9 de xul. de 2023

Publicación da relación provisional de solicitudes admitidas e excluidas no proceso de admsión á Formación Profesional.

Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse hoxe na relación provisional de solicitudes , que non son listaxes de prazas adxudicadas. 

Para consultar a situación persoal nas listaxes deberase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión, xa que os datos de identificación serán substituídos poe ese código. O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. 

Unha das vías para de acceder a Ciclosadmisión, tanto ao historial persoal de admisión como para poder obter o CPC, é empregar o código de solicitude e o número do documento oficial de identidade. 

No momento en que se completa unha solicitude de admisión a ciclos formativos de FP o asistente informático xera un documento PDF de resgardo. Neste resgardo aparece o código de solicitude tal e como se mostra na imaxe:


Poderase acceder na aplicación directamente empregando o DNI/NIE/pasaporte e o código da solicitude. 
  • Primeiro hai que seleccionar na pantalla de inicio de Ciclosadmisión a ligazón “Admisión FP: Consulta de solicitudes validadas” ou “Admisión FP: Ver código persoal de consulta” 


  • Na pantalla que aparece haberá que escribir o número do documento oficial de identificación (DNI, NIE ou pasaporte, sempre coas letras en maiúscula) empregado no proceso de admisión e o código de solicitude.

  • Aparecerá unha pantalla co código persoal de consulta que nos identificará en todas as listaxes públicas do proceso de admisión. 


Nesta aplicación tamén se poderá consultar toda a información do historial persoal do proceso de admisión (datos persoais, solicitudes e adxudicación de prazas), así como realizar accións como a reserva de matrícula ou a renuncia a prazas adxudicadas nos prazos establecidos para o efecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...