7 de ago. de 2021

ADMISIÓN NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Consellería de Educación vén de publicar a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, coa normativa para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no curso 2021-2022.



REQUISITOS: 
  • Ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO. 
  • Estar en posesión do DNI ou NIE (non é valido o pasaporte)
  • O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país no que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1º de nivel básico a través das seguintes vías: 
- As persoas procedentes das probas de clasificación poderán incorporarse ao curso que corresponda
- As titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos dun idioma, establecidos o anexo da Orde do 21 de xuño de 2016, darán acceso ao 1º curso do nivel inmediatamente  superior ao acreditado. No caso de galego e español para estranxeiros, serán os títulos e certificados establecidos anexo I da Resolución do 17 de xuño de 2021
O alumnado con título de Bacharelato pode acceder ao 1º curso do nivel B1 da lingua cursada como primeira lingua extranxeira.

Deberá facer PREINSCRICIÓN :

  • Alumnado de novo acceso, a través da aplicación informática, según as instrucións sinaladas na Resolución e no prazo do 1 ó 14 de setembro de 2021. 
  • Persoas que solicitan cursar estudos en 1º curso de nivel básico dun idioma por primeira vez. Teñen consideración de novo acceso a efectos de preinscripción e adxudicación de prazas o seguinte alumnado:
  1. Alumnado procedente das probas de clasificación.
  2. Alumnado que solicita acceso directo por titulación.
  3. Alumado que se incorpora á ensinanza presencial tras superar as probas certificación polo réxime libre.
  4. Alumnado procedente de traslado de expediente.
  5. Antigo alumnado que non estivera matriculado polo réxime oficial no curso 2020-2021.

Acceso por PROBAS DE CLASIFICACIÓN:

Teñen dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma:
  • Persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
  • Persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores.
O resultado das probas de clasificación ten unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de preinscrición e formalización da matrícula

Deberán facer MATRÍCULA :
  • Alumnado oficial do curso 2020/21 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021/22 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria, (non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo III, e formalizar a matrícula na secretaría da EOI ou sección, se é o caso, nos prazos establecidos na circular).
  • O alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse tamén no prazo extraordinario. 

PRAZOS:
  • Período de matrícula ordinaria: Do 1 ao 9 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2020-2021 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021-2022 e supere todas as destrezas na convocatoria ordinaria.
  • Período de matrícula extraordinaria: Do 9 ao 30 de setembro, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo de alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 9 e o 16 de setembro. 
  • Do 1 ao 9 de setembro, segundo as necesidades de cada escola, poderase permitir a matrícula do alumnado apto en xuño que non formalizara a súa matrícula no prazo establecido.
  • Unha vez rematado o proceso de matrícula, e ata o día 8 de outubro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións de alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...