18 de ago. de 2021

Admisión a ciclos de grao medio de Formación Profesional curso 2021-2022, período extraordinario

CALENDARIO DE ADMISIÓN:

SÓ PARA CICLOS MEDIOS:

  • Presentación de solicitudes período extraordinario do 1 ao 9 de setembro ás 13:00h.
  • Listaxe provisional de solicitudes: 14 de setembro.
  • Reclamación á listaxe provisional: do 14 ao 16 de setembro ás 13:00h.
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 21 de setembro.
  • 2ª adxudicación extraordinaria 21 de setembro
  • Matrícula do 21 ao 24 de setembro ás 13:00h.
  • Adxudicación continuada (chamamento): do 28 de setembro ás 9:00h ao 1 de outubro ás 13:00h.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

RÉXIME ORDINARIO: 

  • Consultar oferta:
  • Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentaciónque poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser seladadatada e validada.
  • Adxudicación de praza: logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades:
    • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Estar matriculada en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada  na FP Dual ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.
    • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza á que se renuncia.
    • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

RÉXIME PARA PERSOAS ADULTAS:

  • Consultar oferta:
  • Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentacón necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
  • Adxudicación de praza: logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades: 
    • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Quedará en lista de espera dos módulos do ciclo no que se matricule e que non foran adxudicados. Estar matriculado en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada  na FP Dual ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.. 
    • 2ª Non matricularse: seguirase no proceso de adxudicación para os módulos nos que estea en espera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...