9 de xul. de 2023

Publicación da listaxe provisional de solicitudes de FP Básica

Hoxe publícase a listaxe provisional de persoas propostas para a incorporación ás ensinanzas de formación profesional básica coa información das solicitudes. Os centros de orixe comproban a corrección da información publicada e teñen ata o día 12 de xullo ás 14:00 horas para realizar as emendas que sexan necesarias. 

As persoas que desexen reclamar contra a listaxe provisional de solicitudes teñen desde o 10 de xullo ás 9:00 horas ata o 12 de xullo ás 13:00 horas. Serán os centros de orixe os encargados de emendar a información da listaxe. 

Toda a información aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2027-2028

O Concello da Coruña convoca bolsas para que alumnado de 4º da ESO poida cursar 1º de Bacharelato en Canadá durante o curso 2027/28. Prazo d...