25 de feb. de 2022

Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Resolución do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A). 

 O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022. Accede aquí ao formulario de inscrición.

Adianto da convocatoria de bolsas do ministerio para o curso 2022-2023: Novo Real Decreto

O Consello de Ministros aprobou hoxe o Real Decreto polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022-2023, o que permitirá adiantar a súa convocatoria uns catro meses. O obxectivo é que o estudantado saiba antes do período de matriculación se cumpre cos requisitos económicos para recibir estas axudas, reducindo así a súa incerteza.

Está previsto que o prazo de solicitude destas axudas abra o próximo mes de marzo.

NOVIDADES MÁIS RELEVANTES:

  1. En primeiro lugar, os prazos cambian: este ano non teremos que esperar ata o mes de agosto e poderemos solicitar a bolsa para o novo curso 2022/2023 dentro dunhas semanas, cando se publique a nova convocatoria.
  2. Redúcese a nota para obter bolsa nos Másteres non habilitantes. (No curso anterior xa se reduciu a nota para os Másteres habilitantes, agora faise tamén para os non habilitantes reducíndose a nota de de 7,00 a 5,00 puntos)
  3. Necesidades educativas especiais: as tipoloxías que quedarán incluídas serán as seguintes: alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta,  trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais,  asociado a trastorno de espectro do autismo, e/ou necesidade específica de apoio educativo asociada a alta capacidade intelectual.
Non hai modificacións nos limiares de renda, patrimonio nin na contía destas axudas, nin tampouco nos requisitos académicos xerais

Lembramos as contías das axudas
         A) Contía fixa ligada á renda: 1700 

        B) Contía ligada á residencia: 1600

        C) Bolsa Básica (só «non universitarios»): 300 € (nos ciclos formativos de Grao Básico será de 350 €)    

        D) Contía variable: o seu importe mínimo segue sendo de 60 euros

        E) Contía fixa ligada á excelencia (en función da nota media do expediente do curso anterior)


  Toca agardar á publicación da convocatoria para coñecer máis novidades e/ou cambios.

Nesta publicación tedes vídeos explicativos do proceso de solicitude da beca.


24 de feb. de 2022

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2022/2023

 

  • O 1 de marzo iníciase o proceso de admisión na nosa comunidade autónoma. Para a solicitude de praza, presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.

  • A solicitude presentarase, dende o 01/03/2022 ata o 21/03/2022, no centro no que se solicite praza en 1º lugar co formulario normalizado (ED550Bque será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na web da Consellería (www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación "admisionalumnado(consultar o Manual).
  • Velaquí tedes un documento resumo do Concello de A Coruña. 
  • CALENDARIO:

  • - Antes do 1 de marzo: publicación das vacantes nos centros

  • - Do 1 ao 21 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
  • - Do 24 de marzo ao 6 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (únicamente nos centros nos que exista máis demanda que oferta de prazas)
  • - Antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
  • - Prazo de reclamación: 5 días hábiles contados a partir da publicación la listaxe provisional
  • - Antes do 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos
  • - Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula  en Educación Infantil e Primaria
  • - Do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO E BACHARELATO.

  • Neste enlace podes acceder ás Instruccións para o proceso
  • Referencias legais
    • Decreto 13/2022de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
    • - Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) pola que se desenvolve o citado Decreto.
    • - Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17) pola que se modifica a Orde de 12 de marzo de 2013
    • - Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG 22/12/2020) , pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
    • - Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • MÁIS INFORMACIÓN:
  • Consellería de Cultura, Educación e Universidade:  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

17 de feb. de 2022

Axudas para cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Convócanse 14.000 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa, destinadas a estudantes universitarios, de Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores e Formación Profesional de Grao Superior.

Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de Axilidade Oral en Inglés Xeral e modalidade de Inglés Especializado (Ciencias da Saúde e da Vida e Ciencias Sociais e Humanas). Os cursos terán unha duración de corenta horas lectivas distribuídas en cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado pola mañá, con aloxamento en habitacións compartidas e réxime de pensión completa, nas sedes de Santander, Madrid, A Coruña, Conca, Valencia, Sevilla, Tenerife, Barcelona, Cartaxena, A Liña e Pireneos.

Aboaranse 100,00 euros en concepto de reserva de praza. A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso. Os gastos de desprazamento á sede do curso serán por conta da persoa participante.

Deben facerse as inscricións dende o 11/02/2022 ata o 12/03/2022, cumprimentando a solicitude mediante o formulario accesible na dirección web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

REQUISITOS:

  • Ter cumpridos 18 anos a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2022.
  • Obter a condición de bolseiro para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores, Formación Profesional de Grao Superior ou segundo curso de Bacharelato

MÁIS INFORMACIÓN: www.educacionyfp.gob.es

Bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2022.

As inscricións realízanse ata o 04/04/2022, cumprimentando a solicitude mediante o formulario accesible na dirección web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade.

O alumnado abonará 100 euros á empresa que resulte adxudicataria. O traslado desde o domicilio ao centro de destino e desde este a o domicilio será por conta das persoas beneficiarias.

REQUISITOS:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2005.
  • Estar matriculado no curso 2021-2022 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinos deportivos, e de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  • Obter no curso 2021-2022 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
  • Ter aprobadas todas as materias do curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
  • Cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible na dirección web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

MÁIS INFORMACIÓN: www.educacionyfp.gob.es

Bolsas para deportistas da provincia para o ano 2022

A Deputación Provincial da Coruña convoca 45 bolsas (3.500,00€ cada bolsa.) para apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas especialidades deportivas, como posibilitar a participación en eventos deportivos, facilitándolles ás persoas deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

  • Só se poderá solicitar bolsa por unha única modalidade deportiva.
REQUISITOS:
  1. Practicar algún deporte, en calquera das súas modalidades, incluído no programa oficial dos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de París que teña carácter individual (aquel deporte que, segundo a súa regulamentación, é practicado por un ou por dous deportistas como máximo).
  1. Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, cunha antigüidade ininterrompida, de dous anos.
  1. Dispoñer de licenza deportiva vixente.
  1. Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.
  1. Idade das e dos deportistas: Grupo A.-12-17 anos (nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2005, incluído), Grupo B.-18-23 anos (nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1999, incluído), Grupo C.-24-30 anos (nacidas a partir do 1 de xaneiro 1992, incluído)

As inscricións deben formalizarse entre o 16 de febreiro de 2022 ata o 18 de marzo de 2022. As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña.


16 de feb. de 2022

Probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio (celebrarase en A Coruña o 20 de maio de 2022) e setembro (celebrarase en A Coruña o 2 de setembro de 2022). 

As inscricións, para a convocatoria do mes de maio, son entre o 7 e o 17 de marzo de 2022. Os que queiran presentarse na convocatoria do mes de setembro, presentarán inscrición entre o 1 e o 8 de xullo de 2022. As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria. Debedes formalizar a matrícula no Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña (rúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña Tel.: 881 960 901)

REQUISITOS:

  • Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • Non estaren nin ter estado matriculadas no curso 2021/22 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  • O alumnado matriculado durante o curso 2021/22 na ESA poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

CÓMO os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  1. Ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física
  2. Ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música
  3. Ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de: Lingua Galega e Literatura: exercicio de redacción, cuestiós de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura: exercicio de redacción, cuestión de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés)

Máis información neste enlace.

Suspensión convocatoria probas físicas acceso estudos Grao en CC Actividade Física e do Deporte - curso 2022/2023

 A UDC suspende a convocatoria das probas físicas de acceso aos estudos de graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade da Coruña para o curso 2022-2023, á vista da evolución da pandemia.


14 de feb. de 2022

USC: As persoas maiores de 40 anos con experiencia profesional ou laboral poderán solicitar o acceso a grao dende o 10 de febreiro

 

Como requisito, as persoas interesadas non poderán posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso.

As solicitudes de acceso a grao de cara ao curso 2022-2023 para persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia profesional ou laboral poderán presentarse do 10 ao 28 de febreiro a través da sede electrónica da USC. Poderán tomar parte neste proceso aquelas persoas que cumpran, ou teñan cumpridos, 40 anos antes do 1 de xaneiro de 2023. Ademais, non poderán posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso. Deberán acreditar tamén experiencia laboral e profesional en relación coa ensinanza universitaria oficial de grao para a que se solicita o acceso e superar unha entrevista persoal de adecuación da experiencia ao perfil de estudos solicitados.

A avaliación da experiencia laboral e profesional desta convocatoria estrutúrase en dúas fases: fase de valoración da experiencia laboral e currículo; e fase de entrevista. O 9 de marzo publicarase o nomeamento e composición dos tribunais; mentres que o día 15 do mesmo mes daranse a coñecer os criterios de valoración. A primeira fase desenvolverase do 23 ao 25 de marzo e os resultados publicaranse o día 30 dese mesmo mes. Pola súa parte, a fase de entrevista estenderase do 20 ao 22 de abril e as súas cualificacións daranse a coñecer o día 26. Finalmente, o 10 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.

Máis información aquí.

1 de feb. de 2022

COMEZO DO PERIODO DE INSCRIPCIÓN NAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


Poderán participar as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior e teñan 19 anos ou os fagan neste ano 2022.



Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...