9 de xuño de 2021

Oferta de ciclos formativos de FP para o curso 2021-2022

Clicando na imaxe podes atopar a oferta de ciclos formativos para o curso 2021/2022 (polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en centros públicos).

Nota: O número de prazas ofertadas por ciclo formativo podería sufrir algunha modificación.


A Xunta convoca os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/2021

A Xunta de Galicia vén de convocar os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/2021, uns galardóns cos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade quere facer un recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa que remata cuns resultados académicos salientables.

Serán un total de 20 alumnos os que poidan acceder a estes premios, de entre os que estean cursando este ano o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos.

A contía de cada premio ascende a 800€. Ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto entre o 7 de xuño e o 6 de xullo. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática PremiosEdu accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou directamente desde a propia aplicación.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Proba

Será presencial e terá carácter único en toda a Comunidade. Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias obxecto da proba.


A proba estrutúrase en dúas partes (por unha banda proba referida ás materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, e Primeira lingua estranxeira, e por outra, as propias de Xeografía e historia, unha materia xeral do bloque de materias troncais (Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas) e unha materia a escoller de entre as de opción do bloque de materias troncais cursadas -Bioloxía e xeoloxía, ou Economía, ou Física e química, ou Latín, ou Ciencias aplicadas á actividade profesional, ou Iniciación á actividade emprendedora e empresarial, ou Tecnoloxía-).

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...