As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Dirixido a alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP e que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.
A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás Anpas e persoas interesadas.
As xornadas organízanse en:
- VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e das ensinanzas artísticas profesionais, complementadas con charlas informativas. En horario de tarde.
- Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia, e visita á EASD Pablo Picasso.
- E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 5 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo dás Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.
Cando:
- Do 23 ao 25 de febreiro de 2026: CICLOS FORMATIVOS. VISITAS Aos CENTROS PÚBLICOS DE FP da cidade e á EASD Pablo Picasso.
- O mércores 25 de febreiro, ás 17.30h: ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO EN GALICIA, na EASD Pablo Picasso R/ Os Pelamios, 2).
- O luns 2 de marzo ás 17.30h : CHARLA SOBRE Os CICLOS DE FP BÁSICA, no Fórum Metropolitano (R/ Río Monelos, 1).
Acceso ás Xornadas:
O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas.
No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.
Requisitos:
A solicitude de inscrición en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición. IMPORTANTE: verifica que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario. Datas de inscripción:
- Do 19/01/2026 ao 06/02/2026, a las 14:00h, para o alumnado matriculado en centros da cidade.
- Do 26/01/2026 ao 6/02/2026, a las 14:00h, para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.
Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas. Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.
* Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña podes escribir a gestionim@edu.coruna.es.
Páxina web:
Contacto:
Servizo de Municipal de Educación
tel: 981 184 200 - ext. 10179 (de luns a venres de 9:00-14:00h)
e-correo: educacion@coruna.gal
Rede Municipal de Información Xuvenil
tel: 981 189 888 | 981 184 294 | 981 189 895
Telegram//Whatsapp: 606 362 366
e-correo: cmix@coruna.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.