25 de feb. de 2022

Adianto da convocatoria de bolsas do ministerio para o curso 2022-2023: Novo Real Decreto

O Consello de Ministros aprobou hoxe o Real Decreto polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022-2023, o que permitirá adiantar a súa convocatoria uns catro meses. O obxectivo é que o estudantado saiba antes do período de matriculación se cumpre cos requisitos económicos para recibir estas axudas, reducindo así a súa incerteza.

Está previsto que o prazo de solicitude destas axudas abra o próximo mes de marzo.

NOVIDADES MÁIS RELEVANTES:

  1. En primeiro lugar, os prazos cambian: este ano non teremos que esperar ata o mes de agosto e poderemos solicitar a bolsa para o novo curso 2022/2023 dentro dunhas semanas, cando se publique a nova convocatoria.
  2. Redúcese a nota para obter bolsa nos Másteres non habilitantes. (No curso anterior xa se reduciu a nota para os Másteres habilitantes, agora faise tamén para os non habilitantes reducíndose a nota de de 7,00 a 5,00 puntos)
  3. Necesidades educativas especiais: as tipoloxías que quedarán incluídas serán as seguintes: alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta,  trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais,  asociado a trastorno de espectro do autismo, e/ou necesidade específica de apoio educativo asociada a alta capacidade intelectual.
Non hai modificacións nos limiares de renda, patrimonio nin na contía destas axudas, nin tampouco nos requisitos académicos xerais

Lembramos as contías das axudas
         A) Contía fixa ligada á renda: 1700 

        B) Contía ligada á residencia: 1600

        C) Bolsa Básica (só «non universitarios»): 300 € (nos ciclos formativos de Grao Básico será de 350 €)    

        D) Contía variable: o seu importe mínimo segue sendo de 60 euros

        E) Contía fixa ligada á excelencia (en función da nota media do expediente do curso anterior)


  Toca agardar á publicación da convocatoria para coñecer máis novidades e/ou cambios.

Nesta publicación tedes vídeos explicativos do proceso de solicitude da beca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...