E en escenografía e interpretación?
  • Cal é a relación co ámbito profesional?
  • Como van desenvolverse as probas de acceso?
  • Dúbidas e preguntas

Se queres participar, debes confirmar a túa asistencia enviando un correo electrónico segundo a túa especialidade de interese, co teu nome e apelidos e correo electrónico. 


O día da reunión, recibirás unha mensaxe dez minutos antes do seu comezo, cun enlace para poder acceder á videoconferencia.


Campamentos deportivos verán 2022 - Deputación da Coruña

  • Campamentos deportivos organizados pola Deputación da Coruña no IES Rosalía Mera, para rapazas e rapaces de 9 a 14 anos (nados entre o 1 de xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013). 

  • O programa de actividades inclúe deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais...

  • Datas a ter en conta: 
Inscricións: ata o 19 de maio de 2022 ás 14:00h a través do formulario habilitado na web municipal de deportes.
Listaxe provisional: 20 de maio.
Sorteo: o día 23 de maio ás 10:00h.
Listaxe definitiva: 25 de maio de 2022 a partir das 14:00h.
Formalización de matrícula: do 26 ao 31 de maio de 2022.
Listaxe de agarda (no caso de que non se formalicen as 30 prazas en periodo ordinario): 1 e 2 de xuño

  • Clica na imaxe para obter toda a información.


Premios extraordinarios de bacharelato, curso 2021/22

Convócanse ata 20 premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 coa finalidade de recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Deberanse ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e contar cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. O alumnado deberá realizar unha proba presencial de carácter único en toda a Comunidade, o día 23 de xuño de 2022 nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica (1.000 € por premio), e ademais recibirá un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan. 

26 de abr. de 2022

UNIFERIA: FEIRA VIRTUAL DE UNIVERSIDADES EN ESPAÑA

Os días 26 e 27 de abril terá lugar a  Feira Virtual de Universidadespromovida pola CRUE, que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2022-23.  O alumnado poderá visitar as casetas virtuais das Universidades españolas participantes e facer consultas en directo.

Funciona dun xeito similar a unha Feira Universitaria presencial: https://grado.uniferia.org.

A navegación por UNIFeria é libre, tras rexistrarse.



21 de abr. de 2022

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23

 Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

A solicitude de inscrición presentarase na secretaría dalgún dos centros educativos vinculados a cada modalidade deportiva. Na modalidade de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.

ACCESO AO GRAO MEDIO

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos: 

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente, e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. 

Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. 

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas. A superación da devandita proba dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I

A proba substitutiva do requisito de titulación de grao medio poderase substituír por:

1º. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. 

2º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 

3º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño. 

4º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño. 

5º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 

6º. Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

c) As persoas que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a respecto de reclamación das cualificacións do curso 2021/22, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición no prazo establecido, e poderán realizar a proba de acceso de grao medio de carácter específico. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba de carácter específico realizada.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

ACCESO AO GRAO SUPERIOR

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos: 

a) Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva; poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos: 

1º. Bacharelato. 

2º. Título de técnico superior. 

3º. Título universitario. 

O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou equivalente, ou algún dos títulos establecidos na alínea anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación que se establece no anexo II desta resolución. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.

A superación da proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III 

A proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas: 

1º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 

2º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño. 

3º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 

4º. Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

Proba substitutiva do requisito de titulación de ESO para acceder ás ensinanzas deportivas 

As persoas aspirantes deberán realizar un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. 

Estes exames realizaranse no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 7 de xullo de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: área sociocultural. Das 13.00 ás 14.00 horas: Lingua Galega. Das 16.00 ás 17.00 horas: área científico-tecnolóxica. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá.


Proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas deportivas 

As persoas aspirantes deberán realizar un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. 

Estes exames realizaranse no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Máis información clicando na imaxe: 



Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23

 Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23.

Para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 23 de maio. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 23 de xuño.

Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

Á proba que substitúe o requisito de titulación poderán presentarse as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e teñan 18 anos ou os fagan no ano 2022. 

As persoas inscritas deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na inscrición e, para a súa realización, deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.

As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática

As probas específicas de acceso desenvolveranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, rúa da Poza Cabalo, s/n, Vigo, e darán comezo o día 4 de xullo, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación. 4. A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.


Máis información clicando na imaxe: 



Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2022/23

Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2022/23.

Para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica de acceso.

Poderá acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

As persoas aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e o calendario establecido na resolución para as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 23 de maio. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 23 de xuño.


Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

Á proba que substitúe o requisito de titulación poderanse presentar as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e acrediten unha idade igual ou superior aos 18 anos ou que os fagan no ano 2022. 

As persoas aspirantes deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na inscrición, e para a súa realización deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición. 

As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, na rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés)

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais 

Realizaranse na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, na rúa do Xeneral Martitegui, s/n, Pontevedra, o día 5 de xullo, de acordo co calendario e co horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación. 

A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de dous exercicios: un análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do alumnado, especialmente no referente á compresión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación, e unha proba de aptitude plástica.


Máis información clicando na imaxe:



Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23

Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23.

O acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

Poderá acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. As persoas aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e o calendario establecido nesta resolución para as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 23 de maio. 

As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 23 de xuño.

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño

As probas específicas de acceso realizaranse o día 5 de xullo nas catro EASD de Galicia, de acordo co seguinte horario: 

a) Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas. 

b) Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas.

 – 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas. 

– 2º exercicio: das 18.00 ás 20.00 horas. 


EASD Pablo Picasso; rúa dos Pelamios, nº 2, A Coruña. 

EASD Mestre Mateo; rúa da Virxe da Cerca, nº 32, Santiago de Compostela. 

EASD Ramón Falcón; Paseo dos Estudantes, s/n, Lugo. 

EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, Ourense

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición. 

A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño constará de dúas partes: 

Primeira parte: Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, as persoas aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder a/as cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.

Segunda parte. As persoas aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas: 

– 1º exercicio: debuxo mimético á man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3. 

– 2º exercicio: debuxo á man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiados, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior. 

Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

A esta proba poderanse presentar as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e teñan 18 anos de idade ou que os fagan no ano 2022. 3

As persoas aspirantes deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na inscrición, e para a súa realización deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.

As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, na rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).


Máis información na imaxe



Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2022/23

 Xúntase a Orde que regula o acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2022-2023.

Para o acceso aos estudos superiores de Música, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica a que se refire o artigo 54.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro. 

Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 23 de maio.

Máis información clicando na imaxe:



Probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música

A proba constará de tres partes, e realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, rúa de Manuel Murguía, 44, e no Conservatorio Superior de Música de Vigo, rúa de Manuel Olivié, 23, e comezarán o día 14 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso. 

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición. 


Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores


A esta proba poderán presentarse as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e teñan 16 anos de idade ou os fagan no ano 2022.  As persoas aspirantes deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na inscrición, e para a súa realización deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.  As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).










19 de abr. de 2022

PLAN DE FORMACIÓN DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia pon en marcha o Plan de formación de Xuventude e Voluntariado. A iniciativa inclúe 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal.

No caso concreto da área de xuventude, a ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e o liderado, recursos para o emprendemento no rural, oratoria, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura, etc.

Clica na imaxe para coñecer a oferta de cursos




O prazo de inscrición para ambos apartados formativos ábrese o luns 11 de abril a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos. As inscricións faranse a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org.

A selección das persoas participantes será por rigorosa orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. De igual xeito, unha mesma persoa pode apuntarse a máis dun curso se cumpre os requisitos.

7 de abr. de 2022

I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial)

O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial), o 22/04/2022. 

O horario da visita será de 09:00 a 15:00 horas en quenda de mañá (centros educativos) e de  16:00 a 20:00 horas, para o público en xeral (individuais, grupos, en familia...)

Podedes inscribirvos ata o 11/04/2022 ás 14:00h. Para  formalizar a inscrición en liña:  https://bit.ly/3iooB00

Máis info: www.udc.gal/campusindustrial

Axudas para participar no programa Aulas da Natureza durante o verán 2022

 600 axudas para a participación gratuíta na actividade e ata 30 axudas por gastos de desprazamento desde territorio insular

O programa "Aulas da Natureza" verán de 2022 engloba actividades de natureza e medio ambiente, actividades específicas para fomentar a inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, actividades de animación e lúdico-deportivas.

Organízase en tres quendas de doce días, durante o período comprendido entre o 3 de xullo ao 11 de agosto de 2022, coa seguinte distribución:

  • 1º quenda: do 3 ao 14 de xullo de 2022
  • 2º quenda: do 17 ao 28 de xullo de 2022
  • 3º quenda: do 31 de xullo ao 11 de agosto de 2022

Cada quenda ofrece a participación de 200 alumnos/as distribuídos equitativamente en 2 instalacións diferentes, reservándose en cada quenda e instalación un 30% das prazas para alumnos de nee.

 A solicitude realizarase de maneira telemática a través da web do Ministerio. 

REQUISITOS: 

  • Alumnado matriculado en centros públicos españois, que non presenta necesidades educativas especiais, cursando 6º curso de Educación Primaria ou 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Alumnado que presenta necesidades educativas especiais escolarizado tanto en centros ordinarios como en centros específicos de educación especial, que cursa o último curso de Educación Primaria, ou primeiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Básica Obrigatoria. 
  • Informe do Departamento de Orientación, co visto e prace da Dirección, que xustifique a conveniencia da súa participación dende o punto de vista psicopedagóxico e que acredite que o alumno posúe un grao de autonomía e condicións persoais suficientes que posibilitan a súa participación. 


PÁXINA WEB: www.educacionyfp.gob.es

2 de abr. de 2022

Encontros virtuais na Zona USC: Do 7 ao 13 de abril de 2022



Neste enlace podedes consultar os horarios das conferencias

Para participar na videoconferencia, debes proceder da seguinte forma:

  1. Preme en “Acceder á videoconferencia”.
  2. Ábrese o Navegador e, se non tes instalado Teams,  elixe “Continuar en este explorador
  3. Ábrese outra ventana e elixe “Unirse ahora
  4. Xa podes participar na Videoconferencia. 

 

Sesións de videoconferencia

Venres, 8 de abril, de 10:00 a 11:00h. e  16:00 a 17:00h.
Luns, 11 de abril,  de 10:00 a 11:00h.
Martes, 12 de abril,  de 9:00 a 10:00h.

Mércores, 13 de abril,  de 11:00 a 12:00h.


 Encontros virtuais: Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia


Velaquí algúns videos de interese:






Recursos para o alumnado estranxeiro

Bitácora de recusos de Carmen Rojas, publicado en recursossocioeducativos.wordpress.com.


 

Recursos para alumnado que non fala o noso idioma

 O CEIP Valle Inclán comparte esta selección de recursos moi útiles para alumnado que descoñece as nosas linguas. Grazas!

 

Cartas vocabulario español-ruso

 Diccionario Visual Español-Ruso 

  • Documentos de Google para traballar diferentes exercicios. Elixe no menú FERRAMENTAS a opción de Traducir documento. Poderás traducir tanto as túas instrucións como as respostas do alumnado.



Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...