14 de feb. de 2024

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de 1º e 2º de bacharelato de centros sostidos con fondos públicos, durante o verán 2024.


INSCRICIÓNS:
Dende o 13/02/2024 ata o 12/03/2024

DURACIÓN:
3 semanas durante os meses de xullo e agosto de 2024.

PREZO:
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (entre 300 e 1475 euros).  A determinación das achegas familiares farase seguindo uns criterios (nota media do expediente no curso 2022/23, renda per cápita da unidade familiar, pertenza a familia numerosa, condición de discapacidade). 

REQUISITOS:
  • - Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2023/24.
  • - Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • - Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO ou en 1º de bacharelato, segundo corresponda. 
  • - Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • - Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D).
O custo total de cada actividade inclúe:
Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
Os gastos de docencia e o material escolar.
As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
Os gastos de mantenza e aloxamento.
O certificado de realización da actividade.
O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
MÁIS INFORMACIÓN

PÁXINA WEB:

CONTACTO:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 997 426 / 881 997 419
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 12/02/2024

TRAMITACIÓN
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED504B

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...