26 de xul. de 2023

Segunda adxudicación nas admisións a ciclos formativos de Formación Profesional

Hoxe publícase a segunda relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio e de grao superior para cada réxime e modalidade. 

As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 27 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. De non facelo, perderán o dereito de matrícula nas prazas adxudicadas. No caso do réxime ordinario, non matricularse nin renunciar significará quedar excluído/a do proceso de admisión. Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 31 de xullo para cargaren as matrículas e, no caso do réxime ordinario, tamén as renuncias, na aplicación informática que corresponda.

As persoas con praza adxudicada poden: 

  • Matricularse (do 27 ao 31de xullo): no centro adxudicado e nos prazos establecidos.  Estar matriculado/a en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada de FP dual ou dun curso de especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos. 
Para efectuar esta matrícula, podedes obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula (para o réxime ordinario ou para o réxime de persoas adultas segundo corresponda) en http://www.edu.xunta.gal/fp. 
Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. 
Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula na praza adxudicada no prazo establecido ao efecto, perderá o dereito á praza e só poderá matricularse no caso de existir vacantes. 
Para o 1º curso do réxime ordinario e para o réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet, na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. 
Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de inscrición coa que se obtivo a praza adxudicada. A solicitude de matrícula web deberá facerse no prazo indicado no calendario para esa adxudicación. 
O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e a documentación. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado

  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP a través do asistente web. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. 
As persoas solicitantes de primeiro curso do réxime ordinario poderán renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que lles sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. 
A renuncia afectará á praza que lle fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través da aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta./fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade.
Tamén se poderá realizar a renuncia co impreso correspondente, que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar. 
Renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada. As persoas solicitantes con praza adxudicada que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado, perderán o dereito á praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas. 
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas. 

23 de xul. de 2023

Publicación da listaxe de adxudicación de prazas na FP Básica

Hoxe publícase a relación de alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo de grao básico coa praza adxudicada. 

Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar desde o día 24 ata o día 28 de xullo, ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados, a correspondente reclamación. 

Contra o resultado desta reclamación, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no caso dos centros públicos, ou formular reclamación, no caso dos centros privados, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comunicación. 

Dende hoxe, podedes matricularvos no ciclo no que obtivestes plaza, no centro correspondente. 

Toda a información aquí.


18 de xul. de 2023

Publicación das listaxes definitivas de solcitudes de admisión a Formación Profesional. 1ª ADXUDICACIÓN

Hoxe publícanse as prazas adxudicadas nos ciclos formativos. 

As persoas con praza adxudicada poden: 

  • Matricularse (do 19 ao 24 de xullo): no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Estar matriculado/a en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada de FP dual ou dun curso de especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos. Para efectuar esta matrícula, podedes obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula (para o réxime ordinario ou para o réxime de persoas adultas segundo corresponda) en http://www.edu.xunta.gal/fp. 
    Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. 
    Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula na praza adxudicada no prazo establecido ao efecto, perderá o dereito á praza e só poderá matricularse no caso de existir vacantes. 
    Para o 1º curso do réxime ordinario e para o réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet, na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. 
    Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de inscrición coa que se obtivo a praza adxudicada. A solicitude de matrícula web deberá facerse no prazo indicado no calendario para esa adxudicación. 
    O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e a documentación. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado
  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP a través do asistente web. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. 
    As persoas solicitantes de primeiro curso do réxime ordinario poderán renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que lles sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. 
    A renuncia deberase realizar a través da aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta./fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade. Tamén se poderá realizar a renuncia co impreso correspondente, que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar. Renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada. As persoas solicitantes con praza adxudicada que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado, perderán o dereito á praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas. 
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas. 

16 de xul. de 2023

Relación de persoas seleccionadas e matrícula na FP Dual

O día 17 de xullo publicarase a relación de persoas admitidas e en espera en cada proxecto de FP dual. As persoas admitidas deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 18 ás 9:00 horas ao día 26 de xullo ás 13:00 horas. 

De non facelo perderán os dereitos sobre a matrícula das prazas adxudicadas.  

Toda a información aquí

10 de xul. de 2023

Período de selección do alumnado FP Dual

Nestes días os centros e as entidades colaboradoras realizarán as entrevista e a selección de persoal (desde o día 11 ao 14 de xullo ás 12:00 horas). 

Os centros terán de prazo ata o día 14 de xullo ás 12:00 horas para cargar na aplicación informática as persoas seleccionadas pola entidade colaboradora. 

As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización de FP. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.

Toda a información aquí.

Relación definitiva de solicitantes de FP Dual

Hoxe fanse públicas as relacións definitivas de persoas solicitantes para cada proxecto de FP dual.

Toda a información aquí.

9 de xul. de 2023

Publicación da relación provisional de solicitudes admitidas e excluidas no proceso de admsión á Formación Profesional.

Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse hoxe na relación provisional de solicitudes , que non son listaxes de prazas adxudicadas. 

Para consultar a situación persoal nas listaxes deberase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión, xa que os datos de identificación serán substituídos poe ese código. O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. 

Unha das vías para de acceder a Ciclosadmisión, tanto ao historial persoal de admisión como para poder obter o CPC, é empregar o código de solicitude e o número do documento oficial de identidade. 

No momento en que se completa unha solicitude de admisión a ciclos formativos de FP o asistente informático xera un documento PDF de resgardo. Neste resgardo aparece o código de solicitude tal e como se mostra na imaxe:


Poderase acceder na aplicación directamente empregando o DNI/NIE/pasaporte e o código da solicitude. 
  • Primeiro hai que seleccionar na pantalla de inicio de Ciclosadmisión a ligazón “Admisión FP: Consulta de solicitudes validadas” ou “Admisión FP: Ver código persoal de consulta” 


  • Na pantalla que aparece haberá que escribir o número do documento oficial de identificación (DNI, NIE ou pasaporte, sempre coas letras en maiúscula) empregado no proceso de admisión e o código de solicitude.

  • Aparecerá unha pantalla co código persoal de consulta que nos identificará en todas as listaxes públicas do proceso de admisión. 


Nesta aplicación tamén se poderá consultar toda a información do historial persoal do proceso de admisión (datos persoais, solicitudes e adxudicación de prazas), así como realizar accións como a reserva de matrícula ou a renuncia a prazas adxudicadas nos prazos establecidos para o efecto.

Publicación da listaxe provisional de solicitudes de FP Básica

Hoxe publícase a listaxe provisional de persoas propostas para a incorporación ás ensinanzas de formación profesional básica coa información das solicitudes. Os centros de orixe comproban a corrección da información publicada e teñen ata o día 12 de xullo ás 14:00 horas para realizar as emendas que sexan necesarias. 

As persoas que desexen reclamar contra a listaxe provisional de solicitudes teñen desde o 10 de xullo ás 9:00 horas ata o 12 de xullo ás 13:00 horas. Serán os centros de orixe os encargados de emendar a información da listaxe. 

Toda a información aquí.

5 de xul. de 2023

Publicación das relacións provisionais de solicitantes de cada proxecto de FP Dual.

Hoxe publícanse as relacións provisionais de persoas solicitantes para cada proxecto de FP dual. Establécese un prazo de reclamacións desde o día 6 ás 9:00 horas ao 10 de xullo ás 13:00 horas.

Toda a información aquí.

Prazas e bolsas nas residencias xuvenís da Consellería de Política Social e Xuventude

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca prazas e bolsas nas residencias xuvenís da súa titularidade destinadas a persoas mozas que, por estudos ou traballo, se vexan obrigadas a permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual durante o curso 2023-2024.

INSCRICIÓNS:

Ata o 03/08/2023

DURACIÓN:

O período máximo de estadía será de 11 meses (no período establecido para cada curso académico, agás vacacións de Nadal e Semana Santa).

PREZO:

A cota que deberá aboar a persoa residente por mes será:

- Habitación dobre: 324 € por persoa residente e mes.

- Habitación cuádrupla: 250 € por persoa residente e mes.

As persoas estudantes colaboradoras bolseiras, ademais dos servizos xerais, desfrutarán do aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento, de setembro a xullo. 

REQUISITOS:

Nacionalidade española, dun país membro da Unión Europea ou persoas estranxeiras residentes en España.

Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

a) Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes non bolseiras:

Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos na data do 31 de decembro de 2023.

Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutorados ou estudos de mestrados universitarios oficiais.

Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante. Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optar ás prazas ofertadas. 

b) Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras:

(Ver convocatoria)

c) Requisitos específicos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras:

Ter os 18 anos feitos e non superar os 30 anos na data do 31 de decembro de 2023.

Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) do ano en curso.  

As persoas estudantes colaboradoras bolseiras terán as seguintes obrigas:

- Cumprir os obxectivos e executar o proxecto de actividades.

- Colaborar coa dirección do centro para o desenvolvemento de protocolos de estadía das persoas mozas nas residencias xuvenís, de acordo co establecido no proxecto de actividades.

- Participar no programa Correspondentes xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dentro das actividades de información xuvenil e asumindo as obrigas e dereitos derivados do referido programa. 

PÁXINA WEB:

http://xuventude.xunta.es

CONTACTO:

Consellería de Polícica Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández 2-4. (15011 - A Coruña)

Tel.: 881 881 236

correo-e: xuventudecoruna.benestar@xunta.gal

Publicación: DOG 03/07/2023

Sede electrónica (sede.xunta.gal)

Procedemento BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.

Procedemento BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

Procedemento BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

O número de prazas residenciais convocadas e a súa distribución é o seguinte:

Do total de prazas resérvase un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen e/ou para persoas mozas con expediente de protección aberto.

Na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida. 

Nas residencias xuvenís ofertaranse o aloxamento e a mantenza, así como os seguintes servizos:

Aula de estudo-biblioteca.

Salas de xogos.

Televisión.

Conexión á internet (Wifi).

Lavandaría.

Actividades culturais e deportivas.

Caixa de primeiros auxilios.

Ximnasio.

Información do seguimento da persoa residente cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten 

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, consciente da importancia de recoñecer e valorar publicamente os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou e rematou a ESO no curso 2022-2023 na Comunidade Autónoma de Galicia, convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

INSCRICIÓNS:

Dende o 16/08/2023 ata o 15/09/2023

REQUISITOS:

Ter cursado durante o ano académico 2022/23 cuarto curso de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural. O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornas socioculturais desfavorecidas ou de contornas familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios de 1.000 € cada un ademais dun diploma acreditativo.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

CONTACTO:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesSan Caetano, s/n (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 527 / 881 997 383

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: premios@edu.xunta.gal

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 03/07/2023

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311E

Probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos. Convocatoria setembro

A  Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, na convocatoria de setembro.

* As persoas que se matricularon para a 1ª convocatoria de maio, se non superaron a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria, setembro.

CONTIDOSos contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

Ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

Ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

Ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

  • Lingua Galega e Literatura: exercicio de redacción, cuestiós de Lingua Galega e Literatura.
  • Lingua Castelá e Literatura: exercicio de redacción, cuestión de Lingua Castelá e Literatura.
  • Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).

MATRÍCULA:

Do 3 ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

* As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria.

LUGARES: na Coruña, a persoa deberá matricularse no Centro EPA Eduardo Pondalrúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña Tel.: 881 960 901

DATAS DAS PROBAS

1 de setembro de 2023, en sesións de mañá e tarde: de 9.30-13.15 e de 16.00-19.00h.

REQUISITOS:

  • Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  • O alumnado matriculado durante o curso 2022/23 na ESA poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
  • Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

MÁIS INFORMACIÓN:

www.edu.xunta.gal/portal/ea

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Departamento territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, 7º andar. R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña, tel.: 981 184 700 / 981 184 731

e-correo: educadultos@edu.xunta.es 

PublicaciónDOG 13/02/2023

Corrección de erros DOG 27/02/2023


Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...