30 de mar. de 2022

Aberto o plazo de solicitude de becas para o ensino postobrigatorio (estudos universitarios, FP, Bacharelato e outros)


Dende hoxe, e ata o 12 de maio de 2022, está aberto o prazo para solicitar a beca para estudos postobtigatorios, do Ministerio de Educación. Xunto de novo a información:

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

BENEFICIARIOS

Alumnado que curse: 
  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticos: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivos
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico
Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

REMUNERACIÓN:

  • Contías fixas:
    • Bolsa básica: 300,00 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
    • Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros.
    • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600,00 euros.
    • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros.

  • Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

REQUISITOS:

  • Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa.
  • Requisitos académicos: non estar repetindo curso, e con carácter xeral (agás algún suposto) matricularte no curso completo. Máis info aquí
  • Cumprir os requisitos que se fixan no Real Decreto 471/2021, de 29 de xuño, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional
  • A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. A efectos das bolsas e axudas ao estudo do curso 2022-2023, computarase o exercicio 2021.

SOLICITUDE:

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Tamén podes empregar a  Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles.

Unha vez dentro, tes que cubrir o formulario en liña. Non che pedirán documentación, porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegues algún documento concreto.

Se aínda así che quedan dúbidas, diríxete a:
  • Unidade de bolsas
Unidade de Bolsas que che corresponda
  • Teléfono
Oficina de Atención ao Cidadán: 910 837 937


E algúns videos explicativos







Toda a información en:


XORNADAS DE PORTAS ABERTAS UDC



O Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organiza hoxe as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV), vía Teams, dirixidas ao Futuro Alumnado de Graos Universitarios.

Nas Xornadas poderedes:

- Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderás facer consultas aos relatores. 
- Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.   
- Participar nos retos e obradoiros, nos que conseguir premios. 

Instrucións para conectarte: todas as videoconferencias/chats en vivo realízanse a través de Microsoft Teams

  • Busca a/s videoconferencia/s - chat/s nas que queres participar e o seu horario. Na ficha de cada grao encontrarás o horario, a ligazón para unirte á charla e máis información que te pode axudar.
  • Á hora escollida para unirte preme na ligazón "Unirse a..." e logo preme en "unirse ahora". Se non tes instalado Teams poderás escoller continuar nese explorador sen instalalo (segundo o teu navegador); só se te queres unir ás videoconferencias desde o teu móbil ou tableta é posible que necesites instalalo
  • Caseta "Punto de Información". Se tes calquera dúbida sobre acceso, admisión, queres información xeral sobre as titulacións ou do desenvolvemento destas Xornadas, estaremos á túa disposición nesta caseta de 15:30 a 20:00 h.

    Entra na caseta


Ademais, o delegado da CiUG, Pedro Armas Diéguez,  impartirá dúas charlas sobre ABAU e Preinscrición:

O día 30 de marzo as 16:00 h - Unirse á videoconferencia
O día 31 de marzo as 16:00 h - Unirse á videoconferencia


Recoméndovos non perdelo!

Calquera dúbida sobre acceso, admisión ou información xeral sobre titulacións, podes consultala en: sape@udc.es

Primavera xove

 

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento. 

Clica na imaxe para ter toda a información.


Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio, en tres formatos diferentes:

  • Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. 
  • » Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.
  • » Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia. 

 

1. Programación de Semana Santa e de fin de semana en albergues xuvenís

En 8 instalacións diferentes: albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), albergue xuvenil Marina Española (Sada), albergue xuvenil Area (Viveiro), albergue LugII (Lugo), albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa), campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei), Residencia de Tempo Libre do Carballiño e Estación de Montaña de Manzaneda . O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións é de 20, agás no caso da quenda de Semana Santa de Manzaneda, que será de 40 prazas. 

Ofertaranse un total de 600 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto; ao mesmo tempo que se achega un recurso de coidado durante períodos non lectivos para as familias galegas.

Dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude. 

-Cando?

  • Quenda de Semana Santa: do 10 ao 17 de abril
  • Quenda de fin de semana: do 22 ao 24 de abril
  • Quenda de fin de semana: do 29 de abril ao 1 de maio
  • Quenda de fin de semana: do 6 ao 8 de maio

-Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día 25 de marzo ás 12.30 horasFORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

-Prezo do programa

25 euros para as actividades de fin de semana e de 150 euros para a Semana Santa. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo.

 

2. Feiras Primavera Xove nos 12 Espazos Xoves

Venres e xoves do mes de abril e comezos de maio, e de xeito totalmente gratuíto, cada Espazo Xove celebrará unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna. Aínda que cada unha terá as súas particularidades e nela participarán persoas diferentes, haberá varios denominadores comúns:

  • Venres/xoves pola mañá: charla formativa coa participación dos institutos de cada zona e convite a coñecer o espazo xove.
  • Venres/xoves pola tarde: celebraranse varios obradoiros de cultura urbana, artes, emprendemento, etc. e tamén haberá actuacións musicais.


3. Encontros de formación e networking nos campus universitarios

Gratuíta, para ofrecer alternativas de ocio formativo e responsable5 tipos de actividades diferentes, que itinerarán polos campus de A Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade. 

.

25 de mar. de 2022

Bolsas Eurolingua

Eurolingua Venairlanda convoca 20 bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda de 2 semanas de duración, durante o verán de 2022, nun programa de inmersión lingüística dirixido a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou FP.



A bolsa cubre o 100% dos gastos do Programa (agás o billete de avión de ida e volta ao lugar de destino do curso que correrá a conta de cada participante): recollida no aeroporto e aloxamento en familia ou residencia/apartamentos, programa de 20 clases de inglés semanais e material didáctico, programa de actividades culturais e visitas, supervisión por monitores de Eurolingua no destino



INSCRICIÓNS:

Ata o 13/04/2022

REQUISITOS:

  • Ter nacido con anterioridade ao 31 decembro de 2007
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE
  • Estar matriculado no curso escolar 2021-2022 en algún dos seguintes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria oficial (grao, máster e/ou doutorado) en calquera punto de España.
  • Ter una media do expediente académico de, polo menos, 6 puntos
  • Non ter gozado desta bolsa con anterioridade

Máis información en:









Xogos para estudar os ríos de España e de Europa

 Déixovos aquí unha ligazón con xogos para estudar os ríos dun xeito máis divertido.



16 de mar. de 2022

Promoción e titulación na nova normativa académica

 Xunto a seguinte presentación, da compañeira Lourdes Otero, que resume brevemente os aspectos máis relevantes da nova normativa de avaliación.

Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) da Universidade da Coruña


O Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organiza as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV), vía Teams, dirixidas ao Futuro Alumnado de Graos Universitarios, os días 30 e 31 de marzo de 2022.

Nas Xornadas poderedes:

- Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderás facer consultas aos relatores. 
- Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.   
- Participar nos retos e obradoiros, nos que conseguir premios. 

Os dous días das xornadas, ás 16:00h, comezarán coa charla en directo sobre as ABAU - PREINSCRICIÓN do profesor Pedro Armas, Delegado da UDC ante a  CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022

Recoméndovos non perdelo!

Calquera dúbida sobre acceso, admisión ou información xeral sobre titulacións, podes consultala en: sape@udc.es

15 de mar. de 2022

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2022


Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2022, e as instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2022.

14 de mar. de 2022

Novos graos nas tres universidades galegas

Nesta infografía, contades con acceso directo á informacións sobre os novos graos nas tres universidades galegas.
NOVIDADES NA UDC de Veronica

Bolsas 2022-2023

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

Dende o día 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022, ás 24,00h, hora peninsular, ambos inclusive.

BENEFICIARIOS

Poderá solicitar as becas o alumnado que curse: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticos: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico
Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

REMUNERACIÓN:

  • Contías fixas:
    • Bolsa básica: 300,00 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
    • Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros.
    • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600,00 euros.
    • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros.

  • Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

REQUISITOS:

  • Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa.
  • Requisitos académicos: non estar repetindo curso, e con carácter xeral (agás algún suposto) matricularte no curso completo. Máis info aquí
  • Cumprir os requisitos que se fixan no Real Decreto 471/2021, de 29 de xuño, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional
  • A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. A efectos das bolsas e axudas ao estudo do curso 2022-2023, computarase o exercicio 2021.

SOLICITUDE:

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Tamén podes empregar a  Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles.

Unha vez dentro, tes que cubrir o formulario en liña. Non che pedirán documentación, porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegues algún documento concreto.

Se aínda así che quedan dúbidas, diríxete a:
  • Unidade de bolsas
Unidade de Bolsas que che corresponda
  • Teléfono
Oficina de Atención ao Cidadán: 910 837 937


E algúns videos explicativos







Toda a información en:




4 de mar. de 2022

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición da convocatoria 2022

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis info aquí

2 de mar. de 2022

Bolsas comedor curso 2022/2023

 O Concello da Coruña convoca bolsas de comedor para o curso escolar 2022/2023 destinadas ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Máis información clicando na imaxe.



Bolsas CANADÁ 2022-2023

A bolsa ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.para cursar estudos en Canadá. 

Pode ser unha bolsa PARCIAL OU TOTAL:

  • - Bolsa total: beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000 € anuais de renda per cápita.
  • - Bolsa parcial: o Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000 € anuais de renda per cápita (en función da súa renda).

REQUISITOS:

  • Residir e estar empadroado co pai/nai/representante legal, no seu caso, no momento da solicitude na cidade.
  • Estar matriculado e cursando 4.º de ESO no curso 2021-2022 nun centro da cidade da Coruña.
  • Contar no curso de 3.º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3.º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés)
  • Dar o consentimento, tanto o menor como os seus proxenitores ou titores legais, no seu caso, para participar no programa e aceptar as bases que o regulan.

INSCRICIÓN:

    En liña, na web www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "BOLSAS CANADÁ 2022-23" do 25 de febreiro ao 11 de marzo de 2022. Feita a inscrición, o sistema elabora un xustificante cun número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso de selección.

    A documentación* do expediente e o xustificante da inscrición en liña, deberá presentarse nos rexistros municipais ou en calquera dos lugares establecidos na Lei 39/2012 do  Procedemento Administrativo Común das AAPP

    * As persoas que se presentaron con anterioridade á convocatoria Bolsas USA 2022-23 e que presentasen por rexistro a documentación requirida, poderán dar a súa consentimineto, a través da ficha de inscrición on-line de Bolsas CANADÁ 2022-23, para que o Concello dea traslado da devandita documentación ao novo expediente. Aínda así terán que presentar por rexistro o xustificante da inscrición no programa Bolsas CANADÁ 2022-2023 


    Máis información clicando na imaxe




    Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

    A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...