14 de feb. de 2024

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2024/2025

Comezo do proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. 

A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

PRAZO ORDINARIO DE ADMISIÓN:
Dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024

CALENDARIO 
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
  • Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
  • A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (consultar o Manualou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.
  • Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula  en Educación Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

  • Resumo do proceso de admisión do alumnado en centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria sostidos con fondos públicos, elaborado polo Concello da Coruña.
  • Mapas das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña (segundo as instrucións ditadas pola Consellería). 
  • Instrucións xerais Consellería.
  • www.coruna.gal/educacion
  • MÁIS INFO:
    PÁXINA WEB:
    CONTACTO:
    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
    Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña
    tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778
    - Nos propios IES e CEIP

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...