29 de mar. de 2023

BOLSAS EUROLINGUA

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 10ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído. 

Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa con bolsa do 100% inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán. Os menores de idade viaxarán o 23 xullo ou 6 de agosto (pendente de revisión). En caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero gestionable @gratuitamente, o billete de avión.
PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA

Ata as 23.59 horas do 19 de abril de 2023.

Para comprobar requisitos pica aquí.
Se non cumpres requisitos pica aquí.

24 de mar. de 2023

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior coa finalidade de dar recoñecemento público aos méritos das persoas que finalizaron no ano 2022 os estudos de formación profesional de grao superior cun excelente rendemento académico. 

A QUEN VAI DIRIXIDO: Para público en xeral 

INSCRICIÓNS: Ata o 20/04/2023 
REQUISITOS: 
  • Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2022. 
  • Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos na normativa vixente. 
REMUNERACIÓN / CUSTO: 1.000 € por premio e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan. 

PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal/premiosedu 
CONTACTO: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades 
 Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela 
Teléfono: 981 546 527 / 881 997 383 
Enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal 
Publicación: DOG 20/03/2023 
 Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento ED311B

20 de mar. de 2023

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2023

 Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 20 ao 24 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

11 de mar. de 2023

CHARLA DA UNIVESIDADE DA CORUÑA (UDC)

 O 10 de marzo tocoulle o turno a Óscar Blanco, técnico de difusión do Servizo do Estudante da UDC, para informarnos sobre a oferta educativa da Universiade da nosa cidade. 


Son moitas as fortalezas desta nosa Universidade, entre elas: 

Ademais disto, e como nas outras Universiades Galegas, contan con Dobles Graos, o que ofrece ao alumnado, nun espazo de tempo máis reducido, contar con dúas titulacións universitarias.

Unha Universidade que é nova, pero que non deixa de medrar e reinventarse respondendo ás necesidades do mercado laboral, implementando progresivamente novas  titulacións (no curso 2022-2023: Grao en Intelixencia Artificial, e Relacións Internacionais)

E, como non vai ser todo estudar, percorremos un pouco pola vida universitaria, coa súa oferta educativa, deportiva, cultural...

Probas de aptitude para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (UVIGO)

O obxectivo das probas de aptitude é o de garantir que a persoa aspirante presente unhas condicións físicas axeitadas e seguras para o aproveitamento dos estudos e acreditar a madurez e as capacidades necesarias en relación cos obxectivos da titulación e o exercicio da profesión do deporte.

A realización e, no seu caso, superación destas probas non exime do requisito de realizar a solicitude de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao do sistema universitario de Galicia baixo a coordinación da Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG)

Requisitos

Poderá participar calquera persoa interesada tendo en conta que para optar a unha praza das ofertadas para iniciar os estudos haberá que estar en condicións de acceder a universidade como son, persoas con título universitario, con titulo de formación profesional, quen supere a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2023/2024.

Non están obrigadas a incribirse nesta convocatoria para repetir as probas, as persoas que teñan superadas no ano natural 2022 probas específicas de acceso á titulación en calquera facultade do sistema universitario español ou, as que as superen en 2023 sempre que sexa con anterioridade á apertura dos prazos que establece a CiUG para o acceso a centros con límite de prazas.

Non terá que realizar esta proba específica de aptitude quen estea acreditado como deportistas de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma.

Documentacion

Na presentación da solicitude:

A UVigo comprobará, de oficio, os datos correspondentes a identidade persoal e, no seu caso, os referidos a discapacidade, familia numerosa e a condición de persoal da UVigo a efectos da concesión de matrícula gratuíta. Non obstante, as persoas que na súa solicitude se opuxesen á consulta de datos pola universidade, ademais de indicalo así no recadro correspondente da solicitude, deberán aportar:

  • Copia do documento nacional de identidade ou equivalente
  • Orixinal electrónico ou copia do certificado de condición legal con discapacidade
  • Orixinal electrónico ou copia do título de familia numerosa
  • Quen alegue ser vítima de terrorismo ou de violencia de xénero deberá acreditar mediante as formas previstas para cada caso.
  • Antes da publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do 15 de maio:
  • Certificado médico expedido nun modelo oficial do colexio médico en data recente (máximo dous meses) no que conste literalmente e completo o seguinte texto: "Non existe ningún tipo de contraindicación que impida a realización de probas físicas de máximo esforzo". No caso de persoas que residan no estranxeiro poderán presentar o modelo de certificado médico oficial do país de residencia incluíndo o texto en inglés: “There is no contraindication to the completion of the maximal exercise stress tests”

O día das probas:

Todas as persoas aspirantes deberán asistir provistas do DNI ou documento equivalente.

Observacións

As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude).



7 de mar. de 2023

CHARLA SOBRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (USC): ABAU E ADMISIÓN NO SUG

María Luz Zas Varela, profesora de Lingüística Xeral na Facultade de Filoloxía, acudiu ao noso centro o martes 07 de marzo, para presentar os estudos da Universidade de Santiago ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior. 


Falounos do sentido e desenvolvemento da ABAU, os procesos de admisión no SUG (Sistema Universitario de Galicia) e a oferta académica e de servizos da USC (Universidade de Santiago de Compostela), tanto no campus de Santiago coma no de Lugo)
Comparto as presentacións que utilizou para informar ao alumnado.

CHARLA SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL NO IES A SARDIÑEIRA

Ana Álvarez, a nosa dinamizadora da Formación Profesional no centro, estivo co alumnado do Bacharelato na Biblioteca do centro para proporcionarlles información sobre a FP, e máis en concreto da modalidade Dual. 
Explicounos o sentido da FP Dual como modalidade compartida entre o centro educativo e a empresa. 

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Cales son os requisitos para acceder á FP dual?

Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:

  • Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Cal é o prazo para solicitar matrícula nun ciclo de FP dual?

Con carácter xeral, no mes de xuño de cada ano. Adicionalmente, en ocasións, pódese realizar a solicitude de matrícula noutros momentos do ano. No portal educativo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe " Coñece a FP ", dispós de toda a información dos prazos de solicitude e da oferta de FP dual.

Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?

O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?

O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo (mínimo dun 50% do SMI), utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

Modalidades de FP Dual: grupo completo e grupo ordinario
  • Na FP DUAL de grupo completo, os dous cursos son mixtos entre o centro educativo e a empresa. Cada curso dura 1 ano completo 
  • Na FP de ordinario, o 1º curso no centro educativo e o 2º curso é mixto, acudindo á empresa tras cursar o 1º trimestre no centro.
Velaquí as presentacións empregadas por Ana. Mil grazas!

A Xunta convoca as probas para obter os certificados Celga nos seus catro niveis.

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
7- 27 de marzo.

PROCESO DE SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN
  • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. 
  • Opcionalmente, poderán presentarse de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa administrativa vixente
  • As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade publicarase no Portal da Lingua Galega.
LUGAR CELEBRACIÓN DAS PROBAS
Nos meses de maio e xuño, de forma presencial e simultánea en Santiago de Compostela, para os catro niveis, e en Ponferrada, para os niveis 2, 3 e 4. 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS
As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega. 
Unha vez realizados os exames, os resultados provisionais publicaranse no dito portal no prazo máximo de dous meses desde a súa realización.
Os certificados de lingua galega (Celga) poden obterse a través da superación destas probas que convoca periodicamente a Xunta de Galicia ou ben a través da validación de estudos nos supostos recollidos na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, na que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL - XOUP 2023

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña xunto coa Universidade da Coruña organiza as “XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL - XOUP 2023” nas que tamén colaboran as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, os centros de FP da cidade e a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.

 DESTINATARIOS: 

Persoas que estean matriculadas en bacharelato ou formación profesional e que desexen coñecer os estudos das universidades públicas da comunidade autónoma galega, así como os estudos superiores de deseño que se imparten na cidade.

As datas de celebración son as seguintes:
  • Do 20 ao 24 de marzo presentación dos estudos universitarios na Escola Técnica Superior de Ingeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña). Tamén haberá unha mesa sobre os estudos militares e de policía.
  • Do 27 ao 30 de marzo visitas aos centros públicos de FP da cidade para coñecer a oferta de ciclos formativos. O alumnado de 4º da ESO, Bacharelato e FP, pode inscribirse nestas visitas.
  • O 30 de marzo presentación dos Estudos Superiores de Deseño, Arte dramática e Restauración na EASD Pablo Picasso.
No seguinte enlace poden ver toda a información relativa á edición deste ano, e o enlace á ficha de inscrición que estará aberto do 6 ao 16 de marzo.
 
 
Destacar as seguintes novidades na edición deste ano:
  • A inscrición faina directamente a persoa que vai a asistir ás Xornadas, para esto deben de facilitar un correo electrónico de contacto que será ao que lle enviarán as credenciais para acceder ás XOUP. No caso de precisar facer algún cambio na solicitude poderán facelo empregando a clave que se lle facilita ao correo electrónico, unha vez que fai a inscrición inicial.
  • No centro haberá cartaces das XOUP no centro. Este documento ten un código QR que permite o acceso directo á información do programa na web de educación.
  • O espazo de celebración das mesas universitarias é diferente do doutros anos. Realizaranse na Escola Técnica Superior da Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, ubiacada no Campus de Elviña.
  • As mesas universitarias que se imparten na semana do 20 ao 24 de marzo vanse grabar e emitir con posterioridade no canal de YouTube da Concellaría de Educación @CorunaEducaMemoria
Para aclarer calquera dúbida, podedes facelo a través do enderezo electrónico educacion@coruna.gal.

INSCRICIÓN
A solicitude en linea faina directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo ao que pertence, as mesas e visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais.
Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOUP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

PRAZO
  • A inscrición é do 2 ao 16 de marzo para o alumnado dos centros da cidade.
  • A inscrición para o alumnado de centros de fóra da cidade é do 13 ao 16 de marzo.
ACCESO Ás XORNADAS
O alumnado tine que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOUP.
A organización pode solicitar que a acode asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.
MÁIS INFORMACIÓN:

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Avda. da Mariña, 18 - 2º. 15001 A Coruña
Tel.: 981 184 200 ext. 12027 // 12039 // 12047
educacion@coruna.es www.coruna.gal/educacion

REDE DE INFORMACIÓN XUVENIL
Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294
Espazo de información xuvenil - C. C. Cidade Vella. Tel. 981 189 885 (ext. 10803 // 10804)
Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325)
Telegram //Whatsapp: 606 362 366.
cmix@coruna.gal www.coruna.gal/informacionxuvenil
Horario: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. sábados de 10 a 14 h.

SERVIZO DE ESTUDANTES - UDC
Vicerrectoría de Estudantes, Participación e Empregabilidad
Pavillón de estudantes. Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña.
Tel.: 881 01 1964 - 881 01 1192 - 881 01 1190
lerdcoruna@udc.gal

4 de mar. de 2023

AXUDAS PARA UN CURSO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS: BACHARELATO E CICLOS

O Ministerio de Educación e Formación Profeisonal convoca axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés.  Son bolsas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.

Os beneficiarios asistirán a un curso organizado por empresas contratadas por este Ministerio, debendo abonar unha parte do custo.

Destinatarios 
Alumnos bolseiros que cumpran os requisitos establecidos.

Prazo de presentación de solicitudes 
Desde o 01 de febreiro de 2023
Ata o 03 de abril de 2023


Duración:

1 semana no mes de xullo de 2023.

Requisitos 
  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro do 2006.
  • Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional nalgún dos estudos apuntados no punto seguinte conforme á Resolución do 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (Extracto publicado no BOE do 12 de marzo).
  • Estar matriculado no curso 2022/23 en:
            Bacharelato
            Ensinos profesionais de música e danza
            Grao medio de Formación Profesional
            Grao medio de artes plásticas e deseño
            Grao medio de ensinos deportivos
            Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2021-2022 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9,00 na materia de inglés.
  • Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior na materia de inglés. A esta nota sumaranse 1,5 puntos aos solicitantes de nova adxudicación.
Dotación 
A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno que, así mesmo, debe abonar 100 euros á empresa.



Instrucións para a solicitude

A solicitude débese realizar a través do botón "Acceso ao servizo en liña" que figura na parte superior da páxina do Ministerio. Tras cumprimentar os seus datos, o solicitante obterá un persoal ou certificado, que deberá imprimir e presentar no seu centro de estudos, para que este certifique os datos académicos necesarios para valorar a súa solicitude.
Unha vez obtido este certificado, o solicitante escanearao e achegarao a través da aplicación informática que utilizou anteriormente. Só entón poderá completar o proceso de presentación da solicitude.
Por tanto, é moi importante que se inicien as xestións con suficiente antelación para completar todo o proceso antes de que finalice o prazo de presentación. Así mesmo, débense ler coidadosamente as instrucións que figuran no formulario de solicitude.



 A CIUG ten xa dispoñible o Protocolo ABAU 2023.

CONVOCATORIA ORDINARIA: 6, 7, 8 DE XUÑO, CO SEGUINTE HORARIO

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: 11, 12, 13 DE XULLO, CO SEGUINTE HORARIO


1 de mar. de 2023

COMEZO DO PROCESO DE ADMISIÓN

 Desde hoxe e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2023/24 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.
A aplicación admisionalumnado posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao gravar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
Mantense tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Máis información sobre o proceso na presentación que segue, e en  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

COMEZO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2022-2023

Desde hoxe e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2023/24 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

A aplicación admisionalumnado posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao gravar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Mantense tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Máis información sobre o proceso na presentación que segue, e en  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 


Admisión 2022-2023 de Veronica

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...