23 de xuño de 2023

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2023-2024

O proceso de admisión nos ciclos formativos de Formación Profesional non é complexo, pero convén telo claro, así que convén ler estas instruccións.

O proceso consta de dúas fases (a soliciude de admisión, e a matrícula - unha vez me adxudicaran plaza-). É importante estar atento aos plazos, xa que, se nos pasamos dalgún, estamos fóra do proceso: 


Os pasos a seguir son os seguintes: 

Durante os períodos de solicitude establecidos -ver prazos no calendario- (e cumprindo os requisitos de acceso)

  • O primeiro paso será crar unha solicitude de admsión (instruccións), para o que temos que utilizar o asistente informáticoDeberase cubrir unha única solicitude para cada réxime, modalidade e grao ou curso de especializaciónVelaquí a oferta de ciclos nas distintas modalidades. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Tamén indicará se a solicitude ten que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada. 
Mira neste video como facer unha solicitude:

Tras isto tedes que consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.

No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Aquí podedes ler toda a INFORMACIÓN XERAL SOBRE ADMISIÓN, con toda a información sobre o proceso. Ollo ao CALENDARIO se non queremos levar sorpresas.
ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de Veronica

ADMISIÓN NA FP DUAL

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Nesta ligazón atopará a oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual para o curso 2023-2024: 
REQUISITOS
  • Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo. Nota: Nos ciclos con prazas dispoñibles poderase matricular alumnado maior de dezaseis años, sempre que a empresa que participa na súa selección asine un documento no que manifeste que é coñecedora da idade do alumno ou da alumna.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada
Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.
Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas listaxes de solicitudes provisionais e definitivas, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Os datos de identificación serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC) nas listaxes.

DOCUMENTACIÓN. 

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
- DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
- No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
-Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europa.eu/europass/es/create-europass-cv

SELECCIÓN DO ALUMNADO:
Tendo en conta a listaxe definitiva de solicitudes, o centro e a entidade colaboradora seleccionarán o alumnado.
Rematado o período de selección publicarase a listaxe de persoas admitidas e en espera.
As persoas admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual deberán matricularse durante o período establecido no centro educativo no que teñan a praza adxudicada.​

​​PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización de FP.
No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.



MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS INSTRUCCIÓNS CLICANDO NA IMAXE:

19 de xuño de 2023

Matrícula na Universidade fóra de Galicia

 Comparto esta presentación exquisita da compañeira Lourdes Otero, sobre os pasos a seguir na matrícula na universidade noutras comunidades autónomas.

Convocatoria de plazas de residencia para o estudiantado da UDC - curso 2023/24

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC nas Residencias Públicas Universitarias dos Campus da Coruña e Ferrol. Curso 2023- 2024.

Nesta convocatoria fíxase o número de prazas ofertadas, os requisitos, o baremo de selección, o prezo e o prazo de presentación de solicitudes que permanecera aberto  desde o 14 xuño ata as 14:00 h do 14 de xullo de 2023.

O alumnado que vaia a matricularse por primeira vez na UDC: debe solicitar a praza nas residencias públicas universitarias (A Coruña - Ferrol), descargando e enchendo este formulario. Deberán asinalo, xunto cos demais membros computables  da unidade familiar, e presentalo xunto coa documentación requirida na convocatoria en:

a) A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña);

b) Ferrol: no Negociado de Asuntos Xerais, Edificio de Usos Administrativos, 1º piso (Campus de Esteiro);

c) ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

NOVAS RELACIONADAS COA CONVOCATORIA

Consultas sobre a convocatoria: Sección de Bolsas, a través do correo: axudas.aloxamento@udc.es co asunto: "residencias universitarias /prazas residencias".

Residencia Pública Universitaria de Ferrol

Rúa Sánchez Barcaiztegui, 28, 15401 Ferrol  

residenciauniversitaria.ferrol@udc.es

Tel.: 981 337 400 ext.: 3696

Máis información

Residencia Pública Univ. da Coruña "Elvira Bao"

Biografía Elvira Bao

Praza Museo Nacional de Ciencia, 3, 15011 A Coruña

residenciauniversitaria.coruna@udc.es

Tel.: 881 024 003

Interlocutora da Residencia Elvira Bao: Lorena Lema Rey

Tel.:611036766

Preguntas frecuentes

Máis información

















A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es 

Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es 

Lembra revisar tamén o Regulamento de réxime interno das Residencias Públicas Universitarias da UDC

Solicitude de admisión (preinscrición) na Universidade: curso 2023/24

Nas seguintes liñas podes acceder a toda a información sobre o proceso de admisión na Universidade na nosa comunidade autónoma. 

Solicitude de admisión (preinscrición) curso 2023/24

Preguntas frecuentes.

Oferta de prazas 2023-2024

Titulacións

Táboa de ponderacións (curso 2023/24)

Quen desexe acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UVigo e na UDC, ademais de solicitar a admisión (preinscrición) a través dos procedementos telemáticos que estableza a CIUG, terá que realizar as probas específicas de aptitude salvo as persoas que estén exentas deste requisito.

INFORMACIÓNS MÁIS RELEVANES PARA O NOSO ALUMNADO: 
  • Preinscripción Anticipada (16 - 30 de xuño, ata as 14 horas).
  • Preinscripción Ordinaria (22 - 30 de xuño, ata as 14 horas), alumnado que supera a ABAU en convocatoria ordinaria do curso actual. 
PROCEDIMIENTO DE PREINSCRIPCIÓN:

A solicitude faise a través do NERTA, así como todos os trámites administrativos do proceso. Deberedes solciitar un máximo de dez peticións, tendo en conta que nos mesmos, haberá un máximo de cinco titulacións diferentes. É fundamental a orde de preferencia, posto que o alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. As titulacións solicitadas en menor preferencia a aquela na que resulte admitido quedarán liberadas e eliminaranse automaticamente da lista de espera


Consulta este video para ver o proceso de solicitude.

A matrícula faise on line, nas páxinas web de cada unha das universidades.

Para cada chamamento establécense dous días de matrícula (desde as 00.00h do primeiro día ata as 23.59h do segundo día de acordo co seguinte calendario: 

Ollo cos prazos, teredes que consultar o correo electrónico cada día.

Os solicitantes convocados para matricularse na ensinanza universitaria oficial de grao solicitada en primeiro lugar de preferencia, deberán matricularse no prazo establecido para o efecto; de non facelo perderán todos seus dereitos de matricula. Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumnado solicite en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as ensinanzas universitarias solicitadas por enriba dela esgotaron as súas prazas e figuran como “PECHADA”. 
Se o solicitante aparece convocado/a nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia se reconfirma que desexa continuar na Lista de Espera. No caso de matricularse nela, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con preferencia superior
Despois de cada chamamento e durante o período de matrícula, se o solicitante aparece convocado/a nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia e desexa continuar en lista de espera en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia, deberá confirmar a través da propia aplicación informática nerta, o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos). 





Adimisión en cursos de especialización: Formación Profesional

No vindeiro curso 2023-2024 amplíase a oferta de cursos de especialización de formación profesional en Galicia.
Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou de grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.
Deberase cubrir, utilizando o asistente web, unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude no que poden darse tres circunstancias:
  • Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes.
  • Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes.
  • Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional sostida con fondos públicos. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión.
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

18 de xuño de 2023

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA ABAU

O proceso de solicitude de revisión das cualificacións da ABAU faise a través do NERTA, de xeito telemático.
O alumnado e, se é o caso, as nais, os pais, ou as persoas titoras legais poderán solicitar ante a presidencia do tribunal cualificador a revisión da cualificación obtida nunha ou varias das probas que compoñen a avaliación. 
O prazo de presentación destas solicitudes será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións. 
  • As probas sobre as cales se presentase solicitude de revisión serán analizadas, en primeiro lugar, co obxecto de verificar que todas as cuestións foron avaliadas e que non existen erros no proceso de cálculo da cualificación final. No caso de existir algún erro, modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A cualificación provisoria obtida pasará a ser a nova cualificación. 
  • A seguir, será realizada unha segunda corrección por un novo profesor ou profesora especialista distinto ao que realizou a primeira corrección. No suposto de que a diferenza entre as dúas cualificacións sexa menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. 
  • No suposto de que exista unha diferenza de dous ou máis puntos entre as dúas cualificacións, será efectuada unha terceira corrección por unha profesora ou un profesor especialista distinto aos anteriores. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións. 
Este procedemento deberá efectuarse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo de tres días establecido no número 1 desta instrución. 

O alumnado e, se é o caso, as nais, os pais, ou as persoas titoras legais terán dereito a ver as probas revisadas unha vez finalizado o proceso de revisión, no prazo de dez días desde a notificación da resolución de revisión.

Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CiUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.

13 de xuño de 2023

Admisión FP Básica

 

FP BÁSICA de Veronica

REQUISITOS:

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.


Minicampamentos Coñece Galicia de 10 a 14 anos

O vindeiro luns, día 12 de xuño, ás 12:00 h, abrirase o prazo para que as familias soliciten praza nesta proposta de minicampamentos. Poderanse facer a través do formulario que se habilitará na páxina web de Xuventude. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata cinco días antes da celebración do minicampamento ou ata esgotar prazas. A adxudicación de prazas será por orde de inscripción.



‘Coñece Galicia’ 2023 incorpora dúas novas localizacións con respecto ao pasado verán: o hotel Candor de A Lama (Pontevedra) e o hotel Laias de Cenlle (Ourense). Así, a proposta deste ano inclúe os seguintes minicampamentos na provincia da Coruña: Valdoviño Mariño III, con actividades náuticas e sendeirismo; e Descubrindo a Bela Fisterra II, con propostas para o desfrute do medio mariño.

Turismo de natureza

Na provincia de Lugo: A conquista de Foz IV, con actividades de multiaventura e coñecemento do patrimonio natural e cultural; Aventura na Montaña IV, en Piornedo-Cervantes; A descuberta da Pobra do Brollón III, centrado no turismo de natureza e educación ambiental; e Xeocampamento nas montañas do Courel III, en Folgoso do Courel.

provincia de Ourense acollerá os minicampamentos Somérxete na natureza III, que se desenvolverá na Pobra de Trives; Acción no Arnoia III, no que os participantes coñecerán o patrimonio natural de Allariz e a súa contorna; e un novo que terá como aloxamento o albergue turístico de Laias en Cenlle e que levará por nome Ecoverán termal en Laias. Neste minicampamento desenvolveránse actividades de natación nas piscinas de Laias e deportes náuticos no encoro de Castrelo de Miño, ademais de visitas culturais na contorna e rutas de sendeirismo.

minicampamentosNa provincia da Coruña: Valdoviño Mariño III, con actividades náuticas e sendeirismo; e Descubrindo a Bela Fisterra II, con propostas para o desfrute do medio mariño.

Por último, na provincia de Pontevedra celebraranse as propostas Aventura en Paradanta III, en Covelo e centrado no desfrute do medio rural; Minicampamento Natura IV, en Sanxenxo e a nova proposta Aventura e natureza rural no concello de A Lama.

 

FOLLETO INFORMATIVO

9 de xuño de 2023

Novo grao na UVigo: Grao en Deseño

Dende a Universidade de Vigo comunícannos que no vindeiro curso académico 2023/24 incorporamos á oferta formativa da nosa universidade o Grao en Deseño, con especialidades en Deseño gráfico/dixital e Deseño de Moda. 

Ofertaranses 45 prazas para esta titulación implantada no Campus de Pontevedra, Campus CREA S2i. 

O itinerario formativo complétase co Mestrado en Deseño e dirección Creativa en Moda (21 prazas) e con dous programas de doutoramento: Programa de Doutoramento en Creatividade e innovación social sostible (20 prazas) e Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea (10 prazas). 

Podedes consultar a información detallada en https://deseno.uvigo.gal/ ou contactar a través do correo electrónico deseno@uvigo.gal.

7 de xuño de 2023

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24.

INSCRICIÓNS:
  • Alumnado de bacharelato, ata o 12 de xullo de 2023. 
  • Alumnado de FP, ata o 1 de agosto de 2023.
Feita a adxudicación de prazas en período ordinario sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 4 e o 8 de setembro de 2023, ambos incluídos.

DURACIÓN:
O período de funcionamento dos centros residenciais docentes coincidirá co calendario escolar para o curso 2023/24. En todo caso, permanecerán pechados as fins de semana e a partir do 30 de xuño de 2024.

REQUISITOS:
  • Persoas matriculadas en estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo no curso 2023/24.
  • Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que obtivo praza de residencia e non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado, poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa, para que poida continuar no centro residencial malia repetir o mesmo curso ou retomar o abandonado.
  • Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha conduta gravemente prexudiciais para a convivencia.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo que:
  • Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza.
  • E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
  • Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
As solicitudes valoraranse conforme criterios socioeconómicos (composición e renda da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar), e de rendemento académico.

REMUNERACIÓN / CUSTO:
Adxudicación de praza de residencia gratuíta cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 154/2022, do 22 de febreiro, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/23.

Adxudicación de praza bonificada cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
Ata un 10 %: 661,04 €.
Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.013,66 €.
Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.627,19 €.
Máis do 30 %: 2.414,31 €
PÁXINA WEB:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo
San Caetano,s/n. 15781 Santiago de Compostela 
Teléfono: 981 546 523
Publicación: DOG 06/06/2023
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED306A


6 de xuño de 2023

A AVALIACIÓN NA ESO

ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

A nova avaliación na ESO de Veronica

3 de xuño de 2023

Probas de clasificación da EOI, curso 2023-2024

A Escola Oficial de Idiomas convoca as probas de clasificación para o acceso a estudos oficiais de idiomas no curso 2023-2024. A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais da Escola Oficial de Idiomas e xa ten coñecementos previos, de maneira que permite comezar os estudos por un curso superior ao primeiro en función do nivel de coñecementos que se obteña na proba.

Idiomas:

Alemán, Árabe, Chinés, Español para estranxeiros , Francés , Galego , Inglés , Italiano , Portugués , Ruso , Xaponés

Datas das probas: 26, 27 e 28 de xuño de 2023 (*consultar data e horario de cada idioma en www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna)

Prazo e lugar de inscrición: do 19 ao 22 de xuño de 2022 enviando por correo-e a eoi.corunha.matricula@edu.xunta.gal (poñer no asunto: proba de clasificación) a seguinte documentación:

  • formulario de inscrición debidamente cumprimentado
  • copia do documento de identidade
  • resgardo do pago da taxa

PREZOtaxa de inscrición: 17 € por idioma

REQUISITOS:

Para acceder aos estudos das EOI, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOI:

- 16 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se matricula na proba se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira

- 14 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se matricula na proba se o idioma é diferente ao cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira

As probas de clasificación non certifican un nivel de lingua, senón que unicamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial

A probas de clasificación non outorgan automaticamente unha praza, o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición

O resultado das probas de clasificación terán unha vixencia de 2 cursos académicos para os efectos de preinscrición e matrícula nas EOI de Galicia

MÁIS INFORMACIÓN:

www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

R/ Educación, 1 (15011 - A Coruña)

Tel.: 981 279 100 / 608 157 057 - 981 279 009 (Secretaría)

correo-e: eoi.corunha@edu.xunta.es


Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas

Publicouse a Instrución 6/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2023/24.
Prazos de matrícula:
- Do 19 de xuño ao 7 de xullo, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2022/23 que desexe continuar os seus estudos no curso 2023/24.
- Do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2023, para o resto do alumnado.
Máis información: Instrución 6/2023

2 de xuño de 2023

Admisión á Escola Oficial de Idiomas, curso 2023-2024

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/2024. Na Escola Oficial de Idiomas da Coruña ofértanse ensinanzas de 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

INSCRICIÓNS:

Dende o 26/06/2023 ata o 09/07/2023 para alumnado de novo acceso.

PREZO:

REQUISITOS:

  • Ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos ou 14 se o idioma estranxeiro non é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.

  • Ter DNI ou NIE (non é válido o pasaporte)

  • O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país no que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española
  • Poderán acceder a un curso superior a 1º de nivel básico:  
    • a) as persoas que dispoñan de certificados dos niveis básico A1 e  A2, intermedio B1 e B2 e avanzado C1 darán acceso, respectivamente, ás ensinanzas dos niveis básico A2, intermedio B1 e B2 e avanzado C1 e C2
    • b) as persoas procedentes das probas de clasificación
    • c) as persoas que solicitan acceso directo por titulación ou certificado acreditativo:
    • - consultar as vías de acceso para todos os idiomas (agás galego e español) no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016
    • - consultar as vías de acceso para galego e español para estranxeiros no anexo I da Resolución do 31 de maio de 2023
    • d) o alumnado con título de Bacharelato pode acceder ao 1º curso do nivel B1 da lingua cursada como primeira lingua extranxeira
    • PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NA EOI DE A CORUÑA
    • Matricula oficial curso 2023-24 (resolución de matrícula)

      • Alumnado apto na convcatoria ordinaria: do 19 ao 30 de xuño a través de Centrosnet
      • Alumnado apto, non apto e non presentado na convocatoria extraordinaria: do 3 ao 7 de xullo a través de Centrosnet
      • Novo alumnado e renuncias: ten que facer preinscrición: do 26 de xuño ao 9 de xullo.

      Procedemento

      • Entrar en Centros.net e reservar praza.
      • Pagar as taxas. Premer aquí para ver instrucións.
      • No caso de fraccionar o pago da matrícula: certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN (o titular ten que se o alumnado que se matricula. O prezo será de 59 euros por un idioma e 46 euros polos seguintes.
      • No caso de alumnado con diversidade funcional e que precise condicións especiais, deberase adxuntar a documentación acreditativa á plataforma Centros.net. Cubrir esta solicitude e adxuntala xunto co resto da documentación de matrícula. Aínda que se solicitase en cursos anteriores é imprescindible volver adxuntar a solicitude.
      • Marcar como lido o documento con información importante (pódese ler aquí)
      • Toda a documentación ten que achegarse mediante a aplicación de Centros.net.
      • Para saber se a súa matrícula foi confirmada, entre na plataforma de Centros.net aos tres días de ter enviada a súa matrícula.

      Se hai algunha dúbida, atenderemos preferiblemente por correo electrónico en eoi.corunha.matricula@edu.xunta.gal ou teléfono 608157057 ( de 9:00 a 14:00h)

       En 2 ou 3 días volve entrar na túa conta de Centrosnet e comproba que a túa matrícula está validada. Se non é así, escribe a: eoi.corunha.matricula@edu.xunta.gal

      •  A oferta de grupos pode consultala aquí. Premer aquí
      • Información sobre a proba de clasificación aquí

      Máis información

CONTACTO:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Rúa Educación, 1 (15011 - A Coruña) 

Tel. Secretaría: 608 157 057 (de 9.00 a 14:00 h) e 981 279 009

correo-e: matricula@eoicoruna.org 

www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna

MÁIS INFORMACIÓN:

DOG 31/05/2023: Resolución pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24 (614 KB)

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...