A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.
INSCRICIÓNS:
Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024
REQUISITOS:
Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria.
Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.
REMUNERACIÓN / CUSTO:
1.000 euros por premio e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
PÁXINA WEB:
www.edu.xunta.gal/premiosedu
CONTACTO:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 527 - 881 996 509 - 881 997 383
Dúbidas relacionadas coa convocatoria: premios@edu.xunta.gal
Dúbidas ou dificultades técnicas: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal
Publicación: DOG 26/04/2024
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311A
Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.