4 de mar. de 2023

AXUDAS PARA UN CURSO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS: BACHARELATO E CICLOS

O Ministerio de Educación e Formación Profeisonal convoca axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés.  Son bolsas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.

Os beneficiarios asistirán a un curso organizado por empresas contratadas por este Ministerio, debendo abonar unha parte do custo.

Destinatarios 
Alumnos bolseiros que cumpran os requisitos establecidos.

Prazo de presentación de solicitudes 
Desde o 01 de febreiro de 2023
Ata o 03 de abril de 2023


Duración:

1 semana no mes de xullo de 2023.

Requisitos 
  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro do 2006.
  • Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional nalgún dos estudos apuntados no punto seguinte conforme á Resolución do 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (Extracto publicado no BOE do 12 de marzo).
  • Estar matriculado no curso 2022/23 en:
            Bacharelato
            Ensinos profesionais de música e danza
            Grao medio de Formación Profesional
            Grao medio de artes plásticas e deseño
            Grao medio de ensinos deportivos
            Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2021-2022 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9,00 na materia de inglés.
  • Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior na materia de inglés. A esta nota sumaranse 1,5 puntos aos solicitantes de nova adxudicación.
Dotación 
A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno que, así mesmo, debe abonar 100 euros á empresa.



Instrucións para a solicitude

A solicitude débese realizar a través do botón "Acceso ao servizo en liña" que figura na parte superior da páxina do Ministerio. Tras cumprimentar os seus datos, o solicitante obterá un persoal ou certificado, que deberá imprimir e presentar no seu centro de estudos, para que este certifique os datos académicos necesarios para valorar a súa solicitude.
Unha vez obtido este certificado, o solicitante escanearao e achegarao a través da aplicación informática que utilizou anteriormente. Só entón poderá completar o proceso de presentación da solicitude.
Por tanto, é moi importante que se inicien as xestións con suficiente antelación para completar todo o proceso antes de que finalice o prazo de presentación. Así mesmo, débense ler coidadosamente as instrucións que figuran no formulario de solicitude.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...