O Concello da Coruña convoca bolsas para que alumnado de 4º da ESO poida cursar 1º de Bacharelato en Canadá durante o curso 2027/28.
Prazo de inscrición: do 5 ao 27 de outubro de 2026.
A estadía desenvolverase de finais de agosto de 2027 a xuño de 2028, convivindo cunha familia de acollida e escolarizándose nun High School canadense.
O programa inclúe:
• Escolarización nun centro educativo canadense.
• Aloxamento con familia residente.
• Viaxes de ida e volta desde A Coruña.
• Tramitación do visado.
• Seguimento durante a estadía.
• Convalidación dos estudos realizados en Canadá.
• Asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.
• 120 € mensuais para gastos persoais.
• Axuda de 400 € para preparación da viaxe nos casos que cumpran o criterio económico establecido.
REQUISITOS PRINCIPAIS
• Estar matriculado/a en 4º da ESO no curso 2026/27 nun centro educativo da Coruña.
• Residir e estar empadroado/a na cidade desde, polo menos, o 1 de xaneiro de 2025 e manter a residencia ata o 30 de xuño de 2028.
• Dispor de DNI/NIE en vigor.
• Ter obtido en 3º da ESO unha media de 7 ou máis puntos e non ter materias suspensas.
• Ter obtido unha cualificación de 7 ou máis puntos en Inglés en 3º da ESO.
A bolsa pode ser total ou parcial, segundo a situación económica da unidade familiar. Nas bolsas parciais, a familia asumirá entre o 5 % e o 25 % do prezo da praza.
Máis información:
www.coruna.gal/educacion
Concello da Coruña – Servizo Municipal de Educación
981 184 200, ext. 10911
educacion@coruna.gal
Publicación no BOP: 2 de outubro de 2026.