26 de feb. de 2021

NOVA LEI EDUCATIVA: LOMLOE

Nesta presentación da compañeira Lourdes Otero, podedes coñecer os aspectos básicos da nova lei educativa

UNIFERIA 2021

Cada ano, a Conferencia de Reitores de Universidades organiza unha actividade divulgativa a nivel estatal, na que podedes aprender máis sobre as alternativas na Universidade. Clicando na imaxe, podedes obter información sobre os graos existentes en todo o territorio español.

9 de feb. de 2021

Ollo coa obesidade infanto-xuvenil

A obesidade tamén é unha pandemia entre os nosos fillos e fillas. Os factores que máis inflúen para a prevención desta situación son os relacionados coa actividade físca (evitación do sedentarismo) e a alimentación. Nesta infografía, contades con algunhas cuestións que deberían alertarnos para a mellora destes dous aspectos. Máis deporte e máis froita e verdura son as claves dunha vida saudable.

A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2027-2028

O Concello da Coruña convoca bolsas para que alumnado de 4º da ESO poida cursar 1º de Bacharelato en Canadá durante o curso 2027/28. Prazo d...