30 de maio de 2026

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2026/27.



As Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia permiten estudar distintos idiomas con ensinanzas oficiais e certificación recoñecida.

Para o alumnado de novo acceso, o prazo de preinscrición será do 15 de xuño ao 6 de xullo de 2026 a través da plataforma:
EOI Digital – Preinscrición

As persoas que obteñan praza no sorteo de adxudicación deberán formalizar a matrícula entre o 9 e o 20 de xullo.

O alumnado oficial matriculado no curso 2025/26 deberá realizar a reserva de praza e matrícula na seguinte plataforma:
Aplicación de matrícula EOI

Os prazos establecidos son:

• Matrícula ordinaria: do 8 ao 19 de xuño de 2026, para alumnado que continúe no mesmo idioma e na mesma escola e que supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

• Matrícula extraordinaria: do 26 de xuño ao 6 de xullo de 2026, para alumnado coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria.

Recoméndase consultar con antelación a oferta de idiomas e niveis de cada escola, así como revisar a documentación necesaria para formalizar a matrícula dentro dos prazos establecidos.

27 de maio de 2026

USC 2026-2027: convocatoria de prazas nas residencias universitarias

 A Universidade de Santiago de Compostela abriu a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias universitarias para o curso 2026-2027, destinada ao estudantado matriculado ou que vaia iniciar estudos na USC.


O prazo de solicitude estará aberto ata o 22 de xuño de 2026. As solicitudes deben realizarse de maneira telemática a través da plataforma habilitada pola universidade.

A convocatoria inclúe prazas nas diferentes residencias universitarias dos campus de Santiago de Compostela e Lugo, tanto para alumnado de grao como para outras ensinanzas universitarias oficiais.

Entre os aspectos que cómpre ter en conta destacan:

  • A adxudicación das prazas realízase mediante baremación.
  • Valóranse circunstancias económicas, académicas e familiares.
  • É necesario presentar a documentación acreditativa dentro dos prazos establecidos.
  • O alumnado de novo ingreso tamén pode participar na convocatoria.

As persoas interesadas deberían revisar con atención:

  • Os requisitos de acceso.
  • Os criterios de prioridade.
  • Os prezos públicos.
  • As normas de permanencia nas residencias.

Máis información e acceso á convocatoria:

https://sede.usc.es

:

Universidade de Santiago de Compostela

Servizo Universitario de Residencias (SUR)

Pavillón de Estudantes, 1º andar - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 814 525 / 881 814 560 / 881 815 246

correo-e: sur@usc.es

www.usc.gal/es/servicios/area/residencias/acceso-servicio-universitario-residencias

Residencias universitarias da UDC 2026-2027: aberto o prazo de solicitude

 A Universidade da Coruña publicou a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso 2026-2027.


O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata as 14:00 horas do 23 de xuño de 2026.

As residencias universitarias dispoñibles son:

  • Residencia Pública Universitaria Elvira Bao (A Coruña)
  • Residencia Pública Universitaria de Ferrol

A convocatoria está dirixida ao estudantado da UDC, tanto de novo ingreso como de continuidade de estudos. No procedemento establécense os requisitos, criterios de baremación, prezos públicos e documentación necesaria.

Para o alumnado que se matricule por primeira vez na universidade:

  1. Debe cubrir o formulario de solicitude.
  2. Posteriormente, recibirá por correo electrónico as instrucións para achegar a documentación acreditativa correspondente.

Cómpre lembrar que:

  • Só se admite unha solicitude por persoa.
  • É necesario escoller entre A Coruña ou Ferrol.
  • Terá validez unicamente a última solicitude rexistrada.

Máis información e acceso á convocatoria:

Páxina web:

https://www.udc.es/gl/sape/aloxamento/ 

Universidade da Coruña

Sección de Bolsas: Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña (15008 - A Coruña)

Tel. 981 167 000

correo-e:

- para consultas sobre a convocatoria: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal (asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias")

- para consultas sobre as residencias: residenciauniversitaria.coruna@udc.es (Residencia Pública Elvira Bao) - residenciauniversitaria.ferrol@udc.es (Residencia Pública de Ferrol)

 Tamén se recomenda consultar o regulamento interno das residencias e revisar con antelación toda a documentación requirida para evitar incidencias no proceso de solicitude.

21 de maio de 2026

Convocadas prazas nas residencias xuvenís (non son as da Universidade) para o curso 2026-2027

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o curso 2026-2027.


Estas prazas están destinadas a persoas mozas de entre 16 e 30 anos que, por motivos de estudo, formación ou traballo, necesiten residir fóra do seu concello habitual. Trátase de residencias xuvenís dependentes da Xunta de Galicia e non das residencias universitarias vinculadas ás universidades.

As residencias ofrecen aloxamento e servizos complementarios, facilitando a continuidade dos estudos e o acceso á formación en distintas localidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de xuño de 2026.

Entre as residencias convocadas atópanse:

  • Residencia Xuvenil Altamar (Vigo)

  • Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)

  • Residencia Xuvenil Lug (Lugo)

A información completa sobre requisitos, documentación, número de prazas e procedemento de solicitude pode consultarse na convocatoria oficial:

Información Xuvenil A Coruña – Prazas nas residencias xuvenís

Tamén pode consultarse a convocatoria na web da Xunta de Galicia:

Xuventude Galicia – Residencias xuvenís 2026-2027

Aberta a preinscrición na Escola Municipal de Música da Coruña para o curso 2026-2027

Xa está aberto o prazo de preinscrición para acceder á Escola Municipal de Música da Coruña no curso 2026-2027.


O Concello da Coruña oferta máis de 200 prazas para alumnado de novo ingreso en ensinanzas musicais dirixidas a diferentes idades e niveis formativos. A oferta inclúe especialidades instrumentais e vocais, linguaxe musical e Música e Movemento para crianzas de entre 4 e 7 anos.

O prazo de preinscrición permanecerá aberto desde o 18 ata o 22 de maio de 2026. As solicitudes e a información completa poden consultarse na web oficial da escola: Escola Municipal de Música da Coruña

A Escola Municipal de Música está dirixida a persoas de todas as idades e constitúe unha oportunidade para iniciar ou continuar a formación musical nun contexto educativo e cultural aberto á cidadanía.

Entre as especialidades e actividades ofertadas destacan:

  • Piano
  • Guitarra
  • Violín
  • Violonchelo
  • Percusión
  • Canto
  • Linguaxe musical
  • Música e Movemento

Para máis información sobre funcionamento, horarios e estudos dispoñibles, pode consultarse tamén o apartado de información xeral da escola: Información xeral da Escola Municipal de Música

20 de maio de 2026

Fondo solidario de libros e axudas para material escolar 2026-2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional abriu o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2026-2027.

Información e tramitación:
Aplicación Fondolibros

Prazo de presentación:
Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2026, ambos incluídos.

Quen pode solicitalo:

  • Fondo solidario de libros: alumnado de 3º a 6º de Primaria e ESO.
  • Axudas para adquisición de libros: alumnado de 1º e 2º de Primaria e determinados casos de alumnado con NEAE.
  • Axudas para material escolar: alumnado de Primaria e ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

Presentación das solicitudes:

  • Preferentemente por vía electrónica na aplicación Fondolibros e na sede electrónica da Xunta.
  • Tamén poderá realizarse presencialmente no centro educativo correspondente.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2026-2027, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2025-2026.


Aspectos importantes:

  • É obrigatoria a devolución dos libros prestados do curso actual para poder acceder ás axudas.
  • A documentación inclúe os anexos I e II de solicitude e comprobación de datos da unidade familiar.
  • As contías e número de libros asignados dependen da renda per cápita familiar e doutras circunstancias específicas (NEAE, discapacidade, tutela da Xunta, etc.).

Máis información oficial:

PáXina web:

www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 517/ 881 997 385/ 881 996 512/ 881 996 513/ 981 547 301/ 981 546 524

Publicación: DOG 18/05/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento ED330B 

Sede electrónica da Xunta – Procedemento ED330B

13 de maio de 2026

Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2026-2027

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2026/2027.

Estas ensinanzas están orientadas á formación especializada na conservación, análise e restauración do patrimonio cultural e artístico.

Prazo de inscrición e datas clave

  • Inscrición: até o 5 de xuño de 2026.

  • Realización da proba específica: 17 de xuño de 2026.

Calendario do proceso

  • 9 de xuño: publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.

  • 10 e 11 de xuño: prazo de reclamacións.

  • 15 de xuño: publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Publicación de cualificacións

  • 23 de xuño: publicación das cualificacións provisionais.

  • 25 e 26 de xuño: prazo de reclamacións.

  • 30 de xuño: publicación das cualificacións definitivas.

Taxa de inscrición

  • Prezo: 64 €.

Requisitos de acceso

Será necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de Bacharelato, título universitario, título de técnica/o superior, ensinanzas artísticas superiores ou equivalente.

  • Tamén poderá acceder quen superase a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

O alumnado con materias pendentes de Bacharelato poderá realizar a proba específica e participar no proceso de admisión. No caso de superala, poderá optar á praza unha vez obteña o título correspondente.

Ademais, será necesario:

  • Superar a proba específica de acceso.

Acceso directo

Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica, as persoas que posúan un título de técnica/o superior de Artes Plásticas e Deseño. En todo caso, deberán formalizar igualmente a inscrición no proceso.

Como realizar a inscrición

Recoméndase consultar previamente a guía oficial do procedemento de acceso e admisión.

A solicitude realizarase de forma telemática mediante a aplicación informática «EAS»:

Aplicación EAS – Ensinanzas Artísticas Superiores

A través desta plataforma poderá achegarse a documentación necesaria de forma electrónica.

Unha vez finalizada e asinada a solicitude:

  • Deberá presentarse na Secretaría do centro de inscrición dentro do prazo establecido.

  • A documentación xa incorporada na aplicación non será necesario presentala novamente.

As persoas que non dispoñan de DNI ou NIE poderán realizar a inscrición directamente na Secretaría do centro.

Estrutura da proba específica de acceso

A proba constará de dous exercicios.

Primeiro exercicio: análise de texto

Consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais, cunha duración máxima de 90 minutos.

Valorarase especialmente:

  • A comprensión de conceptos.

  • O uso da linguaxe.

  • A capacidade de síntese e relación.

A puntuación será de 0 a 40 puntos.

Segundo exercicio: aptitude plástica

Este exercicio permitirá valorar as aptitudes artísticas e específicas necesarias para estes estudos.

Incluirá:

  • Debuxo do natural con modelo real e inanimado.

  • Traballo sobre representación da cor.

  • Traballo práctico orientado á valoración da habilidade manual, meticulosidade e pulcritude.

Cada apartado cualificarase entre 0 e 20 puntos e obterase unha media aritmética.

Cualificación final

A nota global calcularase mediante media ponderada:

  • Primeiro exercicio: 40 %.

  • Segundo exercicio: 60 %.

Será necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos para superar a proba.

Lugar de realización

As probas realizaranse na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia o día 17 de xuño de 2026.

Será obrigatorio presentarse cun documento oficial de identidade (DNI, NIE ou pasaporte).

Máis información e contacto


Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Contacto:

  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

  • Rúa Xeneral Martitegui, s/n – 36002 Pontevedra

  • Teléfono: 886 159 735

  • Correo electrónico: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal

Convocatoria publicada no DOG do 27 de abril de 2026.

Artes Plásticas e Deseño de grao superior 2026/2027: aberto o prazo de convocatoria das probas de acceso

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior para o curso 2026/2027.


Estas ensinanzas permiten especializarse en distintos ámbitos vinculados ao deseño, a ilustración, a fotografía, a cerámica, a gráfica publicitaria, a moda ou as artes aplicadas.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición estará aberto do 8 de maio ao 12 de xuño de 2026, tanto para:

  • alumnado con requisitos académicos,

  • como para quen precise realizar a proba substitutiva do requisito de titulación.

Requisitos de acceso

Acceso directo

Estarán exentas de realizar a proba específica as persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Título de técnica/o de Artes Plásticas e Deseño.

  • Título de técnica/o superior de Artes Plásticas e Deseño.

  • Bacharelato de Artes ou Bacharelato artístico experimental.

  • Título superior ou grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas, Deseño ou Conservación e Restauración.

  • Grao ou licenciatura en Belas Artes.

  • Arquitectura ou Deseño Industrial.

  • Persoas con experiencia laboral mínima dun ano relacionada directamente co ciclo ao que se quere acceder.

Acceso mediante proba específica

Poderán acceder mediante proba específica as persoas que posúan:

  • Título de Bacharelato ou equivalente.

  • Título de técnica/o de Formación Profesional.

O alumnado con materias pendentes de Bacharelato poderá presentarse á proba específica, sempre que a titulación estea obtida antes da adxudicación de prazas.

Acceso sen requisitos académicos

As persoas que non posúan a titulación requirida deberán:

  • Ter 19 anos no ano natural da realización da proba.

  • Ou 18 anos no caso de posuír un título de técnica/o relacionado co ciclo ao que se quere acceder.

Como realizar a inscrición

As solicitudes cubriranse preferentemente de forma telemática mediante a aplicación:

Aplicación EAS – Ensinanzas Artísticas Superiores

Será necesario:

  • Empregar certificado dixital ou Chave365.

  • Presentar posteriormente no centro unha copia asinada da solicitude xunto coa documentación requirida.

As persoas sen DNI ou NIE poderán realizar o trámite directamente nas secretarías dos centros.

Na solicitude deberá indicarse:

  • O ciclo formativo desexado.

  • Os centros solicitados por orde de preferencia (máximo 4 opcións).

  • O centro no que se realizará a proba específica, no caso de precisala.

Calendario do proceso

  • 16 de xuño: listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.

  • 17 e 18 de xuño: reclamacións.

  • 22 de xuño: listaxe definitiva.

Lugar de realización das probas

As probas realizaranse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño nas que se formalizase a inscrición.

Na Coruña, a información pode consultarse na EASD Pablo Picasso.

Proba substitutiva do requisito de Bacharelato

Data

  • 23 de xuño de 2026.

Estrutura da proba

Primeira parte (10:00 – 13:00 h)

Materias comúns do currículo de Bacharelato:

  • Lingua galega e literatura.

  • Lingua castelá e literatura.

  • Lingua estranxeira (inglés ou francés).

  • Historia de España.

  • Filosofía.

Deberán escollerse tres materias.

Valorarase:

  • A madureza académica.

  • A comprensión de conceptos.

  • A capacidade de análise e síntese.

  • O uso correcto da linguaxe.

Segunda parte (16:00 – 17:00 h)

Exercicio de composición e deseño relacionado coa modalidade de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

Publicación de cualificacións

  • 29 de xuño: cualificacións provisionais.

  • 30 de xuño e 1 de xullo: reclamacións.

  • 3 de xullo: cualificacións definitivas.

Proba específica de acceso

Data

  • 7 de xullo de 2026.

Estrutura da proba

Primeiro exercicio (10:00 – 11:00 h)

Desenvolvemento escrito sobre temas relacionados coa historia da arte.

Valorarase:

  • A capacidade lingüística.

  • Os coñecementos histórico-artísticos.

Segundo exercicio (12:00 – 14:00 h)

Realización de bosquexos sobre un tema proposto.

Valorarase:

  • A observación.

  • A percepción.

  • As destrezas artísticas.

  • A aptitude para os estudos da familia profesional correspondente.

Terceiro exercicio (17:00 – 19:00 h)

Execución dun traballo baseado nos bosquexos anteriores.

Valorarase:

  • A capacidade compositiva.

  • A predisposición para os estudos artísticos.

Publicación de cualificacións

  • 14 de xullo: cualificacións provisionais.

  • 15 e 16 de xullo: reclamacións.

  • 20 de xullo: cualificacións definitivas.

Máis información e contacto

Información nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia.


Na Coruña:

EASD Pablo Picasso

Convocatoria publicada no DOG do 7 de maio de 2026.

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2026-2027

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio para o curso 2026/2027.


Estas ensinanzas permiten desenvolver formación especializada en ámbitos artísticos e creativos vinculados ás artes aplicadas, a ilustración, a cerámica, o deseño ou os oficios artísticos.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición estará aberto do 8 de maio ao 12 de xuño de 2026.

Requisitos de acceso

Acceso directo

Estarán exentas de realizar a proba específica as persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Título de técnica/o de Artes Plásticas e Deseño.

  • Título de técnica/o superior de Artes Plásticas e Deseño.

  • Bacharelato de Artes ou Bacharelato artístico experimental.

  • Títulos superiores ou graos en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas, Deseño ou Conservación e Restauración.

  • Grao ou licenciatura en Belas Artes.

  • Arquitectura ou Deseño Industrial.

  • Cursos comúns de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos dos plans antigos.

  • Experiencia laboral mínima dun ano relacionada co ciclo solicitado.

Acceso mediante proba específica

Poderán acceder mediante proba específica as persoas que estean en posesión do título de ESO ou equivalente.

Acceso sen requisitos académicos

As persoas que non dispoñan da titulación requirida deberán:

  • Ter cumpridos 17 anos no ano da proba.

  • Superar a proba substitutiva do requisito de ESO.

  • Superar tamén a proba específica de acceso.

Como realizar a inscrición

As solicitudes cubriranse preferentemente de forma telemática a través da aplicación:

Aplicación EAS – Ensinanzas Artísticas Superiores

Será necesario:

  • Empregar certificado dixital ou Chave365.

  • Presentar unha copia asinada da solicitude no centro elixido como primeira ou única opción.

As persoas que non dispoñan de DNI ou NIE poderán realizar o trámite directamente nas secretarías dos centros.

Na solicitude deberá indicarse:

  • O ciclo formativo solicitado.

  • Os centros por orde de preferencia (ata un máximo de 4 opcións).

  • O centro no que se desexa realizar a proba específica, no caso de precisala.

Calendario do proceso

  • 16 de xuño: publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.

  • 17 e 18 de xuño: reclamacións.

  • 22 de xuño: publicación da listaxe definitiva.

Lugar de realización das probas

As probas realizaranse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño nas que as persoas aspirantes formalizasen a inscrición.

Información en Galicia:

EASD Ramón Falcón

Proba substitutiva do requisito de ESO

Data

  • 23 de xuño de 2026.

Estrutura da proba

Primeira parte (10:00 – 13:00 h)

Deberán seleccionarse tres cuestionarios entre:

  • Lingua galega.

  • Lingua castelá.

  • Contidos socioculturais.

  • Contidos científico-tecnolóxicos.

Valorarase:

  • A comprensión escrita.

  • A capacidade expresiva.

  • A análise e síntese.

  • Os coñecementos básicos das áreas avaliadas.

Segunda parte (16:00 – 17:00 h)

Exercicio de educación plástica e visual consistente nunha composición de libre interpretación.

Publicación de cualificacións

  • 29 de xuño: cualificacións provisionais.

  • 30 de xuño e 1 de xullo: reclamacións.

  • 3 de xullo: cualificacións definitivas.

Proba específica de acceso

Data

  • 7 de xullo de 2026.

Estrutura da proba

Primeiro exercicio (10:00 – 11:00 h)

Desenvolvemento escrito dun tema relacionado coas artes plásticas.

Valorarase:

  • A capacidade lingüística.

  • Os coñecementos histórico-artísticos.

Segundo exercicio (12:00 – 14:00 h)

Realización de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto.

Valorarase:

  • A observación.

  • A percepción visual.

  • As destrezas específicas.

  • A aptitude para os estudos artísticos.

Terceiro exercicio (17:00 – 19:00 h)

Execución dun exercicio definitivo a partir dos bosquexos anteriores.

Valorarase:

  • A creatividade.

  • A composición.

  • O sentido espacial.

  • A capacidade artística.

Publicación de cualificacións

  • 14 de xullo: cualificacións provisionais.

  • 15 e 16 de xullo: reclamacións.

  • 20 de xullo: cualificacións definitivas.

Máis información


INFORMACIÓN: nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño que oferten ciclos medios

EASD Ramón Falcón

Paseo dos Estudantes, s/n. (27002- Lugo)

tel.: 982 220 790 

correo-e: escola.arte.ramon.falcon@edu.xunta.es

www.escoladeartelugo.com

PUBLICACIÓN: DOG 07/05/2026. Convocatoria publicada no DOG do 7 de maio de 2026.

Ensinanzas Superiores de Deseño 2026/2027: aberto o prazo de acceso e admisión

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2026/2027.


Estas ensinanzas están dirixidas a alumnado interesado nos ámbitos do deseño gráfico, produto, interiores, moda ou xoiaría, entre outros sectores vinculados á creación visual, artística e tecnolóxica.

Prazo de inscrición e datas clave

  • Inscrición: até o 5 de xuño de 2026.

  • Realización da proba específica: 17 de xuño de 2026.

Calendario do proceso

  • 9 de xuño: publicación da listaxe provisional de persoas inscritas.

  • 10 e 11 de xuño: prazo de reclamacións.

  • 15 de xuño: publicación da listaxe definitiva de persoas inscritas.

Publicación de cualificacións

  • 23 de xuño: publicación das cualificacións provisionais.

  • 25 e 26 de xuño: reclamacións nas secretarías das EASD correspondentes.

  • 30 de xuño: publicación das cualificacións definitivas.

Taxa de inscrición

  • Prezo: 64 €.

Requisitos de acceso

Para acceder será necesario:

  • Estar en posesión do título de Bacharelato, título universitario, ensinanzas artísticas superiores, título de técnica/o superior ou equivalente.

  • Tamén poderá acceder quen superase a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

O alumnado con materias pendentes de Bacharelato poderá realizar igualmente a proba específica e participar no proceso de admisión.

Ademais, será necesario:

  • Superar a proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño.

Acceso directo

Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica, as persoas que posúan un título de técnica/o superior de Artes Plásticas e Deseño.

Como realizar a inscrición

Recoméndase consultar previamente a guía oficial do procedemento de acceso e admisión.

A solicitude cubrirase telematicamente mediante a aplicación informática «EAS»:

Aplicación EAS – Ensinanzas Artísticas Superiores

A documentación necesaria incorporarase electronicamente durante o proceso de inscrición.

Unha vez finalizada e asinada a solicitude:

  • Deberá presentarse na Secretaría do centro de inscrición dentro do prazo establecido.

Considérase centro de inscrición aquel que figure como primeira opción de preferencia na solicitude.

As persoas que non dispoñan de DNI ou NIE poderán realizar a inscrición directamente nas secretarías dos centros.

Estrutura da proba específica

A proba constará de dúas partes.

Primeira parte: comentario crítico

Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe ou material audiovisual, as persoas aspirantes deberán:

  • Elaborar un comentario crítico e razoado.

  • Responder ás cuestións formuladas polo tribunal.

Valorarase especialmente:

  • A comprensión de conceptos.

  • A capacidade de análise e síntese.

  • A expresión escrita.

  • A capacidade argumentativa.

  • O coñecemento do deseño no contexto histórico, cultural e socioeconómico.

Segunda parte: exercicios de debuxo

Durante un máximo de catro horas realizaranse dous exercicios:

  • Debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir de documentación facilitada.

  • Debuxo técnico e representativo utilizando os sistemas e técnicas indicados polo tribunal.

Valorarase:

  • A fidelidade representativa.

  • Os coñecementos técnicos.

  • A exactitude e limpeza da execución.

Cualificación final

A cualificación expresarase nunha escala de 0 a 10, con dous decimais.

A nota final obterase mediante a media aritmética das dúas partes da proba.

Considerarase superada cunha cualificación igual ou superior a 5 puntos.

Datas e horarios da proba

As probas realizaranse o 17 de xuño de 2026 nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño (EASD) de Galicia.

Horarios

  • Primeira parte: de 11:00 a 13:00 horas.

  • Segunda parte: de 16:00 a 20:00 horas.

    • Primeiro exercicio: de 16:00 a 18:00 horas.

    • Segundo exercicio: de 18:00 a 20:00 horas.

Será necesario levar:

  • DNI.

  • Copia da folla de solicitude de inscrición.

Itinerario de Xoiaría e Complementos

O alumnado que queira optar ao itinerario de Xoiaría e Complementos da especialidade de Produto deberá superar ademais unha entrevista específica.

A información sobre lugar, data e hora publicarase nos taboleiros e medios telemáticos habilitados polos centros.

Centros e contacto


Na provincia da Coruña, a oferta pode consultarse na EASD Pablo Picasso.

Información de contacto:

EASD Pablo Picasso

Convocatoria publicada no DOG do 27 de abril de 2026.

Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2026-2027

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2026/2027.


Estas ensinanzas están dirixidas a alumnado interesado na creación escénica, a interpretación, a dramaturxia ou o deseño escenográfico, e constitúen unha formación superior especializada no ámbito das artes escénicas.

Prazo de inscrición

  • Inscrición: até o 16 de xuño de 2026.

  • Realización das probas: do 6 ao 8 de xullo de 2026.

Taxa de inscrición

  • Prezo: 64 €.

Requisitos de acceso

Para participar no proceso de acceso é necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de Bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario, título de técnica/o superior ou equivalente.

  • Tamén poderá acceder quen superase a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

O alumnado que teña pendente algunha materia de Bacharelato poderá realizar igualmente a proba específica de acceso. No caso de superala, poderá optar á praza solicitada unha vez obteña o título correspondente.

Ademais, será necesario:

  • Superar a proba específica de acceso á especialidade escollida.

Como realizar a inscrición

Recoméndase ler previamente a guía oficial do procedemento de acceso e admisión.

Con carácter xeral, a solicitude realizarase de forma telemática a través da aplicación informática «EAS»:

Aplicación EAS – Ensinanzas Artísticas Superiores

A aplicación permite cubrir o formulario e achegar electronicamente a documentación requirida mediante sistemas de identificación electrónica.

Unha vez completada a solicitude:

  • Deberá xerarse o documento de inscrición.

  • A solicitude deberá presentarse asinada na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia dentro do prazo establecido.

As persoas con DNI ou NIE tamén poderán acceder ao formulario directamente na Secretaría da ESAD de Galicia.

Calendario do proceso

  • 19 de xuño: publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.

  • 22 e 23 de xuño: prazo de reclamacións.

  • 26 de xuño: publicación da listaxe definitiva.

Publicación de cualificacións

  • 13 de xullo: listaxe provisional de cualificacións.

  • 14 e 15 de xullo: reclamacións.

  • 20 de xullo: listaxe definitiva de cualificacións.

Especialidades e características das probas

Dirección Escénica e Dramaturxia

A proba incluirá:

  • Desenvolvemento dunha proposta escénica escrita.

  • Exercicio breve de dirección de grupos.

  • Escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática.

  • Entrevista persoal.

Datas: 6 e 7 de xullo de 2026.

Escenografía

A proba incluirá:

  • Debuxo do natural.

  • Deseño escenográfico a partir dun tema proposto.

  • Entrevista persoal.

Data: 6 de xullo de 2026.

Os materiais necesarios deberán ser achegados por cada aspirante.

Interpretación

A proba incluirá:

  • Dúas sesións de traballo con actividades expresivas propias da especialidade.

  • Entrevista persoal.

Datas: do 6 ao 8 de xullo de 2026.

Lugar de realización das probas

As probas realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, segundo o calendario e horarios publicados polo centro.

Será obrigatorio presentar o DNI ou outro documento oficial de identificación persoal.

Máis información e contacto



ESAD Galicia

Contacto:

  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

  • Rúa Poza Cabalo, s/n – 36212 Vigo

  • Teléfono: 886 121 970

  • Correo electrónico: esad.galicia@edu.xunta.gal

Convocatoria publicada no DOG do 27 de abril de 2026.

Ensinanzas deportivas 2026/2027: aberta a convocatoria das probas de acceso

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026/2027. Estas ensinanzas permiten combinar formación académica e especialización deportiva en distintas modalidades.

Poden resultar de interese para alumnado que queira orientar o seu futuro académico e profesional cara ao ámbito da actividade física, o adestramento deportivo ou o rendemento en modalidades específicas.

Prazo de inscrición

  • Até o 15 de maio de 2026:

    • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior.

  • Até o 25 de xuño de 2026:

    • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio.

    • Proba específica de acceso ao grao medio.

Inscrición nas probas

Datas de inscrición

  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou proba específica de grao medio: até o 25 de xuño de 2026.

  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior: até o 15 de maio de 2026.

Lugar de inscrición

A inscrición deberá realizarse na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade deportiva. As persoas aspirantes só poderán realizar a proba no centro no que formalicen a inscrición.

Excepcionalmente:

  • Na modalidade de Fútbol, a solicitude poderá presentarse no IES Río Cabe, indicando en cal dos dous centros asignados se solicita realizar a proba.

  • Na modalidade de Atletismo, a solicitude poderá presentarse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.


Requisitos de acceso ao grao medio

Para acceder ao ciclo inicial de grao medio é necesario:

  • Estar en posesión do título de ESO ou equivalente.

  • Tamén se consideran válidas outras titulacións como Bacharelato, título de técnica/o superior ou titulación universitaria.

Para acceder ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio:

  • Débese ter superado previamente o ciclo inicial da mesma modalidade ou especialidade deportiva.

O alumnado que non dispoña do título da ESO poderá acceder se:

  • Ten cumpridos 17 anos no ano natural da proba.

  • Supera a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

  • Cumpre os demais requisitos específicos da modalidade.

Probas específicas

Nalgunhas modalidades deportivas é obrigatorio superar unha proba específica de acceso:

  • Fútbol

  • Fútbol sala

  • Baloncesto

  • Balonmán

  • Atletismo

  • Vela

No caso de Baloncesto e Balonmán tamén poden acreditarse méritos deportivos.

Requisitos de acceso ao grao superior

Para acceder aos ciclos de grao superior é necesario:

  • Posuír o título de técnica/o deportivo na correspondente modalidade ou especialidade.

  • Ademais, contar con algunha destas titulacións:

    • Bacharelato

    • Título de técnica/o superior

    • Titulación universitaria

O alumnado que non dispoña do título de Bacharelato poderá acceder se:

  • Ten cumpridos 19 anos no ano natural da proba.

  • Posúe o título de técnica/o deportivo correspondente.

  • Supera a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

Máis información e contacto

Información xuvenil do concello de A Coruña

Contacto na provincia da Coruña:

  • Departamento Territorial da Coruña
    Edificio Administrativo de Monelos, 9º andar
    Rúa Vicente Ferrer, 3 – 15008 A Coruña

  • Teléfono: 981 184 701

Convocatoria publicada no DOG do 30 de abril de 2026.

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) correspondentes ao curso 2026-2027

 O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convocou as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) correspondentes ao curso 2026-2027.


Estas axudas están dirixidas a alumnado que precise apoios educativos específicos derivados de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, Trastorno do Espectro Autista (TEA), TDAH ou altas capacidades intelectuais.

Quen pode solicitalas?

Poderá solicitar estas axudas o alumnado escolarizado en:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria Obrigatoria
  • Bacharelato
  • Ciclos Formativos de Grao Básico
  • Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior
  • Ensinos Artísticos Profesionais
  • Programas de formación para a transición á vida adulta
  • Outros programas formativos de Formación Profesional

No caso do alumnado con altas capacidades intelectuais, as axudas están destinadas a alumnado de Primaria, ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas artísticas profesionais.

Ademais dos requisitos académicos e psicopedagóxicos, a convocatoria establece límites de renda e patrimonio familiar.

Que tipos de axudas se convocan?

A convocatoria inclúe:

  • Axudas directas para alumnado con NEAE, incluído alumnado con TDAH.
  • Subsidios para familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios destinados a alumnado con altas capacidades.
  • Subsidio fixo de 400 euros para gastos xerais derivados da escolarización.

Contías orientativas

As contías máximas previstas son as seguintes:

  • Ensino: ata 862 €
  • Transporte interurbano: ata 617 €
  • Comedor escolar: ata 574 €
  • Residencia escolar: ata 1.795 €
  • Transporte urbano: ata 308 €
  • Material e libros:
    • ata 105 € en ensinanzas obrigatorias
    • ata 204 € en ensinanzas postobrigatorias
  • Reeducación pedagóxica: ata 913 €
  • Reeducación da linguaxe: ata 913 €
  • Programas para altas capacidades: ata 913 €
  • Subsidio xeral adicional: 400 €

Prazo de presentación

O prazo de solicitude estará aberto:

📅 Do 19 de maio de 2026 ao 10 de setembro de 2026 ás 15:00 horas.

Como se presenta a solicitude?

A tramitación realízase de maneira telemática a través da sede do Ministerio:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.htmlç

É recomendable iniciar a solicitude canto antes para dispoñer de tempo suficiente para reunir a documentación necesaria e solicitar os certificados correspondentes ao centro educativo e aos servizos externos, no caso de precisalos.

Información e contacto

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

  • Teléfono de atención: 910 837 937

Sección de Bolsas – Departamento Territorial da Coruña

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

  • Enderezo: Rúa Vicente Ferrer, 2, 9ª planta. Edificio Administrativo de Monelos. 15008 A Coruña
  • Teléfonos: 981 18 47 41 / 981 18 47 42
  • Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal

Publicación oficial

A convocatoria foi publicada no BOE do 8 de maio de 2026 e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS 904028).

6 de maio de 2026

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2026-2027

Se estás en 2º de Bacharelato ou rematando un Ciclo Formativo, debes saber que xa saíu a convocatoria para as probas de acceso ao Grao Superior de Música en Galicia para o vindeiro curso 2026-2027.  



Que é o Grao Superior de Música?

Equivale, a todos os efectos, a un Grao Universitario. Son catro anos de formación intensa onde te especializas ao máis alto nivel. En Galicia, temos a sorte de contar con dous centros de referencia:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSM Coruña): ¡Témolo aquí ao lado, en Riazor!

  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Datas clave. Inscrición para as probas (na web https://www.edu.xunta.gal/eas.): 

  • do 28 de abril ao 21 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas que reúnan os requisitos académicos de acceso.
  • do 28 de abril ao 15 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade.
  • *PROBA ACREDITATIVA DAS COMPETENCIAS CLAVE DO BACHARELATOpara as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade. Data e lugar de realización26 de maio de 2026, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Que necesito para presentarme?

Para acceder a estes estudos, normalmente precísanse dous requisitos:

  1. Académico: Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivaente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no procedemento de acceso e admisión e realizar a devandita proba. No caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez acrediten estar en condicións para a obtención do título de bacharelato antes da adxudicación das prazas na ensinanza artística superior correspondente.

    • ¿Non tes o Bacharelato? Non te preocupes, se tes máis de 18 anos hai unha proba específica de madurez (que se fará o 4 de xuño) para que poidas presentarte igualmente. 

    • Acceso para as persoas menores de idade a partir de 16 anos que manifesten precocidade: as persoas aspirantes nesta situación poderán acceder aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores de Música sempre que acrediten, superando unha proba, ter acadado o desenvolvemento das competencias clave previsto ao finalizar o bacharelato. 

  2. Específico: Superar a proba de acceso. Aquí demostrarás o dominio do instrumento, a túa capacidade auditiva e os teus coñecementos teóricos.

Pasos a seguir agora mesmo:

  1. Elixe a especialidade: Interpretación (o teu instrumento), Composición, Pedagoxía, Produción e Xestión... Investiga que camiño che motiva máis.

  2. Consulta o repertorio: Cada conservatorio publica as obras que debes preparar para o exame. Mira a web do CSM da Coruña.

  3. Prepara a documentación: Lembra que o proceso adoita ser telemático a través da aplicación da Xunta de Galicia.

MÁIS INFO: 
https://centros.edu.xunta.gal/cmuscoruna/Probas-de-acceso 
E no propio Conservatorio Profesional de Música da Coruña  
Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Probas de acceso ao grao elemental e grao profesional de música, 2026-2027

 Se o teu é a música, se pasas o día cos cascos postos ou se tes un instrumento collendo po na casa e queres levalo ao seguinte nivel, debes saber que o Conservatorio Profesional de Música da Coruña (CMUS) acaba de abrir o proceso para as probas de acceso do curso 2026-2027.

 


Aquí tes as claves para que non se che pase o prazo:

Que podes estudar?

O CMUS ofrece unha variedade enorme de especialidades (piano, guitarra, violín, vento, percusión...). Dependendo da túa idade e experiencia, podes optar a:

  • Grao Elemental: Ideal para os máis novos ou quen empeza de cero (4 cursos).

  • Grao Profesional: Para o alumnado de secundaria. Son 6 cursos nos que saes cunha formación técnica e artística de alto nivel. Podes acceder directamente a 1º ou a calquera outro curso intermedio se tes os coñecementos necesarios.

Datas a anotar (Calendario 2026)

  1.  Inscrición: Do 14 ao 30 de abril. É o prazo para presentar a solicitude en http://www.cmusprofesionalcoruna.es .

  2. Probas de acceso:

    • Grao Profesional (1º) : Do 20/04/2026 ao 24/05/2026 (de balde).

    • Grao Elemental (1º) : Do 20/04/2026 ao 13/05/2026 (34 euros).

  3. Matrícula: Unha vez que saian as listaxes de admitidos/as, terás que formalizar a túa praza en xullo (profesional) ou setembro (elemental).

Que teñen en conta nas probas?

Se vas para o Grao Profesional, que é o que máis vos pode interesar no instituto, a proba adoita ter dúas partes:

  • Interpretación: Tes que tocar pezas do teu instrumento ante un tribunal.

  • Linguaxe Musical: Unha proba teórica e auditiva para comprobar o teu nivel de ritmo, entoación e teoría.

💡 Pasos a seguir agora mesmo:

  1. Consulta a web oficial: Entra en www.cmuscoruna.org para ver os contidos específicos de cada proba. É fundamental saber que obras ou escalas che van pedir.

  2. Prepara a documentación: Terás que cubrir un impreso de solicitude e pagar unha taxa de exame (hai bonificacións se tes familia numerosa, por exemplo).

  3. Fala co teu profe de música: Se tes dúbidas sobre o teu nivel, os profes de música do instituto poden botarche un cabo para orientarte sobre a que curso presentarte.

Máis info

 Páxina web:

www.cmusprofesionalcoruna.es

Conservatorio Profesional de Música da Coruña  

Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2026-2027

Se che apaixona o movemento, a música e a expresión corporal, debes saber que o Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña acaba de anunciar as datas para as probas de acceso do vindeiro curso 2026-2027.


Tanto se estás pensando en comezar desde cero como se xa tes formación e queres profesionalizarte neste ámbito, podes facelo na cidade.

Que niveis se ofrecen?

Dependendo da idade e coñecementos previos, podes inscribirte en:

  • Iniciación: Un primeiro contacto co mundo da danza a través do xogo e a musicalidade (mínimo 7 anos).

  • Grao Elemental: 4 cursos para asentar as bases. É necesario superar unha proba de acceso (mínimo 8 anos).

  • Grao Profesional: 6 cursos para unha formación profunda. Podes acceder ao primeiro curso ou a cursos intermedios se demostras o nivel necesario.

Datas clave para as probas

  • Luns, 8 de xuño (16:30 h): Iniciación e Grao Elemental.

  • Martes, 9 de xuño (16:00 h): 1º de Grao Profesional.

  • Mércores, 10 de xuño (16:30 h): Outros cursos de Grao Profesional.

Preinscripción

A preinscrición é obrigatoria e podes facela ata o día anterior á proba. Tes dúas vías:

  1. Por teléfono: Chamando ao 981 14 15 81 (horario de 16:00 a 21:00 h).

  2. Por correo electrónico: Envía un email a conservatorio.danza@dacoruna.gal cos seguintes datos:

    • Nome e apelidos.

    • Data de nacemento.

    • Persoa responsable e teléfonos de contacto.

    • Curso ao que te presentas.

Máis infro: www.dacoruna.gal/conservatorio-profesional-danza

E no propio Conservatorio: Casa Martelo (Rúa Franxa, 14).


5 de maio de 2026

III Feira de Educación, Formación e Emprego

O vindeiro xoves 7 de maio, o alumnado de 4º de ESO participará nunha actividade clave dentro do plan de orientación académica e profesional do centro: a visita á III Feira de Educación, Formación e Emprego, que se celebrará en ExpoCoruña.


Esta iniciativa constitúe un espazo de encontro directo coas diferentes opcións formativas e saídas profesionais dispoñibles ao remate da etapa obrigatoria. A asistencia realizarase en horario de mañá, entre as 11:00 e as 12:45, permitindo ao alumnado explorar de maneira práctica e contextualizada os distintos itinerarios formativos.

A feira contará con máis de 40 expositores, entre os que destacan unha vintena de centros públicos, cunha presenza especialmente relevante da Formación Profesional. Estes centros achegarán equipamento técnico e simuladores que facilitarán a realización de pequenas prácticas, ofrecendo unha aproximación realista ás ensinanzas.

Ademais, estarán representadas as tres universidades públicas galegas —Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo— xunto con outras institucións como Universidade Intercontinental da Empresa, Universidade Europea de Madrid e a UNED.

A oferta complétase coa participación de ensinanzas de réxime especial, como a Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso, as escolas oficiais de idiomas e os conservatorios profesionais de danza e música, que ademais ofrecerán actuacións a cargo do seu alumnado.

Tamén estarán presentes diferentes colexios profesionais e institucións vinculadas á seguridade e defensa, como a Policía Nacional, a Garda Civil e as Forzas Armadas, ampliando así o abano de opcións profesionais que o alumnado pode considerar.

Cómpre salientar que as familias tamén poden visitar a feira en horario de tarde, de 16:00 a 19:00, con acceso gratuíto. Trátase dunha excelente oportunidade para acompañar o proceso de toma de decisións académicas e profesionais, favorecendo un diálogo informado e reflexivo no ámbito familiar.



Recoméndase ao alumnado acudir con actitude activa, formular preguntas, participar nas actividades propostas e recoller información relevante que poida contribuír á súa futura elección formativa. Este tipo de experiencias permiten avanzar cara a unha orientación máis consciente, axustada aos intereses, capacidades e expectativas persoais.

Imaxes da celebración da Feira en Lugo (marzo 2026)

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, ...