18 de xan. de 2024

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024.

Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  • Ámbito científico-tecnolóxico, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Tecnoloxías da Información e da Comunicación e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de Educación Física.
  • Ámbito social, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e os aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e Música.
  • Ámbito da comunicación, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira.

CALENDARIO DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

  • 12 de abril de 2024. Inscricpión para esta convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
  • 07 de xuño de 2024: Inscricpión  para esta convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
*As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria.

REQUISITOS:

  • Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2024
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • Non estaren nin ter estado matriculadas no curso 2023/24 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica, agás as persoas matriculadas durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:
            Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.            Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro                     cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.




















































                                                                                                                            

www.edu.xunta.gal/portal/ea

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Departamento territorial da Coruña. Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 700 / 981 184 731

e-correo: educadultos@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 11/01/2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...