2 de mar. de 2022

Bolsas CANADÁ 2022-2023

A bolsa ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.para cursar estudos en Canadá. 

Pode ser unha bolsa PARCIAL OU TOTAL:

  • - Bolsa total: beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000 € anuais de renda per cápita.
  • - Bolsa parcial: o Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000 € anuais de renda per cápita (en función da súa renda).

REQUISITOS:

  • Residir e estar empadroado co pai/nai/representante legal, no seu caso, no momento da solicitude na cidade.
  • Estar matriculado e cursando 4.º de ESO no curso 2021-2022 nun centro da cidade da Coruña.
  • Contar no curso de 3.º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3.º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés)
  • Dar o consentimento, tanto o menor como os seus proxenitores ou titores legais, no seu caso, para participar no programa e aceptar as bases que o regulan.

INSCRICIÓN:

    En liña, na web www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "BOLSAS CANADÁ 2022-23" do 25 de febreiro ao 11 de marzo de 2022. Feita a inscrición, o sistema elabora un xustificante cun número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso de selección.

    A documentación* do expediente e o xustificante da inscrición en liña, deberá presentarse nos rexistros municipais ou en calquera dos lugares establecidos na Lei 39/2012 do  Procedemento Administrativo Común das AAPP

    * As persoas que se presentaron con anterioridade á convocatoria Bolsas USA 2022-23 e que presentasen por rexistro a documentación requirida, poderán dar a súa consentimineto, a través da ficha de inscrición on-line de Bolsas CANADÁ 2022-23, para que o Concello dea traslado da devandita documentación ao novo expediente. Aínda así terán que presentar por rexistro o xustificante da inscrición no programa Bolsas CANADÁ 2022-2023 


    Máis información clicando na imaxe




    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

    Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...