29 de dec. de 2021

Abrazar aos nos@s fillos e fillas non é malcrial@s

Unha nova publlicación do blogue Escola de Nais e Pais, e tamén referida ao programa Aprendemos Xuntos, de BBVA:

Nesta ocasión, da man de Rafa Guerreiro, Licenciado en Psicología Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Educación. Conferenciante en congresos nacionais e internacionais e formador de profesores e pais en numerosos colexios e centros educativos, Guerreiro acaba de publicar os libros 'Como estimular o cerebro do neno' e 'Educar no vínculo', que se suman ao seu anterior título, "Educación emocional e apego".

Que aspectos emocionais e intelectuais debemos atender na formación do cerebro dun neno? O psicólogo defende o desenvolvemento dun apego seguro desde a infancia. "Si queremos que o día de mañá os nosos fillos teñan a capacidade de regularse emocionalmente, tomar decisións, que sexan empáticos, capaces de planificarse, concentrarse, facerse cargo da xestión dos seus impulsos... Require de tres pasos: que os pais saiban autorregular as súas propias emocións, que poidan regular as emocións dos seus fillos e finalmente ensinen estratexias para que os nenos aprendan a regularse sos e péchese o círculo", explica o experto.




LOMLOE

Velaquí unha presentación da compañeira Lourdes Otero, cos cambios máis relevantes que introduce a LOMLOE na ESO e Bacharelato:

24 de dec. de 2021

Damos demasiada importancia ás notas?

Comparto coas familias esta publicación de Escola de Nais e Pais, na que analizamos o papel das notas dos nosos fillos e fillas nas nosas vidas, a través do programa "Aprendemos Juntos" de BBVA.

Aprenderemos a través do visionado dunha charla con Sonia Díez, licenciada en Psicoloxía e Ciencias da educación, fundadora de varios centros educativos e autora do libro "Educacción". 

A cuestión é: damos demasiada importancia ás notas dos nosos fillos? A especialista aposta por unha avaliación que vai moito máis alá dunha cualificación. 



17 de nov. de 2021

Matrícula libre para as probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas, curso 2021-2022

Dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

INSCRICIÓN: do 9 ao 26 de novembro ata as 12.00 h. en  liña en https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre (unha solicitude para cada idioma e nivel).

DATAS DAS PROBAS: todas as probas celebraranse en febreiro de 2022 (consultar na web da EOI o calendario por idiomas e niveis).

8 de nov. de 2021

Notas de corte 2021

 Xa están publicadas as notas de corte do último curso 2021-2022, con carácter provisional. 

Clica na imaxe para coñecelas:



1 de out. de 2021

BOLSAS PARA ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO

A Fundación Amancio Ortega retoma o seu Programa de Bolsas para estudantes que desexan cursar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos. Tras a interrupción ocasionada pola pandemia de COVID-19, o Programa convoca 400 bolsas para a edición 2022-2023, dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros educativos españois. Clica na imaxe para ter máis información:

Na súa edición 2022-2023, o Programa convoca 400 bolsas dirixidas a estudantes de 4º da ESO de centros educativos españois, para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. 

Do total de prazas convocadas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia e 330 bolsas a estudantes de centros doutras Comunidades e Cidades Autónomas de España.

Durante o ano académico, os estudantes convivirán cunha familia no país de destino e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato).

A bolsa cobre:

  • 100% do custe dos servizos
  • viaxe de ida e volta
  • taxas de escolarización e matrícula nun instituto público
  • aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa
  • unha pequena asignación mensual para gastos menores.
  • actividades dirixidas á formación dos estudantes bolseiros e á tramitación dos seus expedientes, antes da saída ao país de destino. En ningún caso, a bolsa supón a achega económica do valor destes servizos ao beneficiario.
  • seguro médico e de accidentes
  • convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia

INSCRIPCIÓNS: 
procedemento de selección ten unha primeira fase donde  os 1200 participantes con puntuacións máis altas, terán que facer unha proba oral e entrevista a través dunha videochamada.

Nas Bases de participación móstrase toda a información da convocatoria, incluídos os requisitos de participación e o proceso de selección. (Clica na imaxe)
O Acordo de participación contempla a normativa da bolsa, polo que só é aplicable aos participantes seleccionados. Con todo, recoméndase a súa lectura para obter información adicional sobre a bolsa.

Tamén se presenta un Manual de inscrición que pretende axudar a cumprimentar correctamente o formulario de inscrición, así como o Calendario da convocatoria con todas as datas de interese. (Clica na imaxe)



20 de set. de 2021

Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

 Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de setembro ás 9:00 horas ata o día 24 de setembro ás 13:00 horas.

Máis información sobre ciclos formativos e módulos con prazas dispoñibles

No caso de cursos de especialización de formación profesional e de ciclos formativos de FP dual con prazas dispoñibles, a matrícula permanece aberta. Para máis información deberán dirixirse ao centro que conte con prazas dispoñibles.

Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 2ª adxudicación extraordinaria. Curso 2021-2022

 Publicación das listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria de ciclos formativos de grao medio de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas, en modalidade presencial e modalidade a distancia.

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do martes 21 de setembro ata as 13:00 horas do venres 24 de setembro de 2021.

Admisión a ciclos formativos. Listaxes definitivas de solicitudes. Convocatoria extraordinaria curso 2021-2022

 Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.

Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.

1 de set. de 2021

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria curso 2021-2022

 Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision ou directamente nesta ligazón.

Réxime ordinario

prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o xoves 2 de setembro ata as 13:00 horas do luns 6 de setembro de 2021. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar no mesmo período en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar de maneira presencial a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o xoves 2 de setembro ata as 13:00 horas do luns 6 de setembro de 2021A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar de maneira presencial a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe dos módulos de grao medio
Listaxe dos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe dos módulos de grao medio
Listaxe dos módulos de grao superior

Admisión a ciclos formativos. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 2 de setembro ás 9:00 horas ata o día 6 de setembro ás 13:00 horas. Na 1ª adxudicación extraordinaria só se liberan prazas en ciclos de grao superior.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

Réxime ordinario

Ciclos formativos de grao medio con prazas dispoñibles (Non haberá liberación de matrícula ata a 2ª adxudicación extraordinaria)
 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

Módulos de grao medio con prazas dispoñibles (Non haberá liberación de matrícula ata a 2ª adxudicación extraordinaria)
  
Modalidade distancia

Módulos de grao medio con prazas dispoñibles (Non haberá liberación de matrícula ata a 2ª adxudicación extraordinaria)


Nota informativa. Título de BUP

Poderán solicitar matrícula condicionada no réxime para as persoas adultas en ciclos de grao superior con módulos con prazas dispoñibles as persoas que cumpran o seguinte:

  • Ter accedido en cursos anteriores a ciclos de grao superior do réxime para as persoas adultas co título de BUP ao amparo do establecido na disposición adicional 3ª da Lei Orgánica 8/2013, que na actualidade está derrogada.
  • Ter módulos superados do ciclo no que desexan matricularse.
Para máis información deberán dirixirse ao centro que conte con prazas dispoñibles.

Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte "Oferta de FP" no menú lateral), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.

AtenciónNon son listaxes de ciclos e módulos con matrícula liberada. Para acceder é necesario participar no proceso de solicitudes de setembro.

18 de ago. de 2021

Admisión a ciclos de grao medio de Formación Profesional curso 2021-2022, período extraordinario

CALENDARIO DE ADMISIÓN:

SÓ PARA CICLOS MEDIOS:

  • Presentación de solicitudes período extraordinario do 1 ao 9 de setembro ás 13:00h.
  • Listaxe provisional de solicitudes: 14 de setembro.
  • Reclamación á listaxe provisional: do 14 ao 16 de setembro ás 13:00h.
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 21 de setembro.
  • 2ª adxudicación extraordinaria 21 de setembro
  • Matrícula do 21 ao 24 de setembro ás 13:00h.
  • Adxudicación continuada (chamamento): do 28 de setembro ás 9:00h ao 1 de outubro ás 13:00h.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

RÉXIME ORDINARIO: 

  • Consultar oferta:
  • Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentaciónque poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser seladadatada e validada.
  • Adxudicación de praza: logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades:
    • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Estar matriculada en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada  na FP Dual ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.
    • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza á que se renuncia.
    • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

RÉXIME PARA PERSOAS ADULTAS:

  • Consultar oferta:
  • Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentacón necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
  • Adxudicación de praza: logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades: 
    • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Quedará en lista de espera dos módulos do ciclo no que se matricule e que non foran adxudicados. Estar matriculado en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada  na FP Dual ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.. 
    • 2ª Non matricularse: seguirase no proceso de adxudicación para os módulos nos que estea en espera.

7 de ago. de 2021

ADMISIÓN NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Consellería de Educación vén de publicar a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, coa normativa para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no curso 2021-2022.



REQUISITOS: 
  • Ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO. 
  • Estar en posesión do DNI ou NIE (non é valido o pasaporte)
  • O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país no que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1º de nivel básico a través das seguintes vías: 
- As persoas procedentes das probas de clasificación poderán incorporarse ao curso que corresponda
- As titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos dun idioma, establecidos o anexo da Orde do 21 de xuño de 2016, darán acceso ao 1º curso do nivel inmediatamente  superior ao acreditado. No caso de galego e español para estranxeiros, serán os títulos e certificados establecidos anexo I da Resolución do 17 de xuño de 2021
O alumnado con título de Bacharelato pode acceder ao 1º curso do nivel B1 da lingua cursada como primeira lingua extranxeira.

Deberá facer PREINSCRICIÓN :

  • Alumnado de novo acceso, a través da aplicación informática, según as instrucións sinaladas na Resolución e no prazo do 1 ó 14 de setembro de 2021. 
  • Persoas que solicitan cursar estudos en 1º curso de nivel básico dun idioma por primeira vez. Teñen consideración de novo acceso a efectos de preinscripción e adxudicación de prazas o seguinte alumnado:
  1. Alumnado procedente das probas de clasificación.
  2. Alumnado que solicita acceso directo por titulación.
  3. Alumado que se incorpora á ensinanza presencial tras superar as probas certificación polo réxime libre.
  4. Alumnado procedente de traslado de expediente.
  5. Antigo alumnado que non estivera matriculado polo réxime oficial no curso 2020-2021.

Acceso por PROBAS DE CLASIFICACIÓN:

Teñen dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma:
  • Persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
  • Persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores.
O resultado das probas de clasificación ten unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de preinscrición e formalización da matrícula

Deberán facer MATRÍCULA :
  • Alumnado oficial do curso 2020/21 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021/22 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria, (non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo III, e formalizar a matrícula na secretaría da EOI ou sección, se é o caso, nos prazos establecidos na circular).
  • O alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse tamén no prazo extraordinario. 

PRAZOS:
  • Período de matrícula ordinaria: Do 1 ao 9 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2020-2021 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021-2022 e supere todas as destrezas na convocatoria ordinaria.
  • Período de matrícula extraordinaria: Do 9 ao 30 de setembro, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo de alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 9 e o 16 de setembro. 
  • Do 1 ao 9 de setembro, segundo as necesidades de cada escola, poderase permitir a matrícula do alumnado apto en xuño que non formalizara a súa matrícula no prazo establecido.
  • Unha vez rematado o proceso de matrícula, e ata o día 8 de outubro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións de alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición.

3 de ago. de 2021

Bolsas de carácter xeral para estudos postobligatorios non universitarios

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas de carácter xeral para o curso académico 2021-2022, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.


Ata o 30/09/2021

REQUISITOS:

  • Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa.
  • Estar a cursar algunhas dos seguintes ensinos postobligatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
    • Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
    • Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
    • Ensinos artísticos profesionais.
    • Ensinos deportivos.
    • Ensinos artísticos superiores.
    • Estudos relixiosos superiores.
    • Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
    • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de formación profesional.
    • Ciclos Formativos de Grao Básico
  • Cumprir os requisitos que se fixan no Real Decreto 471/2021, de 29 de xuño, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional
  • A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. A efectos das bolsas e axudas ao estudo do curso 2021-2022, computarase o exercicio 2020.

REMUNERACIÓN:

Compoñentes das bolsas e contías:

  • Contías fixas:
    • Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros.
    • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600,00 euros.
    • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros.
    • Bolsa básica: 300,00 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
  • Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

No seguinte enlace, poderás resolver dúbidas sobre o proceso, a través do visionado dos vídeos.
https://www.becaseducacion.gob.es/dudas/videos.html 

Velaquí un pequeno resumo dos contidos clave:


PÁXINA WEB:

www.becaseducacion.gob.es


Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2021-2022.


💰 Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2021-2022, convocadas polo Ministerio de Educación y Formación Profesional para destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo. 

📅 Até o 30 de setembro.

REQUISITOS:
  • Poderá solicitar as axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
  • Non superar unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
  • Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
  • Estar a cursar en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnado que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
  • Para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa.

REMUNERACIÓN:
Compoñentes das axudas e contías:
Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.

Ensino: ata 862,00 euros.
Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
Comedor escolar: ata 574,00 euros.
Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
Transporte urbano: ata 308,00 euros.
Libros e material didáctico:
Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros.
Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204,00 euros.


⬇️⬇️⬇️
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

28 de xul. de 2021

Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 2ª adxudicación ordinaria. Curso 2021-2022



Publicación das listaxes de persoas admitidas aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 28 de xullo ata as 13:00 horas do venres 30 de xullo de 2021.

Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles



Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 28 de xullo ás 9:00 horas ata o día 30 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 1ª adxudicación extraordinaria, pero soamente para os ciclos de grao superior.


No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula será desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 30 de xullo ás 13:00 horas.


Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.

21 de xul. de 2021

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22

Opción de interese para os que comezades ciclos formativos.

Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED306A) (DOG núm. 113, do 16 de xuño).
Clica nas imaxes para acceder aos centros residenciais:
A Coruña

Vigo

Ourense


 O prazo para presentar solicitudes é:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 17 de xuño ao 9 de xullo de 2021.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 17 de xuño ao 2 de agosto de 2021.


As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.



Admisión a ciclos formativos. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Podedes consultar os ciclos e acceder aos documentos de matrícula no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.es/fp/node/17870

A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2021-2022

Publicadas as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

No réxime ordinario, o prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 20 de xullo ata as 13:00 horas do luns 26 de xullo de 2021. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web.
Pola súa banda, no réxime de persoas adultas, o prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 20 de xullo ata as 13:00 horas do luns 26 de xullo de 2021. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Podedes consultar as listaxes de admitidos e toda a información sobre o proceso de matrícula no seguinte enlace.

1 de xul. de 2021

O Bacharelato

 Nesta entrada, quero compartir con vós unha presentación da compañeira Mónica Diz, sobre a etapa do Bacharelato.


9 de xuño de 2021

Oferta de ciclos formativos de FP para o curso 2021-2022

Clicando na imaxe podes atopar a oferta de ciclos formativos para o curso 2021/2022 (polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en centros públicos).

Nota: O número de prazas ofertadas por ciclo formativo podería sufrir algunha modificación.


A Xunta convoca os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/2021

A Xunta de Galicia vén de convocar os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/2021, uns galardóns cos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade quere facer un recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa que remata cuns resultados académicos salientables.

Serán un total de 20 alumnos os que poidan acceder a estes premios, de entre os que estean cursando este ano o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos.

A contía de cada premio ascende a 800€. Ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto entre o 7 de xuño e o 6 de xullo. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática PremiosEdu accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou directamente desde a propia aplicación.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Proba

Será presencial e terá carácter único en toda a Comunidade. Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias obxecto da proba.


A proba estrutúrase en dúas partes (por unha banda proba referida ás materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, e Primeira lingua estranxeira, e por outra, as propias de Xeografía e historia, unha materia xeral do bloque de materias troncais (Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas) e unha materia a escoller de entre as de opción do bloque de materias troncais cursadas -Bioloxía e xeoloxía, ou Economía, ou Física e química, ou Latín, ou Ciencias aplicadas á actividade profesional, ou Iniciación á actividade emprendedora e empresarial, ou Tecnoloxía-).

21 de maio de 2021

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon en marcha o procedemento para a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022



Prazo de presentación das solicitudes ata o 22/06/2021. O alumnado que se incorpore ao centro fóra deste prazo, disporá dun mes dende o día seguinte ao da formalización da matrícula)

A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22 

REQUISITOS:

  • Alumnado matriculado en centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos.
    • Para o fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.
    • Para as axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial.
    • Para as axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigaroria e educación especial.

    • Máis información en: 
    • https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...