1 de out. de 2021

BOLSAS PARA ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO

A Fundación Amancio Ortega retoma o seu Programa de Bolsas para estudantes que desexan cursar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos. Tras a interrupción ocasionada pola pandemia de COVID-19, o Programa convoca 400 bolsas para a edición 2022-2023, dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros educativos españois. Clica na imaxe para ter máis información:

Na súa edición 2022-2023, o Programa convoca 400 bolsas dirixidas a estudantes de 4º da ESO de centros educativos españois, para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. 

Do total de prazas convocadas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia e 330 bolsas a estudantes de centros doutras Comunidades e Cidades Autónomas de España.

Durante o ano académico, os estudantes convivirán cunha familia no país de destino e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato).

A bolsa cobre:

  • 100% do custe dos servizos
  • viaxe de ida e volta
  • taxas de escolarización e matrícula nun instituto público
  • aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa
  • unha pequena asignación mensual para gastos menores.
  • actividades dirixidas á formación dos estudantes bolseiros e á tramitación dos seus expedientes, antes da saída ao país de destino. En ningún caso, a bolsa supón a achega económica do valor destes servizos ao beneficiario.
  • seguro médico e de accidentes
  • convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia

INSCRIPCIÓNS: 
procedemento de selección ten unha primeira fase donde  os 1200 participantes con puntuacións máis altas, terán que facer unha proba oral e entrevista a través dunha videochamada.

Nas Bases de participación móstrase toda a información da convocatoria, incluídos os requisitos de participación e o proceso de selección. (Clica na imaxe)
O Acordo de participación contempla a normativa da bolsa, polo que só é aplicable aos participantes seleccionados. Con todo, recoméndase a súa lectura para obter información adicional sobre a bolsa.

Tamén se presenta un Manual de inscrición que pretende axudar a cumprimentar correctamente o formulario de inscrición, así como o Calendario da convocatoria con todas as datas de interese. (Clica na imaxe)



Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...