7 de mar. de 2023

A Xunta convoca as probas para obter os certificados Celga nos seus catro niveis.

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
7- 27 de marzo.

PROCESO DE SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN
  • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. 
  • Opcionalmente, poderán presentarse de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa administrativa vixente
  • As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade publicarase no Portal da Lingua Galega.
LUGAR CELEBRACIÓN DAS PROBAS
Nos meses de maio e xuño, de forma presencial e simultánea en Santiago de Compostela, para os catro niveis, e en Ponferrada, para os niveis 2, 3 e 4. 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS
As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega. 
Unha vez realizados os exames, os resultados provisionais publicaranse no dito portal no prazo máximo de dous meses desde a súa realización.
Os certificados de lingua galega (Celga) poden obterse a través da superación destas probas que convoca periodicamente a Xunta de Galicia ou ben a través da validación de estudos nos supostos recollidos na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, na que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...