31 de mar. de 2026

Encontros virtuais na Zona USC

O Departamento de Orientación informa da seguinte iniciativa de interese para o alumnado preuniversitario:


A Universidade de Santiago de Compostela organiza os Encontros Virtuais na Zona USC, que neste curso terán lugar os días 13 e 14 de abril. Esta actividade ten como finalidade facilitar que o futuro estudantado coñeza con maior profundidade as titulacións de grao e os servizos que oferta a universidade, así como resolver dúbidas relacionadas co acceso e a vida universitaria.

Están dirixidos de maneira preferente ao alumnado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e 4º de ESO, constituíndo un recurso de orientación académica especialmente relevante nesta etapa de toma de decisións.

As sesións desenvolveranse en liña mediante videoconferencias específicas para cada titulación de grao, nas que participará profesorado universitario. O alumnado poderá formular consultas de maneira directa ou a través do chat, sen necesidade de intervención activa se así o prefire. Ademais, habilítanse espazos informativos complementarios nos que se poderá contactar con servizos como a Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias ou recibir información sobre o proceso de preinscrición e matrícula nas universidades de Galicia.

Co fin de facilitar a participación, moitas das sesións realizaranse en horario de mañá —co apoio do centro educativo— e outras en horario de tarde, permitindo a conexión dende o fogar xunto coas familias.

Para consultar o calendario actualizado das sesións e acceder ás ligazóns de conexión, pode empregarse a seguinte páxina web:
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Bolsas de carácter xeral para estudos postobrigatorios 2026-2027

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de convocar as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026-2027, destinadas a alumnado que vaia cursar estudos postobrigatorios, tanto universitarios como non universitarios.


Prazo de solicitude

O prazo para presentar a solicitude estará aberto:

  • Dende o 7 de abril de 2026
  • Ata o 18 de maio de 2026 ás 15:00 horas

A tramitación debe realizarse exclusivamente por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio.

Persoas destinatarias

Estas bolsas están dirixidas a alumnado que curse algunha das seguintes ensinanzas:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional (grao básico, medio e superior)
  • Ensinanzas artísticas profesionais e superiores
  • Ensinanzas deportivas
  • Escolas Oficiais de Idiomas
  • Cursos de acceso a FP e á universidade (maiores de 25 anos)
  • Estudos universitarios oficiais de grao e máster

Quedan excluídos os estudos de doutoramento, especialización e títulos propios.

Requisitos xerais

Para acceder a estas bolsas será necesario:

  • Non superar os limiares de renda e patrimonio familiar establecidos
  • Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao solicitado
  • Estar matriculada nunha ensinanza incluída na convocatoria

Contías das bolsas

As bolsas inclúen diferentes compoñentes económicos:

Contías fixas:

  • Matrícula (para estudos universitarios)
  • 1.700 € ligados á renda
  • 2.700 € ligados á residencia
  • Entre 50 € e 125 € por excelencia académica
  • Bolsa básica: 300 € (350 € en FP de grao básico)

Outras contías:

  • Axudas adicionais por residencia en territorios insulares, Ceuta ou Melilla
  • Axudas para alumnado con discapacidade
  • Contía variable (mínimo 60 €), en función da renda e do expediente académico
Os seguintes vídeos axudaranche no proceso:

Información e contacto na Coruña

Estudos non universitarios:

Sección de Bolsas (Consellería de Educación)
Edificio Administrativo de Monelos, A Coruña
Teléfono: 981 18 47 41

Estudos universitarios:
Sección de Bolsas da Universidade da Coruña
Campus de Elviña
Teléfono: 981 16 70 00

Publicación oficial
Convocatoria publicada no BOE o 25 de marzo de 2026.
MÁIS INFO:

25 de mar. de 2026

BOLSAS EUROLINGUA: OPORTUNIDADE PARA MELLORAR A COMPETENCIA EN INGLÉS

O alumnado interesado en mellorar a súa competencia lingüística en inglés ten a posibilidade de acceder ás Bolsas Eurolingua, unha convocatoria que promove estadías formativas no estranxeiro combinando aprendizaxe do idioma e experiencia cultural.


Eurolingua Venairlanda convoca 20 bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda de 2 semanas de duración, durante o verán de 2026, nun programa de inmersión lingüística dirixido a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou FP.

Inscricións:
Ata o 16/04/2026.

Que ofrecen estas bolsas? As Bolsas Eurolingua inclúen:

  • Curso de inglés en destino internacional
  • Actividades culturais complementarias
  • Aloxamento e manutención
  • Programa estruturado de inmersión lingüística
Estas bolsas están orientadas a alumnado novo que desexe reforzar as súas habilidades comunicativas en inglés nun contexto real, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento persoal, a autonomía e a convivencia intercultural.

Este tipo de experiencia resulta especialmente relevante para o alumnado que está a valorar continuar a súa formación académica ou profesional en ámbitos nos que a competencia en linguas estranxeiras constitúe un requisito clave.


Por que é interesante participar? A participación neste programa permite:

  • Mellorar a competencia comunicativa en inglés en contextos reais
  • Desenvolver habilidades sociais e de autonomía persoal
  • Coñecer outras culturas e sistemas educativos
  • Incrementar a empregabilidade futura


A quen van dirixidas?. Requisitos:

  • Ter nacido con anterioridade ao 31 decembro de 2011
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE
  • Estar matriculado no curso escolar 2025-2026 en algún dos seguintes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria oficial (grao, máster e/ou doutorado) en calquera punto de España.
  • Ter una media do expediente académico de, polo menos, 6 puntos
  • Non ter gozado desta bolsa con anterioridade
  • Recoméndase revisar con detalle os criterios de acceso, prazos e documentación requirida para a solicitude.


Remuneración / Dotación:

A bolsa cubre o 100% dos gastos do Programa (agás o billete de avión de ida e volta ao lugar de destino do curso que correrá a conta de cada participante): aloxamento en familia ou residencia/apartamentos, programa de 20 clases de inglés semanais e material didáctico, programa de actividades culturais e visitas, supervisión por monitores de Eurolingua no destino.


Páxina web:

www.becaseurolingua.com

Contacto:

EuroLingua VenaIrlanda S.L.

C/ Huertas, 1-3, 1º B (15003 - A Coruña) 

Tel.: 981 257 290 - 638 091 113 (whatsapp) 

correo-e: info@becaseurolingua.com

MÁIS INFO:

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/convocatorias/bolsas-e-axudas/detalle-bolsas/13-convocatoria-bolsas-eurolingua/suceso/1453914122919

8 de mar. de 2026

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 2026

As probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional permiten acceder a estes estudos ás persoas que non cumpren os requisitos académicos de acceso directo (por exemplo, título de bacharelato ou título de técnico de FP).


A superación da proba posibilita participar posteriormente no proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior, nas condicións establecidas na normativa correspondente.

Prazo de inscrición

O prazo de presentación de solicitudes será:

Do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos incluídos). 

A solicitude debe realizarse mediante a aplicación informática Ciclosprobas, que xera un documento que posteriormente deberá presentarse no centro de inscrición xunto coa documentación correspondente.

🔗 Aplicación para realizar a solicitude:
https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

🔗 Información oficial sobre probas de acceso:
https://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Centro de inscrición

Considérase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería con oferta de Formación Profesional.

Recoméndase empregar un centro próximo ao domicilio habitual, xa que:

  • Será o lugar para realizar trámites posteriores (consultas, reclamacións, etc.);

  • A sede de exame adoita asignarse nun centro próximo ao centro de inscrición elixido.

Estrutura da proba

A proba organízase en dúas partes:

Parte común

Inclúe tres materias:

  • Lingua galega

  • Lingua castelá

  • Matemáticas

Parte específica

Na solicitude debe escollerse unha única opción (A, B ou C) e, dentro dela, dúas materias.

Opción A

  • Economía da empresa

  • Lingua estranxeira (inglés ou francés)

  • Filosofía

Opción B

  • Debuxo técnico

  • Tecnoloxía industrial

  • Física

Opción C

  • Ciencias da Terra e ambientais

  • Química

  • Bioloxía …

Cada parte cualifícase entre 0 e 10 puntos. Para calcular a nota final é necesario obter polo menos 4 puntos en cada parte e a proba considérase superada cunha cualificación de 5 puntos ou superior

Data e horario da proba

A proba celebrarase o:

29 de abril de 2026  

Horario

  • 09:00 h – Presentación das persoas aspirantes

  • 09:30 – 13:00 h – Parte común (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá)

  • 16:00 – 18:30 h – Parte específica segundo a opción escollida 

O 22 de abril publicarase a relación de centros onde se realizarán os exames. 

Material necesario para o día da proba

Será necesario levar:

  • Documento oficial de identidade.

  • Copia validada da solicitude de inscrición.

Material permitido:

  • Bolígrafo azul ou negro.

  • Calculadora científica (non programable nin gráfica) para determinadas probas.

  • Material de debuxo (lapis, regra, compás, escuadro e cartabón) na proba de Debuxo técnico. 

Non se admiten dispositivos electrónicos capaces de transmitir ou almacenar información, como teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes. 

Exencións da proba

A normativa contempla exención total ou parcial da proba en determinadas situacións.

Exención total (exemplos):

  • Dispor dun grao C de nivel 3 de Formación Profesional.

  • Acreditar competencias profesionais equivalentes a unha parte significativa do ciclo formativo. …

Exencións parciais (exemplos):

  • Ter recoñecida unha exención nunha convocatoria anterior.

  • Dispor dun certificado de profesionalidade.

  • Acreditar experiencia laboral relacionada coa opción da proba. 

Estas exencións deben solicitarse no momento da inscrición.

Consulta de solicitudes e resultados

A información sobre o estado da solicitude, listaxes e cualificacións poderá consultarse:

  • no centro de inscrición, ou

  • na aplicación Ciclosprobas. …

O período de reclamacións ás resolucións provisionais de solicitudes será do 7 ao 10 de abril de 2026.

Máis información e orientación no departamento de Orientación e nos seguintes enlaces:

Información oficial da Consellería:
https://www.edu.xunta.gal/fp

https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2026

No marco das actuacións de orientación académica e profesional do centro, informamos da convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional para o ano 2026, dirixidas a persoas que non dispoñen do título de ESO ou doutro requisito académico que permita o acceso directo a estes estudos.


A superación desta proba permite acceder a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións que estableza posteriormente o proceso de admisión correspondente. 

Prazo de inscrición

O prazo de presentación de solicitudes será:

Do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos incluídos). 

A solicitude debe realizarse a través da aplicación informática Ciclosprobas, que xera un documento que posteriormente deberá presentarse no centro de inscrición correspondente, xunto coa documentación requirida.

Aplicación para realizar a solicitude:

https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

Información xeral sobre probas de acceso de FP:

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Onde realizar a inscrición

Pode empregarse como centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería con oferta de Formación Profesional.

Recoméndase escoller un centro próximo ao domicilio habitual, xa que:

  • Será o lugar onde se realicen consultas ou reclamacións posteriores;

  • A sede de exame adoita asignarse nun centro próximo ao centro de inscrición.

Estrutura da proba

A proba organízase en tres partes, cada unha delas con diferentes materias:

Parte sociolingüística

  • Lingua galega

  • Lingua castelá

  • Ciencias sociais

Parte matemática

  • Matemáticas

Parte científico-técnica

  • Ciencias da natureza

  • Tecnoloxía 

Cada parte cualifícase entre 0 e 10 puntos e é necesario obter como mínimo 4 puntos en cada parte para poder calcular a media final. A proba considérase superada cunha cualificación de 5 puntos ou superior.

Data de realización da proba

A proba terá lugar o:

21 de maio de 2026.

Horario previsto

  • 09:00 h – Presentación das persoas aspirantes

  • 09:30 – 13:30 h – Parte sociolingüística e matemática

  • 16:00 – 18:00 h – Parte científico-técnica  

O 22 de abril de 2026 publicarase a relación de centros onde se realizarán os exames. 

Documentación e material para o día da proba

Será necesario levar:

  • Documento oficial de identidade.

  • Copia da solicitude de inscrición validada.

Material permitido:

  • Bolígrafo azul ou negro.

  • Calculadora científica só para a proba de Tecnoloxía (non programable nin gráfica).

  • Non se permite calculadora na proba de Matemáticas.

Non se admiten dispositivos electrónicos como teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes.

Exencións da proba

A normativa contempla exencións totais ou parciais, entre outras situacións:

Exención total (exemplos):

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.

  • Dispor dun grao B ou C de nivel 2 de Formación Profesional.

  • Acreditación de determinadas competencias profesionais. …

Exencións parciais (exemplos):

  • Superación de determinados módulos de FP Básica.

  • Superación de ámbitos da ESA.

  • Experiencia laboral mínima dun ano. …

Estas exencións deben solicitarse no momento da inscrición.

Consulta de resultados e reclamacións

As resolucións e cualificacións poderán consultarse:

  • No centro de inscrición, ou

  • A través da aplicación Ciclosprobas.…

O período de reclamacións ás resolucións provisionais de solicitudes será do 7 ao 10 de abril de 2026

Máis información e orientación no departamento de Orientación

E nas páxinas web: 

https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11638 

https://www.edu.xunta.gal/fp

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, ...