21 de dec. de 2020

O Departamento de Orientación recomenda lecturas

No Departamento de Orientación loitamos cada día pola inclusión e o respecto á diversidade. Cremos que estas lecturas que nos ofrece Manu Velasco, son un recurso magnífico para que maiores e peques comprendamos máis e mellor que todos somos diversos, que todos somos iguais. Moitas delas, están xa na Biblioteca de Primaria do CPI Pecalama.
1. OTRA COSA - Fomento do respecto e aceptación. Otra cosa queres ser coma os demais, pero non o é. Por iso vive só e non ten amigos...ata que chega Algo. 2. EL CAZO DE LORENZO - Diferencias e superación. Lorenzo loita por saír adiante no seu día a día. Comparto o video:
3. EL PUNTO - Para aprender a crear marca propia. 4. ELMER - Un básico de calquer biblioteca que respecta a diversidade. Todos somos diferentes e especiais.
5. ÉRASE OTRA VEZ UN BOSQUE - Diversidade e conflitos na adolescencia. 6. POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA - Obra mestra que recolle os valores da amizade e o respecto fronte á intolerancia.
7. EL DRAGÓN ZOG -Humor, solidaridade e afán de superación. Amosa ovalor do esforzo e a importancia de axudar aos demais.

E ti... que regalarías?

BO NADAL

16 de dec. de 2020

Xogos para aprender aspectos sobre ciberseguridade

Nesta entrada, podedes xogar ó redor de diferentes aspectos que son moi importantes á hora de manexar internet. Xogas? 

QUE SABES DE SEXTING? (+15 ANOS)
SABES ACTUAR CONTRA O CIBERACOSO? (10-12 ANOS)
CIBERSCOUTS (+ 6 ANOS)

E unha manchea de xogos de mesa na mesma liña...

11 de dec. de 2020

DEREITOS DE IMAXE

Nesta presentación de orienta2ennava, poderedes comprender mellor un dos conflitos de convivencia máis habitual que estamos a vivir nos centros, os derivados das redes sociais: - Publicacións/ Stories/Directos/Grupos de Whatsapp, de comentarios ofensivos cara a outra/s persoas. - Publicación/Reenvio de vídeos/fotografas que poñen en evidencia, violan a intimidade e comprometen a unha terceira persoa. Traballar as consecuencias é importante, para que non haxa dúbidas do que pode pasarnos se atravesamos a liña.

10 de dec. de 2020

Charla para familias: DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

A confederación de ANPAs galega ofrece, o xoves 10 de decembro, unha charla de sensibilización sobre a diversidade afectivo-sexual, familias diversas e a LGTBI fobia na contorna familiar e social. O obxectivo é proporcionar información e estratexias específicas e, fomentar e reforzar a relación cos centros educativos.
Para unirse á charla en Zoom, estes son os datos:
https://us04web.zoom.us/j/75212783224?pwd=Vk5iYkVST1hOcEIzemRaOHRJd3NUQT09
ID de charla: 752 1278 3224
Código de aceso: 8y8zdj

3 de dec. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Quero compartir con vós unha fermosa e completísima presentación realizada dende o CEIP Reina Fabiola (Motril-Granada), coa colaboración do alumnadode 6º EP. Queredes coñecer os superpoderes das persoas con discapacidade?

Consellos para aprender mellor

 Neste video atoparedes algúns consellos para que os vosos esforzos por aprender veñan acompañados de mellores resultados. A idea central do video e o da economía do tempo e o esforzo. É preciso traballar en periodos curtos nos que de verdade manteñamos a atención e a concentración, e, así,  a memoria comprensiva permaneza máis tempo e con maior calidade.



Ademais, nesta presentación, contades con técnicas concretas que melloran a vosa estratexia de estudo.

Ánimo!

9 de nov. de 2020

25 de Novembro: DE FRONTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña poñen en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, campaña que procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.

Recollemos as actividades!

1. POEMAS CONTRA AS VIOLENCIAS DE XÉNERO


2. SIRA E ILLA: Narración en chave poética pola igualdade. 

 

3. LUCÍA ALDAO recita o seu poema: Quen es, e en que lugar puxeches o meu medo? 



4. MARÍA VÁZQUEZ, recita "Poemaa", de Lucía Aldao



5. ENMA PEDREIRA, "A princesa e o chícharo"


6. JESÚS CASTRO recita un poema de Alicia Fernández do seu libro "Mamá Pelícano".



7. ISEO AGILDA, da banda Sacha na Horta, recita  a letra da súa canción "Manada somos Nós"




 PÍLULAS DE FORMACIÓN POLA IGUALDADE: A normalización da violencia de xénero e sexual na mocidade

 "A normalización e mesmo naturalización das relacións de poder desiguais de xénero desde a infancia é chave para a reprodución do sistema heteropatriarcal. Ao tempo, a nosa sociedade e as súas diversas mensaxes (no ámbito da familia, na escola, nos medios, nas redes, na pornografía, etc.) rematan por conformar e consolidar aprendizaxes de ríxidos modelos de relación de dominación e submisión, de comportamentos relacionados coas violencias cotiás ou de “baixa intensidade”, etc.



 PÍLULAS DE FORMACIÓN POLA IGUALDADE II: De qué falamos cando falamos de ciberviolencias machistas


 PÍLULAS DE FORMACIÓN POLA IGUALDADE III: As representacións da violencia de xénero nos medios de comunicación




26 de out. de 2020

Ansiedade nos exames

A primeira volta de exames está xa aquí, así que comparto con vos os seguinte recursos, co fin de axudarvos a controlar a ansiedade nos exames. 1. En que consiste a ansiedade?
2. Como mantemos a calma?
3. Como controlamos o estrés?
4. A importancia do exercicio físico
Fonte: Orientablog

Reflexionamos sobre o noso estudo

Na seguinte presentación, podes analizar os aspectos que debes mellorar no teu estudo, e descubrir estratexias para melloralas.

COMPLETO PLAN DE APOIO SOCIOEMOCIONAL

 

13 de out. de 2020

COMUNICACIÓN PACÍFICA EN FAMILIA

Comparto con vós esta guía elaborada polo Centro de Apoio a Familias da Comunidade de Madrid. 

Recolle 10 estratexias para afrontar momentos complicados na familia.



20 de set. de 2020

"A MI NO ME VA A PASAR"... Seguro?

Artigo de El Plural para a reflexión sobre o (in)cumplimento das normas para a prevención do COVID. Clica na imaxe para ler o artigo.

RODA DE AUTOCOÑECEMENTO

Clica na imaxe e xoga a coñecer aos teus compis na ntitoría.

 

 

 Fonte da actividade: Pienso, Siento, Soy (adaptado por Verónica del Río del Río)

15 de set. de 2020

29 de ago. de 2020

ADMISIÓN FP BASICA 2020-2021

- Presentación de solicitudes: Do 1 ao 11 de setembro de 2020 ata as 13´00h. 
 - Publicación da listaxe de admitidos: 14 de setembro
 - Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: Dous días hábiles dende a publicación da listaxe de admitidos (15 e 16 de setembro). 
- Matrícula: Entre o 14 e o 21 de setembro. 

 NESTES DOCUMENTOS TES TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN




Neste enlace tedes MÁIS INFORMACIÓN (e os impresos da solicitude)


21 de ago. de 2020

ADMISIÓN A CICLOS FORMARTIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2020-2021: PERIODO EXTRAORDINARIO

A convocatioria extraordinaria para o acceso aos ciclos formativos xa está publicada. 

Velaquí tedes a información máis relevante. CALENDARIO DE ADMISIÓN: 
 - 1ª adxudicación extraordinaria 2 de setembro. (sobre as listaxes de espera do periodo ordinario).
 - Matrícula ou renuncia do 2 ao 4 de setembro ás 13:00h. 
 - Presentación de solicitudes: 1 ao 9 de setembro ás 13:00h. 
 - Listaxe provisional de solicitudes: 11 de setembro.
 - Reclamación á listaxe provisional: 11 ao 15 de setembro ás 13:00h. 
 - Listaxe definitica de solicitudes: 18 de setembro. 
 - 2ª adxudicación extraordinaria 18 de setembro.
 - Matrícula do 18 ao 22 de setembro ás 13:00h. 
 - Adxudicación continuada (chamamento): 24 de setembro ao 2 de outubro ás 13:00h. 

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

BOLSAS PARA ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS

Temos nova convocatoria para a solicitude de bolsas para cursar estudos postobligatorios (BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL). Nesta presentación podedes consultar toda a información

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2020-2021

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Xa podedes solicitar a bolsa ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, para o curso 2020-2021. Toda a información está dispoñible no novo portal de bolsas e axudas do MEFP. Nesta presentación tedes unha recompilación de ligazóns á información máis importante.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...