29 de abr. de 2023

Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo

O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

Convócanse as seguintes axudas individualizadas:

a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) e o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas.

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.

Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Poderán solicitar as axudas o alumnado que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.

Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Componentes das axudas e contías:
  • Ensinanza: ata 862,00 euros.
  • Transporte interurbán: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  •  Residencia escolar: ata.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnado interno en centros de educación especial: ata442,00 euros.
  • Transporte urbán: ata 308,00 euros
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: ata105,00 euros.
  • Resto de niveis da ensinanza post-obrgatoria: ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros..
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 8 de maio e o 20 de setembro de 2023 inclusive.

21 de abr. de 2023

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2023/24

 Xúntase a Resolución do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2023/24.

  • O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 22 de maio de 2023, ambos incluídos.

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2023/24

 Xúntase a Resolución do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 22 de maio.

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2023/24

 Xúntase a Resolución do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 22 de maio. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 26 de xuño.

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e restauración de bens culturais para o curso 2023/24

 Xúntase a Resolución do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 22 de maio. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 26 de xuño.

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte dramática para o curso 2023/24

 Xúntase a Resolución do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 22 de maio. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 26 de xuño.

16 de abr. de 2023

VISIT Á UDC: CAMPUS DE FERROL

 O venres 14 de abril tocoulle ao Campus de Ferrol. Un campus no que contamos con titulacións tan singulares como a de Relacións Internacionaos, o de Deseño Industrial da Moda, Xestión DIxital da Información e a Documentación ou Podoloxía, sen desbotar a importancia doutras máis "históricas" como a Enfermaría, Relacións Laborais ou calquera das súas Enxeñarías Industriais. 

Un campus que se reinventa a sí mesmo, que conta cos avances máis novidosos nos ámbitos de traballo nos que está especializado, e que ofrece unha comodidade especial ao seu estudantado, dándollo todo nunha soa área da cidade, sen necesidade de desplazarse!

Alá fomos co alumnado de 1º de Bacharelato, a coñecer titulacións e alternativas máis que interesantes! Deixáronnos entrar nas aulas e talleres, ofrecéronnos charlas informativas... Un auténtico luxo!



VISITA Á EXPOSICIÓN INNOVART

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organizou por primeira vez a exposición InnovArt 2023, para a promoción das ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas na nosa comunidade.

Tivo lugar os días 13 e 14 de abril na Cidade da Cultura de Galicia, e alá fomos, co alumnado de 4º, que coma sempre, tivo un comportamento excepcional!

Velaquí algúns dos obradoiros que se ofertaron: 

E as fotos do día!
Beis Blanco Asimétrico Viajar Álbum de Fotos de Veronica

15 de abr. de 2023

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2023-2024

Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2023-2024 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.

DATAS DE PREISCRICIÓN

  • INICIACIÓN, 1º GRAO ELEMENTAL:  até o 18 de maio de 2023.
  • RESTO DOS CURSOS GRAO ELEMETAL: até o 22 de maio de 2023.
  • GRAO PROFESIONAL: até o 23 de maio de 2023.

LUGAR DA PREINSCRICIÓN: secretaría do Conservatorio Profesional de Danza.

DATA DAS PROBAS:

  • Iniciación: luns, 22 de maio de 2023.
  • 1º grao elemental: venres, 19 de maio de 2023.
  • 1º grao profesional: mércores, 24 de maio de 2023.
  • Resto de cursos grao elemental: martes, 23 de maio de 2023.
  • Resto de cursos grao profesional: xoves, 25 de maio de 2023.

Probas de acceso ao grao elemental e grao profesional de música para o curso 2023-2024

O Conservatorio Profesional de Música da Coruña convoca as probas de acceso ao 1º curso do grao elemental e ao 1º curso do grao profesional.

ACCESO AO 1º CURSO DO GRAO ELEMENTAL. CURSO 2023-2024
REQUISITOS DE ACCESO: 
  • A idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14 anos
  • Superar a proba.
INSCRICIÓN PARA A PROBA: do 18 de abril ao 9 de maio de 2023. Farase a inscrición online seleccionando un instrumento.
PREZO:
Proba 1º curso de grao elemental: de balde
12 de maio: publicación admitidas/os e do desenvolvemento das charlas.
15 de maio: charla presencial informativa sobre o desenvolvemento das probas, presentación de instrumentos e posibilidade de cambiar o instrumento elixido.
16 de maio: posibilidade de modificación da especialidade da inscrición (até as 13.00h).
22 de maio: publicación definitiva admitidas/os por especialidade e datas e horarios probas (14.00h).

DATAS REALIZACIÓN DA PROBA: do 29 ao 31 de maio de 2023.


PUBLICACIÓN ADXUDICACIÓN PRAZAS E LISTA DE ESPERA: 2 de xuño (13.00h).
PRAZO RECLAMACIÓNS: do 5 ao 9 de xuño (horario de secretaría).
REUNIÓN APROBADAS/OS SEN PRAZA: 5 de xuño ás 19:00h.
MATRÍCULA para os alumnos/as que obtiveron praza: do 6 ao 9 de xuño de 2023 (horario secretaría).

ACCESO AO 1º DE GRAO PROFESIONAL. CURSO 2023-2024
REQUISITOS DE ACCESO: 
  • Superar a proba de acceso.
INSCRICIÓN PARA A PROBA: do 26 de abril ao 9 de maio de 2023.
PREZO: Proba 1º curso de grao profesional: 34 €
A inscrición farase online. A documentación presentarase na secretaría do centro de 9.30-13.00h.
12 de maio: publicación admitidas/os e excluidos/as e datas e horarios das probas.

DATAS DAS PROBAS: do 22 ao 24 de maio de 2023.

25 de maio: publicación admitidas/os e lista de espera.
PRAZO RECLAMACIÓNS: do 25 ao 31 de maio.
MATRÍCULA para os alumnos/as que obtiveron praza: 30 e 31 de maio.

PREMIOS EXTRARODINARIOS DA ESO

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Requisitos: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos
A proba estruturarase en dúas partes:
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, e Primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de cuarto curso:
– Xeografía e historia.
– Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas.
– Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía.
prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311D
Máis información no DOG do 14 de abril de 2023 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2022-2023

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2022-2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.
Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2023 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
Maís información no DOG do 3 de abril de 2023 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP 2021-2022

 A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2021/22 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2022.

Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte en Galicia.

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2021.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

A dotación para os premios será de 1000 € por premio.

prazo para optar aos premios estará aberto ata o 20 de abril de 2023.
inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 20 de marzo de 2023 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/

7 de abr. de 2023

Probas libres para a obtención de títulos FP

Inscricións: Dende o 17 ata o 28 de abril de 2023.

 
Requisitos:
- Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
- Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional obxecto da proba.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de FP (para ciclos medios, título de FP básica,  ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, título de técnico de FP, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso)
- Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico (CM).
- Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior (CS), ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.

Malia o anterior, se houbera vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba, até un máximo de 3 módulos/ciclo.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de FCT, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.
 

CAMPAMENTOS DE VERÁN: XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. 

A Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.

  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.

  • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.

  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.

  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

As mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

 1. CAMPAMENTOS.

A publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia está prevista para o día 17 de abril

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio

Forma de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:sede.xunta.gal

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación. As solicitudes presentaranse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán presentarse de forma individual ou múltiple (para o suposto de 2, 3 e ata 4 irmáns/ás, que soliciten idéntica instalación, quenda e actividade, identificada co mesmo código e cumpran os requisitos de idade exixidos para a instalación, quenda e actividades solicitada), e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade: 

  • Procedemento xeral:

    • Solicitude individual: procedemento BS303A
    • Solicitude múltiple: procedemento BS303F
  • Procedemento prazas para inclusión de persoas con discapacidade:
    • Solicitude individual: procedemento BS303G
    • Solicitude múltiple: procedemento BS303H

 

Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.

 

Máis información:

 Actividade financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, no marco do Plan Corresponsables.

Teléfonos de información

 

DATA DO SORTEO: Conforme ao artigo 6 da orde de convocatoria, o día e hora e lugar de realización do sorteo anunciarase na web http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.

 

2. CAMPOS DE VOLUNTARIADO

Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos. É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.Son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, e encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

Máis información:


  A oferta de campos de voluntariado está composta por:

2.1. Campos de voluntariado en Galicia

Apertura do prazo de solicitude: día 18 de abril, ás 9:00 h. A convocatoria é única e estará aberta ata 3 días antes do comezo de cada campo.

A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web xuventude.xunta.es.

Oferta de campos en Galicia

2.2. Campos de voluntariado noutras CCAA

1ª Convocatoria

O prazo desta convocatoria abre o día 2 de maio, ás 9:00 h. e pecha o día 23 de maio, ás 14:00 h.

A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web xuventude.xunta.es.

2ª Convocatoria

Unha vez pechada a 1ª convocatoria o programa prevé, para os campos noutras CCAA, unha nova oferta xeneralizada de prazas en 2ª convocatoria ou repesca. Os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos.

O prazo para solicitar en 2ª convocatoria as prazas para os campos noutras CCAA comezará o 1 de xuño ás 10:00h. Este prazo permanecerá aberto ata 5 días antes do inicio do campo.

2.3. Campos de voluntariado no estranxeiro

O prazo de inscrición para os campos de voluntariado no estranxeiro abriuse o día 13 de marzo, ás 9:00 h, e manterase aberto ata esgotar as prazas.

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

exclamacion

Existen algúns campos de voluntariado que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira, salvo indicación contraria, Á CHEGADA AO CAMPO. Esta cota extra que aplican discrecionalmente algunhas organizacións estranxeiras, especifícase na ficha informativa de cada campo de voluntariado.

 

 

ollo

Antes de facer a solicitude, consulta aqui aCONDICIÓNS de participación nos campos de voluntariado no estranxeiro.

 Como solicitar:

A través deste enlace poderás consultar e solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. 

 

3. MINICAMPAMENTOS "COÑECE GALICIA"

Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

A información deste programa estará dispoñible nas vindeiras semanas.

 

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...