1 de maio de 2024

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2024-2025

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

Ata o 21/05/2024

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, con certificado dixital ou Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios.

Na solicitude deberanse indicar a especialidade e itinerario a que se desexa acceder, así como a preferencia de centro en que se desexa cursar naquelas especialidades que se ofertan nos dous conservatorios.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do conservatorio sinalado na súa inscrición como primeira opción para cursar estudos.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación das correspondentes probas específicas de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba específica de acceso e que, sendo maiores de 16 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.


 PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compotela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO:

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN:

As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 10 de xuño.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Composición.

Especialidade de Dirección.

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Corda frotada, Jazz, Piano e Vento metal.

Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música de Vigo, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Canto, Guitarra, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga, Percusión e Vento madeira.

Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Conservatorio Superior de Música da Coruña

R/ Manuel Murguía, 44. 15011 - A Coruña

Tel.: 981 141 295    

E-correo: cmus.coruna@edu.xunta.gal

www.csmcoruna.com

Publicación: DOG 25/04/2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...