21 de dec. de 2020

O Departamento de Orientación recomenda lecturas

No Departamento de Orientación loitamos cada día pola inclusión e o respecto á diversidade. Cremos que estas lecturas que nos ofrece Manu Velasco, son un recurso magnífico para que maiores e peques comprendamos máis e mellor que todos somos diversos, que todos somos iguais. Moitas delas, están xa na Biblioteca de Primaria do CPI Pecalama.
1. OTRA COSA - Fomento do respecto e aceptación. Otra cosa queres ser coma os demais, pero non o é. Por iso vive só e non ten amigos...ata que chega Algo. 2. EL CAZO DE LORENZO - Diferencias e superación. Lorenzo loita por saír adiante no seu día a día. Comparto o video:
3. EL PUNTO - Para aprender a crear marca propia. 4. ELMER - Un básico de calquer biblioteca que respecta a diversidade. Todos somos diferentes e especiais.
5. ÉRASE OTRA VEZ UN BOSQUE - Diversidade e conflitos na adolescencia. 6. POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA - Obra mestra que recolle os valores da amizade e o respecto fronte á intolerancia.
7. EL DRAGÓN ZOG -Humor, solidaridade e afán de superación. Amosa ovalor do esforzo e a importancia de axudar aos demais.

E ti... que regalarías?

BO NADAL

16 de dec. de 2020

Xogos para aprender aspectos sobre ciberseguridade

Nesta entrada, podedes xogar ó redor de diferentes aspectos que son moi importantes á hora de manexar internet. Xogas? 

QUE SABES DE SEXTING? (+15 ANOS)
SABES ACTUAR CONTRA O CIBERACOSO? (10-12 ANOS)
CIBERSCOUTS (+ 6 ANOS)

E unha manchea de xogos de mesa na mesma liña...

11 de dec. de 2020

DEREITOS DE IMAXE

Nesta presentación de orienta2ennava, poderedes comprender mellor un dos conflitos de convivencia máis habitual que estamos a vivir nos centros, os derivados das redes sociais: - Publicacións/ Stories/Directos/Grupos de Whatsapp, de comentarios ofensivos cara a outra/s persoas. - Publicación/Reenvio de vídeos/fotografas que poñen en evidencia, violan a intimidade e comprometen a unha terceira persoa. Traballar as consecuencias é importante, para que non haxa dúbidas do que pode pasarnos se atravesamos a liña.

10 de dec. de 2020

Charla para familias: DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

A confederación de ANPAs galega ofrece, o xoves 10 de decembro, unha charla de sensibilización sobre a diversidade afectivo-sexual, familias diversas e a LGTBI fobia na contorna familiar e social. O obxectivo é proporcionar información e estratexias específicas e, fomentar e reforzar a relación cos centros educativos.
Para unirse á charla en Zoom, estes son os datos:
https://us04web.zoom.us/j/75212783224?pwd=Vk5iYkVST1hOcEIzemRaOHRJd3NUQT09
ID de charla: 752 1278 3224
Código de aceso: 8y8zdj

3 de dec. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Quero compartir con vós unha fermosa e completísima presentación realizada dende o CEIP Reina Fabiola (Motril-Granada), coa colaboración do alumnadode 6º EP. Queredes coñecer os superpoderes das persoas con discapacidade?

Consellos para aprender mellor

 Neste video atoparedes algúns consellos para que os vosos esforzos por aprender veñan acompañados de mellores resultados. A idea central do video e o da economía do tempo e o esforzo. É preciso traballar en periodos curtos nos que de verdade manteñamos a atención e a concentración, e, así,  a memoria comprensiva permaneza máis tempo e con maior calidade.



Ademais, nesta presentación, contades con técnicas concretas que melloran a vosa estratexia de estudo.

Ánimo!

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...