11 de mar. de 2023

Probas de aptitude para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (UVIGO)

O obxectivo das probas de aptitude é o de garantir que a persoa aspirante presente unhas condicións físicas axeitadas e seguras para o aproveitamento dos estudos e acreditar a madurez e as capacidades necesarias en relación cos obxectivos da titulación e o exercicio da profesión do deporte.

A realización e, no seu caso, superación destas probas non exime do requisito de realizar a solicitude de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao do sistema universitario de Galicia baixo a coordinación da Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG)

Requisitos

Poderá participar calquera persoa interesada tendo en conta que para optar a unha praza das ofertadas para iniciar os estudos haberá que estar en condicións de acceder a universidade como son, persoas con título universitario, con titulo de formación profesional, quen supere a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2023/2024.

Non están obrigadas a incribirse nesta convocatoria para repetir as probas, as persoas que teñan superadas no ano natural 2022 probas específicas de acceso á titulación en calquera facultade do sistema universitario español ou, as que as superen en 2023 sempre que sexa con anterioridade á apertura dos prazos que establece a CiUG para o acceso a centros con límite de prazas.

Non terá que realizar esta proba específica de aptitude quen estea acreditado como deportistas de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma.

Documentacion

Na presentación da solicitude:

A UVigo comprobará, de oficio, os datos correspondentes a identidade persoal e, no seu caso, os referidos a discapacidade, familia numerosa e a condición de persoal da UVigo a efectos da concesión de matrícula gratuíta. Non obstante, as persoas que na súa solicitude se opuxesen á consulta de datos pola universidade, ademais de indicalo así no recadro correspondente da solicitude, deberán aportar:

  • Copia do documento nacional de identidade ou equivalente
  • Orixinal electrónico ou copia do certificado de condición legal con discapacidade
  • Orixinal electrónico ou copia do título de familia numerosa
  • Quen alegue ser vítima de terrorismo ou de violencia de xénero deberá acreditar mediante as formas previstas para cada caso.
  • Antes da publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do 15 de maio:
  • Certificado médico expedido nun modelo oficial do colexio médico en data recente (máximo dous meses) no que conste literalmente e completo o seguinte texto: "Non existe ningún tipo de contraindicación que impida a realización de probas físicas de máximo esforzo". No caso de persoas que residan no estranxeiro poderán presentar o modelo de certificado médico oficial do país de residencia incluíndo o texto en inglés: “There is no contraindication to the completion of the maximal exercise stress tests”

O día das probas:

Todas as persoas aspirantes deberán asistir provistas do DNI ou documento equivalente.

Observacións

As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude).



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...