23 de xan. de 2024

Convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2024

Publicada a Resolución do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

  • O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Máis información

 

18 de xan. de 2024

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024.

Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  • Ámbito científico-tecnolóxico, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Tecnoloxías da Información e da Comunicación e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de Educación Física.
  • Ámbito social, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e os aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e Música.
  • Ámbito da comunicación, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira.

CALENDARIO DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

  • 12 de abril de 2024. Inscricpión para esta convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
  • 07 de xuño de 2024: Inscricpión  para esta convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
*As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria.

REQUISITOS:

  • Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2024
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • Non estaren nin ter estado matriculadas no curso 2023/24 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica, agás as persoas matriculadas durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:
            Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.            Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro                     cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.




















































                                                                                                                            

www.edu.xunta.gal/portal/ea

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Departamento territorial da Coruña. Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 700 / 981 184 731

e-correo: educadultos@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 11/01/2024

9 de xan. de 2024

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2024

    Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

    Prazo de presentación de solicitudes:

    • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
    • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

    Máis información




Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...