Blogue deseñado co fin de axudar ao meu alumnado no deseño do seu proxecto persoal, académico e profesional
18 de xan. de 2022
11 de xan. de 2022
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado.
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2027-2028
O Concello da Coruña convoca bolsas para que alumnado de 4º da ESO poida cursar 1º de Bacharelato en Canadá durante o curso 2027/28. Prazo d...
-
Para consultar o estado da miña solicitude de admisión en FP, e se estou admitida/o nalgún ciclo, os pasos a seguir son sinxelos: Accedemos...
-
A s III Xornadas de Orientación Artística e Profesional ( XOAP 2026 ) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concel...
-
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de convocar as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026-2027, d...