1 de mar. de 2023

COMEZO DO PROCESO DE ADMISIÓN

 Desde hoxe e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2023/24 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.
A aplicación admisionalumnado posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao gravar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
Mantense tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Máis información sobre o proceso na presentación que segue, e en  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...