30 de maio de 2023

Prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) en Santiago de Compostela

 A Universidade de Santiago de Compostela publica a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2023-2024. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 27 de xuño de 2023.

A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias/acceso-servizo-universitario-residencias/convocatoria-ordinaria-prazas-aloxamento 

Os/as estudantes de nova admisión poderán solicitar praza para o grupo I e para o grupo II marcando as dúas opcións no mesmo impreso. 

Presentarase unha única solicitude por persoa, agás no caso de solicitar praza nos dous campus (un formulario para Santiago e un formulario para Lugo). 

O documento xerado tras  encher o formulario da páxina web  deberá ser asinado por todos os membros da unidade familiar.

  • Poderán asinalo electronicamente cando todos os membros da unidade familiar dispoñan dun dos sistemas de sinatura electrónica (DNIe, FNMT e Cl@ve). Posteriormente deberán achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
  • Cando algún membro da unidade familiar non dispoña de certificado electrónico, poderá imprimir o formulario de solicitude en papel, asinalo manualmente e posteriormente achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude"
A solicitude darase por presentada cando, unha vez asinada, se xere o resgardo correspondente. 

As cotas e prezos serán os establecidos nas bases da convocatoria en función da Renda Persoal Dispoñible (para a asignación das prazas terase en conta a puntuación académica e económica dos/as solicitantes segundo o baremo establecido nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 e modificadas o 30 de marzo de 2023). 


Clica na imaxe para máis información




Máis información en: 
Pavillón de Estudantes
Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela

20 de maio de 2023

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23


Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidariode libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e materialescolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educaciónsecundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidoscon fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedementoED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Vias de presentación: 

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

Nesta infografía podedes ler os aspectos máis relevantes.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL [Tamaño original] de Veronica

17 de maio de 2023

ENCONTROS VIRTUAIS DA USC E RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES

Nas vindeiras semanas terán lugar os Encontros Virtuais das titulacións da USC (do 16 ao 21 de xuño). Podedes acceder aos mesmos a través da páxina:

Estes días están actualizando os horarios das Videoconferencias para que os estudantes poidades comunicarvos co profesorado e estudantado dos graos da vosa preferencia.

Ademais, celebraranse nesa universidade actos de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de FP e de Bacharelato.
  • O día 16 de xuño terá lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo o Acto de Recoñecemento da USC aos Mellores Expedientes de Ciclos Formativos de Grao Superior que sde presenten ás ABAU e que teñan unha nota media de sobresaliente no seu expediente
  • O día 22 de xuño terá lugar no Multiusos Fontes de Sar de Santiago o Acto de Recoñecemento da USC aos Mellores Expedientes de Bacharelato. Aqueles que acaden unha nota de sobresaínte na Fase Obrigatora das ABAU (60%NMB+4%NPO)
Podedes ver a información sobre estes actos no seguinte enlace:
 

16 de maio de 2023

A UDC a un click

Para obter toda a información sobre os graos que se imparten na UDC, podedes acceder, na web da Universidade, a un apartado denominado Futuros Estudantes:  https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/ . Nel podedes atopar, entre outros recursos: 


  • Ademais, atoparedes información sobre a ABAU no seguinte enlace:  https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/graos/abau/  



 

 

11 de maio de 2023

CALENDARIO E HORARIOS DA CONVOCATORIA ORDINARIA -ABAU 2023

O alumnado de Bacharelato que desexe realizar as probas da ABAU no periodo ordinario, deberá facer a matrícula entre o 18 e o 22 de maio, acudindo á administración do centro (edificio rosa). Recomendamos acudir o primeiro día, para enmendar posibles olvidos/problemas.

O alumnado con titulación de anos anteriores (Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior) ou alumnado de Formación Profesional que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, na convocatoria de xuño do curso 2022/23, aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, pode facela no periodo anticipado (xa en curso, e ata o día 23 de maio incluído). Os resultados destes últimos estarán condicionados á superación da FCT e/ou proxecto.






3 de maio de 2023

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24

A Consellería de Educación publica as normas para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023-2024.

1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.

Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en ESO e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de ESO, deberán ter cumpridos os 17 anos e superar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ademais da correspondente proba específica.
c) A titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria poderase suplir pola acreditación da superación dalgunha das seguintes probas:
– Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou a parte común da proba de acceso ao grao superior de formación profesional.
– Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso as ensinanzas artísticas superiores ou para o acceso as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.

2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior as persoas aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión do título de bacharelato e superar a correspondente proba específica.
- Estar en posesión dun título de técnico ou técnica de formación profesional ou título de técnico/a de Artes Plásticas e Deseño, e superar a correspondente proba específica .

As persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os 19 anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato e superar a correspondente proba específica.

Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato as persoas aspirantes que teñan superadas algunha das seguintes probas:
– Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
– Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.

3. Estará exento e exenta de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
– Título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca do ciclo formativo ao cal se pretende acceder, ou título declarado equivalente.
– Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
– Licenciatura ou grao en Belas Artes.
– Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.
– Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

4. Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño as persoas aspirantes que, estando en posesión dos requisitos académicos para o acceso, acredite ter experiencia laboral, de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao cal se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación: Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.

Prazos
O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ou de bacharelato, estará aberto ata o día 12 de xuño.
A inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as que solicitan exención de probas estará aberto ata ata o día 22 de xuño.

Datas
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO e de titulación de bacharelato: realizarase o día 21 de xuño.
Proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao medio e de grao superior: realizarase o día 3 de xullo.

As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que estean inscritas as persoas aspirantes:
EASD Antonio Faílde, avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.
EASD Mestre Mateo, rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.
EASD Pablo Picasso, rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.
EASD Ramón Falcón, paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Máis información no DOG 2 de maio de 2023
Modelos de probas e máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/110/all
Guía das titulacións das Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia EASD: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_explicativa.pdf

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...