17 de feb. de 2022

Bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2022.

As inscricións realízanse ata o 04/04/2022, cumprimentando a solicitude mediante o formulario accesible na dirección web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade.

O alumnado abonará 100 euros á empresa que resulte adxudicataria. O traslado desde o domicilio ao centro de destino e desde este a o domicilio será por conta das persoas beneficiarias.

REQUISITOS:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2005.
  • Estar matriculado no curso 2021-2022 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinos deportivos, e de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  • Obter no curso 2021-2022 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
  • Ter aprobadas todas as materias do curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
  • Cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible na dirección web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

MÁIS INFORMACIÓN: www.educacionyfp.gob.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...