17 de feb. de 2022

Axudas para cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Convócanse 14.000 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa, destinadas a estudantes universitarios, de Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores e Formación Profesional de Grao Superior.

Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de Axilidade Oral en Inglés Xeral e modalidade de Inglés Especializado (Ciencias da Saúde e da Vida e Ciencias Sociais e Humanas). Os cursos terán unha duración de corenta horas lectivas distribuídas en cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado pola mañá, con aloxamento en habitacións compartidas e réxime de pensión completa, nas sedes de Santander, Madrid, A Coruña, Conca, Valencia, Sevilla, Tenerife, Barcelona, Cartaxena, A Liña e Pireneos.

Aboaranse 100,00 euros en concepto de reserva de praza. A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso. Os gastos de desprazamento á sede do curso serán por conta da persoa participante.

Deben facerse as inscricións dende o 11/02/2022 ata o 12/03/2022, cumprimentando a solicitude mediante o formulario accesible na dirección web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

REQUISITOS:

  • Ter cumpridos 18 anos a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2022.
  • Obter a condición de bolseiro para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores, Formación Profesional de Grao Superior ou segundo curso de Bacharelato

MÁIS INFORMACIÓN: www.educacionyfp.gob.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...