18 de ago. de 2021

Admisión a ciclos de grao medio de Formación Profesional curso 2021-2022, período extraordinario

CALENDARIO DE ADMISIÓN:

SÓ PARA CICLOS MEDIOS:

  • Presentación de solicitudes período extraordinario do 1 ao 9 de setembro ás 13:00h.
  • Listaxe provisional de solicitudes: 14 de setembro.
  • Reclamación á listaxe provisional: do 14 ao 16 de setembro ás 13:00h.
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 21 de setembro.
  • 2ª adxudicación extraordinaria 21 de setembro
  • Matrícula do 21 ao 24 de setembro ás 13:00h.
  • Adxudicación continuada (chamamento): do 28 de setembro ás 9:00h ao 1 de outubro ás 13:00h.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

RÉXIME ORDINARIO: 

  • Consultar oferta:
  • Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentaciónque poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser seladadatada e validada.
  • Adxudicación de praza: logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades:
    • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Estar matriculada en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada  na FP Dual ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.
    • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza á que se renuncia.
    • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

RÉXIME PARA PERSOAS ADULTAS:

  • Consultar oferta:
  • Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentacón necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
  • Adxudicación de praza: logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades: 
    • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Quedará en lista de espera dos módulos do ciclo no que se matricule e que non foran adxudicados. Estar matriculado en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada  na FP Dual ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.. 
    • 2ª Non matricularse: seguirase no proceso de adxudicación para os módulos nos que estea en espera.

7 de ago. de 2021

ADMISIÓN NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Consellería de Educación vén de publicar a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, coa normativa para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no curso 2021-2022.



REQUISITOS: 
  • Ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO. 
  • Estar en posesión do DNI ou NIE (non é valido o pasaporte)
  • O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país no que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1º de nivel básico a través das seguintes vías: 
- As persoas procedentes das probas de clasificación poderán incorporarse ao curso que corresponda
- As titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos dun idioma, establecidos o anexo da Orde do 21 de xuño de 2016, darán acceso ao 1º curso do nivel inmediatamente  superior ao acreditado. No caso de galego e español para estranxeiros, serán os títulos e certificados establecidos anexo I da Resolución do 17 de xuño de 2021
O alumnado con título de Bacharelato pode acceder ao 1º curso do nivel B1 da lingua cursada como primeira lingua extranxeira.

Deberá facer PREINSCRICIÓN :

  • Alumnado de novo acceso, a través da aplicación informática, según as instrucións sinaladas na Resolución e no prazo do 1 ó 14 de setembro de 2021. 
  • Persoas que solicitan cursar estudos en 1º curso de nivel básico dun idioma por primeira vez. Teñen consideración de novo acceso a efectos de preinscripción e adxudicación de prazas o seguinte alumnado:
  1. Alumnado procedente das probas de clasificación.
  2. Alumnado que solicita acceso directo por titulación.
  3. Alumado que se incorpora á ensinanza presencial tras superar as probas certificación polo réxime libre.
  4. Alumnado procedente de traslado de expediente.
  5. Antigo alumnado que non estivera matriculado polo réxime oficial no curso 2020-2021.

Acceso por PROBAS DE CLASIFICACIÓN:

Teñen dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma:
  • Persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
  • Persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores.
O resultado das probas de clasificación ten unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de preinscrición e formalización da matrícula

Deberán facer MATRÍCULA :
  • Alumnado oficial do curso 2020/21 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021/22 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria, (non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo III, e formalizar a matrícula na secretaría da EOI ou sección, se é o caso, nos prazos establecidos na circular).
  • O alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse tamén no prazo extraordinario. 

PRAZOS:
  • Período de matrícula ordinaria: Do 1 ao 9 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2020-2021 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021-2022 e supere todas as destrezas na convocatoria ordinaria.
  • Período de matrícula extraordinaria: Do 9 ao 30 de setembro, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo de alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 9 e o 16 de setembro. 
  • Do 1 ao 9 de setembro, segundo as necesidades de cada escola, poderase permitir a matrícula do alumnado apto en xuño que non formalizara a súa matrícula no prazo establecido.
  • Unha vez rematado o proceso de matrícula, e ata o día 8 de outubro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións de alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición.

3 de ago. de 2021

Bolsas de carácter xeral para estudos postobligatorios non universitarios

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas de carácter xeral para o curso académico 2021-2022, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.


Ata o 30/09/2021

REQUISITOS:

  • Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa.
  • Estar a cursar algunhas dos seguintes ensinos postobligatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
    • Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
    • Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
    • Ensinos artísticos profesionais.
    • Ensinos deportivos.
    • Ensinos artísticos superiores.
    • Estudos relixiosos superiores.
    • Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
    • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de formación profesional.
    • Ciclos Formativos de Grao Básico
  • Cumprir os requisitos que se fixan no Real Decreto 471/2021, de 29 de xuño, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional
  • A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. A efectos das bolsas e axudas ao estudo do curso 2021-2022, computarase o exercicio 2020.

REMUNERACIÓN:

Compoñentes das bolsas e contías:

  • Contías fixas:
    • Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros.
    • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600,00 euros.
    • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros.
    • Bolsa básica: 300,00 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
  • Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

No seguinte enlace, poderás resolver dúbidas sobre o proceso, a través do visionado dos vídeos.
https://www.becaseducacion.gob.es/dudas/videos.html 

Velaquí un pequeno resumo dos contidos clave:


PÁXINA WEB:

www.becaseducacion.gob.es


Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2021-2022.


💰 Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2021-2022, convocadas polo Ministerio de Educación y Formación Profesional para destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo. 

📅 Até o 30 de setembro.

REQUISITOS:
  • Poderá solicitar as axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
  • Non superar unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
  • Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
  • Estar a cursar en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnado que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
  • Para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa.

REMUNERACIÓN:
Compoñentes das axudas e contías:
Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.

Ensino: ata 862,00 euros.
Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
Comedor escolar: ata 574,00 euros.
Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
Transporte urbano: ata 308,00 euros.
Libros e material didáctico:
Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros.
Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204,00 euros.


⬇️⬇️⬇️
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...