Para pensar....
Blogue deseñado co fin de axudar ao meu alumnado no deseño do seu proxecto persoal, académico e profesional
25 de nov. de 2020
9 de nov. de 2020
25 de Novembro: DE FRONTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña poñen en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, campaña que procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.
Recollemos as actividades!
1. POEMAS CONTRA AS VIOLENCIAS DE XÉNERO
2. SIRA E ILLA: Narración en chave poética pola igualdade.
3. LUCÍA ALDAO recita o seu poema: Quen es, e en que lugar puxeches o meu medo?
4. MARÍA VÁZQUEZ, recita "Poemaa", de Lucía Aldao
5. ENMA PEDREIRA, "A princesa e o chícharo"
6. JESÚS CASTRO recita un poema de Alicia Fernández do seu libro "Mamá Pelícano".
7. ISEO AGILDA, da banda Sacha na Horta, recita a letra da súa canción "Manada somos Nós"
PÍLULAS DE FORMACIÓN POLA IGUALDADE: A normalización da violencia de xénero e sexual na mocidade
"A normalización e mesmo naturalización das relacións de poder desiguais de xénero desde a infancia é chave para a reprodución do sistema heteropatriarcal. Ao tempo, a nosa sociedade e as súas diversas mensaxes (no ámbito da familia, na escola, nos medios, nas redes, na pornografía, etc.) rematan por conformar e consolidar aprendizaxes de ríxidos modelos de relación de dominación e submisión, de comportamentos relacionados coas violencias cotiás ou de “baixa intensidade”, etc.
PÍLULAS DE FORMACIÓN POLA IGUALDADE II: De qué falamos cando falamos de ciberviolencias machistas
PÍLULAS DE FORMACIÓN POLA IGUALDADE III: As representacións da violencia de xénero nos medios de comunicación
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2027-2028
O Concello da Coruña convoca bolsas para que alumnado de 4º da ESO poida cursar 1º de Bacharelato en Canadá durante o curso 2027/28. Prazo d...
-
Para consultar o estado da miña solicitude de admisión en FP, e se estou admitida/o nalgún ciclo, os pasos a seguir son sinxelos: Accedemos...
-
A s III Xornadas de Orientación Artística e Profesional ( XOAP 2026 ) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concel...
-
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de convocar as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026-2027, d...
