26 de feb. de 2023

Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio. Comezo do periodo de inscripción

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 27 de febreiro ao 10 de marzo de 2023, ambos incluídos.

As solicitudes  presentaranse, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario  normalizado (Cód. Proc. ED312C) dispoñible na aplicación informática "Ciclosprobas" accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2022/23. Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación "Ciclosprobas", que xerará un documento en formato .pdf, que se deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

O centro de inscrición elixido tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

  • Publicación listaxes provisorias, de inscrición, exencións, proba adaptada: 17 de marzo​.
  • Reclamacións: do 20 ao 24 de marzo​, no centro onde se realizou a inscrición.
  • Publicación das listaxes definitivas: 12 de abril.
  • PUBLICACIÓN DOS CENTROS ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS: 12 de abril.
  • DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA: 25 de maio de 2023​.
Presentación ás 9.00 h. Levar documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

proba é común para todos os ciclos formativos de grao medio. Consta de tres partes

a) Parte sociolingüística. Organízase en tres probas: 
  • Lingua castelá.
  • Lingua galega.
  • Ciencias sociais.
b) Parte matemática. Organízase nunha única proba:
  • Matemáticas.
c) Parte científico-técnica. Organízase en dúas probas:
  • Ciencias da natureza.
  • Tecnoloxía.

  • Cualificacións provisorias: 5 de xuño
  • Reclamacións ás cualificacións provisorias: do 5 ao 9 de xuño ambos os dous incluídos.
  • Cualificacións definitivas: 21 de xuño de 2023.
  • Entrega das certificacións: a partir do 22 de xuño.
CERTIFICACIÓN DE SUPERACIÓN DA PROBA POR RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVAdo 22 de xuño ao 30 de setembro de 2023.

MÁIS INFORMACIÓN:

Podedes consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:

15 de feb. de 2023

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2, 3 e 4

REQUISITOS:

  • Persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua. 
  • As persoas solicitantes dun curso en liña, deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
    • Un ordenador con conexión á internet (de banda larga).
    • Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox).
    • Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
    • Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
  • As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal/ seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. 

INSCRIPCIÓNS:

Ata o 03/03/2023

DURACIÓN:

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.

PREZO:

Gratuítos.











Na Coruña haberá dous cursos presenciais para preparar o Celga 4:

  • Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez
    • Datas: do 20.3.2023 ao 11.5.2023
    • Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h
    • Núm. de prazas: 30
  • Lugar: IES Eusebio da Guarda
    • Datas: do 20.3.2023 ao 11.5.2023
    • Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h
    • Núm. de prazas: 30

Haberá tamén cursos en liña dos niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que se farán do 20.3.2023 ao 11.5.2023

Se un curso ten máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo. Polo tanto, a orde de entrada das solicitudes de inscrición será indiferente. O sorteo realizarase en acto público, o día 10 de marzo, ás 12.00 horas, no salón de actos da sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

PÁXINA WEB:

www.lingua.gal

CONTACTO:

Secretaría Xeral de Política Lingúística

Rúa San Roque, nº 2. 15704 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 996 313 / 881 996 308 / 881 996 307 / 881 996 541 / 881 996 309 / 881 996 310 / 881 996 304

Publicación: DOG 10/02/2023


14 de feb. de 2023

Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e instrucións para a súa realización no ano 2023

Publicada a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

A Consellería de Educación convoca a proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio da materia de Artes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23.


Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
(Ver na orde outros centros nos que inscribirse, nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra)

 O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2022

A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 28 de abril de 2023 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A

Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3469

Publicado no DOG do 14 de febreiro de 2023

 

13 de feb. de 2023

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Persoas beneficiarias Alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en 1º ou 2º de bacharelato

As actividades que se convocan son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2023, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

Requisitos: 

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia. 

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2021/22. 

c) Ter acadado no curso 2021/22, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato, e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato. 

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. 

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte


ACHEGAS DAS FAMILIAS SEGUNDO GRUPOS

A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D). (Ver Anexo V da convocatoria)

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle.

 

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización no ano 2023

Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Requisitos: 

1. Ter feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica.


CONTIDOSintegrados nos seguintes ámbitos:

  • Ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
  • Ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
  • Ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
    • Lingua Galega e Literatura: exercicio de redacción, cuestiós de Lingua Galega e Literatura.
    • Lingua Castelá e Literatura: exercicio de redacción, cuestión de Lingua Castelá e Literatura.
    • Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).

Os prazos de matrícula serán:

  • Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

* As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria.

LUGARES: na Coruña, a persoa deberá matricularse no Centro EPA Eduardo Pondalrúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña Tel.: 881 960 901

DATAS DAS PROBAS: En sesións de mañá e tarde: de 9.30-13.15 e de 16.00-19.00h.

  • 26 de maio de 2023
  • 1 de setembro de 2023
Máis información

10 de feb. de 2023

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2023

  Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do 13 ao 17 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

2 de feb. de 2023

PROBAS DE ACCESO AO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE

Convocadas as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (UDC), para o curso académico 2023-2024.

DATA DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

22 de abril e 20 de xuño de 2023.

MATRÍCULA:

Para o 22 de abril: matrícula entre 18 de xaneiro ata o 17 de marzo ás 14:00h. 

Para o 20 de xuño: do 05 ao 17 de maio ás 14:00h.

PREZO: 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes (consultar posibles bonificacións ou exencións). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar novamente o seguro de accidentes.

REQUISITOS:

Poderá presentarse ás probas específicas de acceso quen teña superado ou estea cursando o Bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Superior.

As persoas deportistas de alto nivel e de alto rendemento estarán exentas de realizar estas probas.

Os aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias do cursos académicos 2024/2025 e 2025/2026, sen prexuízo de cumprir coa normativa para o acceso e admisión á Universidade.

As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na páxina web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Unha vez completado haberá que presentalo xunto coa documentación requirida no rexistro da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña, ou ben por calquera das formas previstas na normativa sobre procedemento administrativo común das administracións públicas.

PÁXINA WEB:

http://inefg.udc.es/

CONTACTO:

Universidade da Coruña - UDC

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física

Avenida Ernesto Che Guevara, 121, 15179 Oleiros.

Tel. 881 014 046

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...