Para consultar o estado da miña solicitude de admisión en FP, e se estou admitida/o nalgún ciclo, os pasos a seguir son sinxelos:
- Accedemos á aplicación: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/
- Identificámonos co noso documento de identidade e o código da solictude (código alfanumérico que está baixo o código de barras da vosa solicitude de admisión). Prememos en "Buscar"
- Aparecerá a túa primeira solicitude validada.
Cando se publique a resolución provisional de solicitudes (08 de xullo) aparecerá na parte inferior esquerda un botón con fondo amarelo co texto “Provisional” que permitirá acceder a dita resolución.
Os botóns “Definitiva” e “Adxudicación” estarán activos cando se publique a resolución definitiva de solicitudes e a adxudicación de prazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.