25 de out. de 2023

BOLSAS DO CONCELLO PARA ESTUDAR NO EEUU

O Concello da Coruña, convoca este programa no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o grao 11 en EEUU ―equivalente a 1º de Bacharelato― así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.


Inscrición

INSCRICIÓNS:

Ata o 06/11/2023

As persoas interesadas deberán inscribirse en liña na web: https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/bolsas-ee-uu-2024-25/contenido/1453838274597

Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante que se envía ao correo-e facilitado na solicitude e que ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación e o xustificante da inscrición en liña debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais deberá presentarse nos rexistros municipais, en calquera dos lugares establecidos na Lei 39/2012 do Procedemento Administrativo Común das AAPP.

REQUISITOS:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE).
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude no Concello da Coruña.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar da cidade da Coruña, no curso 2023- 2024.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
REMUNERACIÓN / CUSTO:

  • Estadía en EEUU durante o período correspondente a un ano académico neste país, vivindo cunha familia residente. 
  • Escolarización nun centro educativo de EEUU (High School), en réxime de libre elección das materias ofertadas que mellor se correspondan co nivel de 1º de Bacharelato do sistema educativo español.
  • Organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa.
  • Tramitación e obtención do visado de entrada en EEUU, en Madrid, incluíndo a viaxe de ida e volta do alumnado.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino en EE.UU. para cada participante.
  • Seguimento e control da vida dos menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico no centro, así como da súa vida social.
  • Validación dos estudos realizados polo alumnado en EE.UU ante a Administración Educativa.
  • Asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.
  • "Cartos de peto" para os gastos persoais do alumnado, por un importe máximo de 120 € mensuais, durante os meses de estadía en EE.UU.
  • "Cartos de preparación da viaxe", por un importe de 400€, para o alumnado valorado con 10 ou 9 puntos no criterio de baremación "Situación económica da unidade familiar nuclear".
  • A participación no programa de BOLSAS EE.UU non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario. As familias, en función da puntuación obtida na situación económica da unidade familiar nuclear, achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as porcentaxes sinaladas na convocatoria (entre a gratuidade total e o 30% do importe).
PÁXINA WEB

CONTACTO:
Servizo Municipal de Educación
Teléf.: 981 184 200 Ext. 10260
PublicaciónBOP 20/10/2023


Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...