25 de feb. de 2024

Idiomas do mundo 2024

O programa Idiomas do Mundo oferta 30 prazas para estadías dun mes en Irlanda durante os meses de xullo ou agosto destinadas a estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.. Dirixido ao alumnado empadroado na Coruña que curse 1.º de BACH no curso 2023-24.


O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.

As condicións do programa recolleranse nas bases reguladoras do programa, que están en elaboración.

Requisitos: 
  • Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os seguintes requisitos:
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña no momento da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2023-2024.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 7 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar en curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
  • Non estar inmerso nas prohibicións recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito, que inclúe non ter débedas co Concello da Coruña, será comprobado só no caso de resultar seleccionado, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa, establecéndose dous tipos de bolsa:
  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 5 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 70% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 4 puntos. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 30% do prezo da praza.
INSCRICIÓNS:

Desde o 23 de febreiro ata o 7 de marzo a través da ficha específica de inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/idiomas_mundo/
O prazo de inscrición será de dez días hábiles, desde o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña, é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que está establecida nas bases.
CONTACTO:
Servizo Municipal de Educación
T: 981 184 200 ext 10911

21 de feb. de 2024

PRIMAVERA XOVE 2024

 


Primavera Xove 2024

A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa Primavera Xove, co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril, en instalacións da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 8 de marzo.

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas, nos 6 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.

A cota de participación será de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 75 euros para as quendas de Semana Santa.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 56,25 euros.

O programa inclúe 

  • Aloxamento en albergue xuvenil. A asignación de cuartos será de libre disposición.
  • Manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos incluídos, no caso das fins de semana. No caso das quendas de Semana Santa: desde a cea do venres 22 ata o almorzo do martes 26, e desde a cea do mércores 27 ata o almorzo do domingo 31. »
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas). 
  • O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro ás 10.00 horas e será mediante o formulario en liña dispoñible na web.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

Formulario de 14 a 17 anos

Formulario de 18 a 30 anos

Consulta aquí a toda a información do programa



14 de feb. de 2024

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2024/2025

Comezo do proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. 

A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

PRAZO ORDINARIO DE ADMISIÓN:
Dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024

CALENDARIO 
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
  • Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
  • A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (consultar o Manualou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.
  • Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula  en Educación Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

  • Resumo do proceso de admisión do alumnado en centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria sostidos con fondos públicos, elaborado polo Concello da Coruña.
  • Mapas das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña (segundo as instrucións ditadas pola Consellería). 
  • Instrucións xerais Consellería.
  • www.coruna.gal/educacion
  • MÁIS INFO:
    PÁXINA WEB:
    CONTACTO:
    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
    Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña
    tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778
    - Nos propios IES e CEIP

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de 1º e 2º de bacharelato de centros sostidos con fondos públicos, durante o verán 2024.


INSCRICIÓNS:
Dende o 13/02/2024 ata o 12/03/2024

DURACIÓN:
3 semanas durante os meses de xullo e agosto de 2024.

PREZO:
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (entre 300 e 1475 euros).  A determinación das achegas familiares farase seguindo uns criterios (nota media do expediente no curso 2022/23, renda per cápita da unidade familiar, pertenza a familia numerosa, condición de discapacidade). 

REQUISITOS:
  • - Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2023/24.
  • - Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • - Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO ou en 1º de bacharelato, segundo corresponda. 
  • - Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • - Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D).
O custo total de cada actividade inclúe:
Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
Os gastos de docencia e o material escolar.
As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
Os gastos de mantenza e aloxamento.
O certificado de realización da actividade.
O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
MÁIS INFORMACIÓN

PÁXINA WEB:

CONTACTO:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 997 426 / 881 997 419
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 12/02/2024

TRAMITACIÓN
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED504B

Bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2024.

PRAZO DE PRESENTACIÓN 
Do 10 de febreiro de 2024 ata o 21 de marzo de 2024 ás 15:00

REQUISITOS:
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2007.
  • - Estar matriculado no curso 2023-2024 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinos deportivos, Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  • - Obter no curso 2023-2024 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes conforme á Resolución 15 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
  • - Ter aprobadas todas as materias do curso 2022-2023, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • - Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
  • SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
  • As solicitudes cubriranse mediante o formulario accesible a través da sede electrónica do Ministerio. Tras cumprimentar os datos, xérase un persoal ou certificado, que hai que imprimir e presentar no centro de estudos, para que este certifique os datos académicos necesarios para valorar a solicitude. Unha vez obtido este certificado, se escaneará e achegarase a través da aplicación informática.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Non se concederá contía algunha en concepto de traslado desde o domicilio ao centro de destino nin desde este a o domicilio, sendo por conta do alumnado.

PÁXINA WEB:
CONTACTO:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Rúa Os Madrazo, 17. 28014 Madrid
Teléfono: 910 837 937 / Teléfono 060
Publicación: BOE 09/02/2024 (extracto)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 743005

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...