31 de ago. de 2023

Vacantes nos proxectos de FP Dual

A Dirección Xeral de Formación Profesional libera as prazas vacantes dos ciclos formativos con proxectos de FP dual ata o 22 de setembro ás 13:00 horas para alumnado que ademais de acreditar o cumprimento dos requisitos de acceso, pase o proceso de selección establecido pola entidade colaboradora e o centro educativo.

 A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.

Terceira adxudicación no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional

Hoxe publícase a terceira relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio e grao superior para cada réxime e modalidade. 

As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 1 ás 9:00 horas ata o día 6 de setembro ás 13:00 horas. De non facelo, perderán o dereito de matrícula nas prazas adxudicadas. No caso do réxime ordinario, non matricularse nin renunciar significará quedar excluído/a do proceso de admisión. 

Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 6 de setembro para cargaren as matrículas e, no caso do réxime ordinario, tamén as renuncias, na aplicación informática que corresponda.

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca asaxudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT) ou Fp Dual.

  • Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP Dual dentro do territorio español.
  • Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas que realice a FCT ou a FP Dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dous períodos de presentación de solicitudes:

  • 1º prazo: até o 28 de setembro de 2023, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2022-marzo 2023 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2023. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP Dual. O alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
  • 2º prazo: do 16 de outubro ao 16 de novembro de 2023, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2023.O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2023 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.As solicitudes xunto co resto dos anexos serán facilitados polos centros, xerarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/fct/  e presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP Dual.

As solicitudes xunto co resto dos anexos serán facilitados polos centros, xerarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/fct/  e presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP Dual.

REQUISITOS:

  • Alumnado matriculado en centros públicos de Galicia e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP Dual.
  • O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2023.

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro do territorio español

  • En Galicia: até 375€ cando se cumpran as seguintes condicións: o concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo. O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP Dual.
  • Fóra de Galicia: 200€ aínda que realice a FCT ou a FP Dual en varios centros de traballo.

Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual fóra do territorio español

  • Unión Europea (contía base e contía por semana):  
    • a) Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 120€. 72€. 
    • b) Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 180€. 120€ 
    • c) Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Suecia: 240€. 150€
  • Non integrados na Unión Europea (contía base e contía por semana): 
    • a) Europeos 180€. 120€. 
    • b) Outros continentes 240€. 150€.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal/fct

CONTACTO:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade. Xefatura Territorial da Coruña

Edif. Servizos Múltiples, R/Vicente Ferrer, 7º andar. 15008- A Coruña

tel.: 981 184 701

e-correo: sopre@edu.xunta.gal 

Todos os documentos teñen que ser xerados a partir da aplicación informática só dispoñible para os centros educativos, polo que os anexos da orde só serven a efectos informativos.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...