25 de xuño de 2022

A FP Dual

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

A FP dual integra formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Cales son os requisitos para acceder á FP dual?

Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:

  • Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Cal é o prazo para solicitar matrícula nun ciclo de FP dual?

Neste enlace podes consultar o proceso para o curso 2021-2022

Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual?

Nesta modalidade dual, os ciclos formativos poden distribuírse en dous ou en tres anos, e todo caso, 2.000 horas, das que un mínimo do 33 % deberase impartir coa participación da empresa.

Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?

O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?

O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.


23 de xuño de 2022

Proceso de admisión para a Formación Profesional Dual. Curso 2022/2023

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Nesta ligazón atopará a oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual para o curso 2022-2023: 
REQUISITOS
  • Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada
Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.
Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas listaxes de solicitudes provisionais e definitivas, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Os datos de identificación serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC) nas listaxes.

DOCUMENTACIÓN. 

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
- DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
- No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
-Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europa.eu/europass/es/create-europass-cv

SELECCIÓN DO ALUMNADO:
Tendo en conta a listaxe definitiva de solicitudes, o centro e a entidade colaboradora seleccionarán o alumnado.
Rematado o período de selección publicarase a listaxe de persoas admitidas e en espera.
As persoas admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual deberán matricularse durante o período establecido no centro educativo no que teñan a praza adxudicada.​

​​PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización de FP.
No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.

Calendario de admisión:
Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de xuño até o 5 de xullo ás 13:00 horas.
Publicación da relación provisional de persoas solicitantes: 6 de xullo.
Reclamación contra a relación provisional de persoas solicitantes: do 6 ao 8 de xullo ás 13.00h.
Publicación da relación definitiva de persoas solicitantes: 11 de xullo.
Período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora: do 11 ao 14 de xullo ás 12:00h.
Publicación da relación de persoas admitidas e en espera: 15 de xullo.
Período de matrícula para persoas admitidas: do 18 ao 26 de xullo ás 13.00h.
MÁIS INFORMACIÓN CLICANDO NA IMAXE:


Prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias da UDC

Número de prazas ofertadas

  • Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, A Coruña, 108 prazas.
  • Residencia Pública Universitaria, Ferrol, 25 prazas

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC nas Residencias Públicas Universitarias dos Campus da Coruña e Ferrol. Curso 2022- 2023 (versión en inglés)

Nesta convocatoria fíxase o número de prazas ofertadas, os requisitos, o baremo de selección, o prezo e o prazo de presentación de solicitudes que permanecera aberto desde o 17 xuño ata as 14:00 h do 15 de xullo

Plataforma para solicitudes (para alumnado de continuación de estudos)

O alumnado que vaia matricularse por primeira vez na UDC: debe solicitar a praza nas residencias públicas universitarias (A Coruña - Ferrol), descargando e enchendo este formularioDeberán asinalo, xunto cos demais membros computables da unidade familiar, e presentalo xunto coa documentación requirida na convocatoria en:

a) A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña);
b) Ferrol: no Negociado de Asuntos Xerais, Edificio de Usos Administrativos, 1º andar (campus de Esteiro);
c) ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Consultas sobre a convocatoria: Sección de Bolsas, a través do correo: axudas.aloxamento@udc.es co asunto: "residencias universitarias /prazas residencias".
Consultas sobre as residencias:

Lembra revisar tamén o Regulamento de réxime interno das Residencias Públicas Universitarias da UDC


MÁIS INFORMACIÓN:
  • Universidade da Coruña - UDC. Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña). A Coruña. https://www.udc.es/gl/sape/aloxamento/ 
  • Negociado de Asuntos Xerais, Edificio de Usos Administrativos, 1º andar (campus de Esteiro). Ferrol 
  • Enderezo electrónico: axudas.aloxamento@udc.gal
  • Residencia Pública Universitaria Elvira Bao. Praza Museo Nacional de Ciencia, 3. 15011 A Coruña. Enderezo electrónico: residenciauniversitaria.coruna@udc.gal 
  • Residencia Pública Universitaria. Rúa Sánchez Barcáiztegui, nº 28. 15401 Ferrol. Enderezo electrónico: residenciauniversitaria.ferrol@udc.gal


17 de xuño de 2022

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Convócanse axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP Dual en réxime de concorrencia non competitiva. 

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP Dual e remate antes do 31 de decembro de 2022.

Períodos de presentación de solicitudes: 

  1. Primeiro prazo:, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, (alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2021-marzo 2022 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2022).
  2.  O segundo prazo será o comprendido entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2022. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2022. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2022 acollerase á seguinte convocatoria de axudas
As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP Dual, e entregaranse no mesmo no que estea matriculado no momento de facer a FCT.


 Contía da axuda.

Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro do territorio español.

Na comunidade autónoma 

Ata un máximo de 375 € cando se cumpran as seguintes condicións:

• O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.

• O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP Dual.

A contía que percibirá o alumnado establecerase en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou no caso da FP Dual do número de xornadas de permanencia na empresa.

Fóra da comunidade autónoma.

Cantidade fixa de 200 € aínda que realice a FCT ou a FP Dual en varios centros de traballo.

Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual fóra do territorio español.

Unión Europea

Países non integrados na Unión Europea





16 de xuño de 2022

(PRE)INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE

PRAZOS XERAIS: 

  • Preinscrición Anticipada (do 15 ao 30 de xuño ata as 14:00 h).
  • Preinscrición en convocatoria Ordinaria (do 21 ao 30 de xuño ata as 14´00 h.), Para o alumnado que supere a  ABAU na convocatoria ordinaria do presente curso. 
  • Preinscrición en convocatoria Extraordinaria (do 29 de xullo ao 2 de agosto ata as 14´00 h.). 

PRAZOS ESPECIAIS: 

  • Ata o 7 de xullo ábrese un prazo especial para estudantes, que xustifiquen a imposibilidade de presentar a preinscrición antes. 
  • Prazo para titulados universitarios: Do 14 ao 29 de xullo. 
  • 29 de xullo ao 02 de agosto: alumnado que non solicitou na convocatoria ordinaria..
  • Do 23 ao  29 de setembro ábrese un prazo especial para os estudantes procedentes doutros distritos que superasen as  ABAU en setembro e para os que titulasen en FP despois da preinscrición extraordinaria.

As datas de preinscrición serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e están publicadas na web da  CIUG, nesta ligazón.



A solicitude e todos os trámites administrativos do proceso de acceso, deberán facerse a través da aplicación NERTA, excepto determinado alumnado que deberá facer os trámites nos  LERDs ou directamente na  CIUG (ver instrucións na convocatoria).  Neste video, podedes ver como se realiza o proceso de inscripción e matrícula no Sistema Universitario de Galicia (SUG).

 


PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA 

A CIUG asignará as prazas ofertadas en cada ensinanza universitaria oficial de grao en cada unha das convocatorias e prazos de matrícula que se establezan. A cada estudante asignaráselle a ensinanza universitaria de maior preferencia que lle corresponda en función da cota pola cal se solicita o acceso e tendo en conta, en todo caso, a orde de prelación, os criterios de valoración e a preferencia para a adxudicación de prazas establecidos. 


Os solicitantes convocados para matricularse na ensinanza universitaria oficial de grao solicitada en primeiro lugar de preferencia, deberán matricularse no prazo establecido para o efecto; de non facelo perderán todos seus dereitos de matricula. Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumnado solicite en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se asensinanzas universitarias solicitadas por enriba dela esgotaron as súas prazas e figuran como “PECHADA”. 

Se o solicitante aparece convocado/a nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia se reconfirma que desexa continuar na Lista de Espera. No caso de matricularse nela, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con preferencia superior.

A formalización da matrícula realízase en liña, pero non en Nerta, se non accedendo ás ligazóns de cada unha das universidades de Galicia (dispoñibles na páxina web da  CIUG):

UNIVERSIDADE DA CORUÑA:  https://matricula. udc.es/ matriculaprimeiro/
UNIVERSIDADE DE VIGO:  https://matricula. uvigo.es/ matriculaprimeiro/
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO:  https://matricula. usc.es/ matriculaPrimeiro/

RECONFIRMACIÓN NA LISTA DE ESPERA 

Despois de cada chamamento e durante o período de matrícula, se o solicitante aparece convocado/a nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia e desexa continuar en lista de espera en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia, deberá confirmar a través da propia aplicación informática nerta, o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).

CHAMAMENTOS POR VACANTES
 
No caso de que con posterioridade ó peche da matrícula dunha titulación se produzan vacantes, serán convocados para matrícula os estudantes que quedaron en lista de espera. Os estudantes convocados recibirán unha mensaxe de correo electrónico á que deberán responder aceptando a praza no prazo de 48 horas. Se non resposta a mensaxe, entenderase que xa non ten interese na praza polo que decaerá nos seus dereitos e procederase á convocar ó seguinte na lista de espera.

Clica na imaxe para ver a oferta de prazas no Sistema Universitario de Galicia, no curso actual.


PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS:

Hai que fcubrir un formulario por comunidade e estar atentos aos seus propios prazos de preinscrición e matrícula. Na páxina web de cada Universidade atoparaás os prazos e procedemento de cada unha.

Aquí tes un buscador interesante, do Ministerio de Educación, de titulacións no territorio español, coa súa nota de corte, precio, e enlace á propia universidade.

8 de xuño de 2022

Proceso de solicitude de admisión nos ciclos formativos


O proceso de admisión nos ciclos formativos de Formación Profesional non é complexo, pero convén telo claro.

O proceso consta de dúas fases (a soliciude de admisión, e a matrícula - unha vez me adxudicaran plaza-). É importante estar atento aos plazos, xa que, se nos pasamos dalgún, estamos fóra do proceso: 



Os pasos a seguir son os seguintes: 

Durante os períodos de solicitude establecidos -ver prazos no calendario- (e cumprindo os requisitos de acceso), temos que utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude webDeberase cubrir unha única solicitude para cada réxime, modalidade e grao ou curso de especialización. Velaquí a oferta de ciclos nas distintas modalidades. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada. Mira neste video como facer unha solicitude:


Tras isto tedes que consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.

No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Aquí podedes ler toda a INFORMACIÓN XERAL SOBRE ADMISIÓN, con toda a información sobre o proceso. Ollo ao CALENDARIO se non queremos levar sorpresas.
ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de Veronica

7 de xuño de 2022

Instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2022/23

Resolución do 25 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2022/23.

  • Prazo de preinscrición:

As preinscricións realizaranse desde o 27 de xuño ao 10 de xullo.

Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo establecido nesta resolución, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II.

  • Período de matrícula ordinaria:

Do 20 ao 30 de xuño, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2022/23 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

  • Período de matrícula extraordinaria:

Do 1 ao 20 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 1 e o 7 de xullo.

A aplicación de matrícula pechará o día 20 de xullo ás 12.00 do mediodía.

REQUISITOS para o acceso: 

- Ter 16 anos cumplidos no ano natural no que se comecen os estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO.

Se queres saber máis do proceso de avaliación nas EOI; non deixes de consultar a seguinte presentación.  


/div>

6 de xuño de 2022

Prazas nos centros residenciais docentes (CRD)

Próxima apertura prazo de solicitude de praza 2022-23: O prazo para solicitar praza en período ordinario remata o 11 de xullo de 2022 para o alumnado matriculado en bacharelato e o 1 de agosto de 2022 no caso do alumnado matriculado en ciclos formativos.

Os CRD teñen como destinatarios ao alumnado de ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas...) e se matricule nas contornas de cada un dos centros, para continuar os seus estudos. Os centros galegos son os de A Coruña, Ourense e Vigo.

Os estudantes teñen a posibilidade de pedir praza nesta residencia non universitaria onde ademais de manutención e aloxamento.

Podedes consultar a información do da Coruña, na web: https://crdcoruna.gal/ 

O Centro dispón de 340 prazas, 10 delas están habilitadas para o alumnado con discapacidade auditiva e conta tamén con 4 prazas para alumnado con disfuncionalidade motora.

O centro dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, salas de lectura e estudo, aulas de informática, ximnasio, comedor, ... ). 

No DOG do 6 de xuño (D.O.G Nº 107 de 6 de xuño de 2022)., tedes publicada a convocatoria de becas para o curso 2022-2023. 


Máis información na web: https:/crdcoruna.es

Tfno. 981667836/981667831


Admisión nos ciclos de Formación Profesional Básica: curso 2022-2023



REQUISITOS:

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos



A Formación Profesional Básica.

 Nesta presentación, podes coñecer os aspectos principais deste tipo de ensinanzas.



2 de xuño de 2022

Prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC, 2022-2023

A Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2022-2023.


A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias.html.

Os/as estudantes de nova admisión poderán solicitar praza para o grupo I e para o grupo II marcando as dúas opcións no mesmo impreso. 

Presentarase unha única solicitude por persoa, agás no caso de solicitar praza nos dous campus (un formulario para Santiago e un formulario para Lugo). 

As solicitudes presentaranse a través da páxina web citada no parágrafo anterior. Os/as estudantes e demais membros da USC poderán asinar a solicitude coas súas credenciais de usuario e contrasinal da USC. O resto das persoas interesadas poderán asinar cun dos sistemas de firma electrónica aceptados pola USC (certificado electrónico: DNIe, FNMT ou Cl@ve). 

A solicitude darase por presentada cando, unha vez asinada, se xere o resgardo correspondente. 

O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o día da publicación ata as 14.00 horas do 28 de xuñode 2022 

As cotas e prezos serán os establecidos nas bases da convocatoria en función da Renda Persoal Dispoñible (para a asignación das prazas terase en conta a puntuación académica e económica dos/as solicitantes segundo o baremo establecido nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021). 

Clica na imaxe para máis información




Máis información en: 

Universidade de Santiago de Compostela Vicerreitoría de Estudantes e Cultua da USC. 
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado 
 Pavillón estudantil, 1º andar - Campus Vida (15782 Santiago de Compostela) 
Tlf.: 881 814 574 / 582
Fax.: 881 814 559
Mail: sur@usc.es 

1 de xuño de 2022

UNED- II Xornadas En liña de portas abertas curso 2022/2023

Celébranse as II Xorndas en liña de portas abertas da UNED; unha oportunidade de coñecer a fondo esta e a súa ampla oferta de estudos, así como a súa metodoloxía en liña e semipresencial. 

Calendario completo segundo Facultades:

Facultade de Ciencias:

  • Luns 30 de maio - de 16:00 a 17:30 horas.
  • Xoves 30 de xuño - de 19:30h a 21:00 horas.

Escola Técnica de Enxeñería Informática:

  • Luns 30 de maio - de 18:30 a 20:00 horas.
  • Sábado 25 de xuño - de 11:30 a 13:00 horas.

Escola Internacional de Doutoramento:

  • Venres 3 de xuño - de 16:00 a 17:30 horas.
  • Venres 24 de xuño - de 17:30 a 19:00 horas.

Facultade de Filosofía:

  • Venres 3 de xuño - de 18:30 a 20:00 horas.
  • Venres 24 de xuño - 15:30 a 17:00 horas.

Facultade de Xeografía e Historia:

  • Mércores 15 de xuño - de 16:00 a 17:30 horas.
  • Venres 1 de xullo - 15:30 a 17:00 horas.

Facultade de Políticas e Sociología:

  • Mércores 15 de xuño - de 18:30 a 20:00 horas.
  • Venres 1 de xullo - 17:30 a 19:00 horas.

Facultade de Educación:

  • Xoves 16 de xuño - de 16:00 a 17:30 horas.
  • Venres 24 de xuño - de 19:30 a 21:00 horas.

Facultade de Filoloxía:

  • Xoves 16 de xuño - de 18:30 a 20:00 horas.

Facultade de Psicoloxía:

  • Mércores 22 de xuño - de 16:00 a 17:30 horas.
  • Xoves 30 de xuño - de 17:30 a 19:00 horas.

Facultade de Dereito:

  • Mércores 22 de xuño - de 18:30 a 20:00 horas.
  • Sábado 25 de xuño - de 13:30 a 15:00 horas.

Escola Técnica de Enxeñeiros Industriais:

  • Xoves 23 de xuño - de 16:00 a 17:30 horas.
  • Sábado 25 de xuño - de 9:30 a 11:00 horas.

Facultade de Económicas e Empresariais:

    Xoves 23 de xuño - de 18:30 a 20:00 horas.

    Xoves 30 de xuño - de 15:30 a 17:00 horas.


Inscripción ás Xornadas

E tamén poderás seguilas a través de Canal UNED.


  • Más información en
  • Secretaría del C.A. UNED A Coruña, en el teléfono: 981 14 50 51 o en el correo electrónico: info@a-coruna.uned.es.

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico

Convócanse ata 20 premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/2022, coa finalidade de recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia.

REQUISITOS:

  • Ter cursado durante o ano académico 2021/22 4º curso de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. 
  • O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes. A realización da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2022. 

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

1.000 € por premio, un diploma acreditativo e a distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

Solicitudes

Para realizar unha solicitude hai que facer o seguinte:

1. Cubrir a solicitude:

Para facer a solicitude hai que entrar na aplicación PremiosEdu con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Despois de acceder á aplicación PremiosEdu, hai que seleccionar a opción de menú “Solicitudes”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que hai que comprobar e/ou cubrir os datos persoais e de contacto e os datos académicos. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Solicitudes”. Nesta lapela hai que premer no botón “Engadir” e completar o resto de información relativa á solicitude. Unha vez cuberta a solicitude hai que gardar o borrador da mesma para poder facer a presentación electrónica.

2. Asinar e presentar a solicitude de xeito electrónico:

Para asinar e facer a presentación electrónica da solicitude deberase acceder ao borrador da mesma na aplicación PremiosEdu e a continuación premer no botón Presentar ESede Electrónica” que enlaza coa sede electrónica da Xunta de Galicia previa autenticación mediante Chave 365 ou certificado dixital.

Unha vez dentro da sede electrónica atoparase a solicitude xa cuberta. A continuacióndeberase achegar a documentación para a cal non se autorizou a consulta por parte da administración e outra documentación que se considere oportuno.

Para solucionar as posibles dúbidas que poidan xurdir sobre o procedemento a seguir para realizar as solicitudes pódese consultar o manual da aplicación a través da seguinte ligazón.


Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/www.edu.xunta.gal/premiosedu

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...