27 de out. de 2022

Matrícula nas probas libres das escolas oficiais de idiomas

Na Instrución 4/2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2022/23.

  • Poderanse matricular nas probas de certificación do idioma que cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2023. 
  • Poderanse matricular nas probas de certificación dos idiomas que non cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2023. 
  • O alumnado libre poderá matricularse nos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das probas de certificación, previo pagamento dos prezos públicos correspondentes, sen que sexa requisito obter o certificado do nivel ou niveis anterior(es).
  • O alumnado que xa realizou estudos nunha escola oficial de idiomas en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola en 2022/23, deberá indicar esta circunstancia coa súa solicitude de matrícula para que a escola onde se matricula como alumno/ a libre solicite o traslado de expediente á escola de orixe. 

Prazo de inscrición: do 2 ao 18 de novembro de 2022, dende o enderezo seguinte: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre   

A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 18 de novembro.

Máis información: Instrución 4/2022

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...