28 de dec. de 2022

BOLSAS CANADÁ

O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas Canadá 2023-2024-1º de Bacharelato en Canadá", no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en Canadá, equivalente a 1º de Bacharelato, así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. A estadía en Canadá comezará en agosto de 2023 e finalizará en xuño de 2024


INSCRICIÓN: 

  • As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na web www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica do Programa do 9 ao 20 de xaneiro de 2023.
  • A documentación e o xustificante da inscrición en liña debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais deberá presentarse nos rexistros municipais, ou en calquera dos lugares establecidos na Lei 39/2012 do  Procedemento Administrativo Común das AAPP, ou na sede electónica https://sede.coruna.gal/

REQUISITOS:

Alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra o seguintes requisitos:
  • - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude.
  • - Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso 2022-2023 nun centro da cidade da Coruña.
  • - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22.
  • - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • a) Bolsa total: serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9000 € anuais de renda per cápita.
  • b) Bolsa parcial: as familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do prezo da praza (as porcentaxes que corresponde aboar ás familias variarán en función da renda per cápita)

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña
Casa Paredes. Avd. da Mariña, 18- 2º (15001 - A Coruña)
Tel.: 981 184 200 
PUBLICACIÓN: BOP 22-12-2022 (extracto)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 664514.

26 de dec. de 2022

NOTAS DE CORTE 2022

 Velaquí tedes as notas de corte do curso actual. Clica na imaxe:





PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE +25

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as/os Maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2023, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e UVigo).

REQUISITOS:

Persoas maiores de 25 anos de idade no ano natural no que se celebre a proba.

Non estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente, Técnico Superior de FP, etc.

ESTRUCTURA DA PROBA:

  • Fase Xeral: constará dos seguintes exercicios:

  • Comentario dun texto ou desenvolvemento dun Tema Xeral de Actualidade.
  • Lingua Castelá.
  • Lingua Galega.
  • Lingua Estranxeira: a elixir un idioma no momento da matrícula entre InglésFrancésAlemánItaliano ou Portugués.

  • Fase Específica: estrutúrase en 5 opcións, e incluirá os exercicios de tres materias: dúas obrigatorias e unha optativa 
  • Obrigatorias: 
  • Opción A. Artes e humanidades: Historia da arte e Xeografía 
  • Opción B. Ciencias: Matemáticas e Química 
  • Opción C. Ciencias da saúde: Bioloxía e Química 
  • Opción D. Ciencias xurídicas e sociais: Historia do mundo contemporáneo e Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais 
  • Opción E. Enxeñaría e arquitectura: Física e Matemáticas
  • Unha optativa entre as seguintes:
  • Opción A. Debuxo artístico, Latín, Literatura universal e Volume 
  • Opción B. Bioloxía, Ciencias da Terra e ambientais e Física 
  • Opción C. Ciencias da Terra e ambientais, Física e Matemáticas 
  • Opción D. Economía da empresa, Literatura universal e Xeografía 
  • Opción E. Ciencias da Terra e ambientais, Debuxo técnico e Química

  • PRAZO E LUGAR DE MATRÍCULA: do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos os dous inclusive, de acordo coas instrucións que indique a CiUG na súa páxina web. 
  • DATAS E LUGAR DE REALIZACION DAS PROBAS: no Edificio Fontán situado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
  • A Fase Xeral será o venres, día día 24 de febreiro​, a partir das 8,30 h.
  • Fase específica, o venres, día 10 de marzo​, a partir das 8,30 h.
  • CONSULTA A ADSCRICIÓN PREFERENTE A EFECTOS DE ACCESO DAS OPCIÓNS DA PROBA:  HTTPS://CIUG.GAL/PDF/M25_2023/CONVOCATORIA_M25.PDF 
    • Cualificacóns finais provisorias (NERTA) o 16 de marzo.
    • Cualificacións definitivas28 de marzo (a partir das 15.00h)

    ACCESO Á UNIVERSIDADE: para as persoas aprobadas nestas probas, reservarase o 2% das prazas totais de cada titulación con límite de prazas ás que as/os estudantes poidan ter acceso, de acordo coa opción cursada na proba.

    Os programas das materias, orientacións e modelos de exame pódense consultar na páxina web da CiUGs

    LERD Campus da Coruña |​ Pavillón de estutandes. Campus Elviña. 15071- A Coruña | tel.: 881 011 190/ 881 011 192/ 881 011 964  | lerdcoruna@udc.es​

    CiUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia  | Edificio Fontán, 1º andar. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707. - Santiago de Compostela  | ciug@ciug.gal


    1 de dec. de 2022

    Salón de Orientación Universitaria (A Coruña)

    Infórmovos que o próximo xoves 15 de decembro, terá lugar na Corula, o Salón de Orientación Universitaria UNITOUR, aberto ao público de 15:30 a 17:30, no Pazo de Congresos -PALEXCO.- (Peirao de Transatlánticos, s/n 15003 A Coruña).

    Nel, poderedes informarvos das diferentes opcións en Graos Universitarios, coa representación das principais Universidades e Institucións.

    Para asistir, deberedes completar o rexistro no seguinte enlace: https://www.unitour.es/inscripcion-online/la-coruna Ao finalizar o rexistro recibiredes no email o código QR persoal e, con el,  poderedes facilitar os datos, durante o evento e se así o desexade, ás Universidades que vos interesen, de forma áxil.



    Portas Abertas na Facultade de Ciencias da UDC

    Servizo de Estudantes da UDC infórmanos que este ano a Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña organiza de novo unhas xornadas de portas abertas presenciais. Destinaranse principalmente a estudantes de 4º da ESO e 1º de bacharelato. 

    Ademais, organizaranse uns obradoiros de divulgación en dúas quendas de mañá. Serán os vindeiros días 31 de xaneiro, e 1 e 2 de febreiro nos que se poderá contar cos laboratorios de prácticas.

    O enlace do formulario de inscrición é o que segue: https://forms.office.com/r/xXc8Xxy5F9



    Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

    A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...