28 de dec. de 2022

BOLSAS CANADÁ

O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas Canadá 2023-2024-1º de Bacharelato en Canadá", no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en Canadá, equivalente a 1º de Bacharelato, así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. A estadía en Canadá comezará en agosto de 2023 e finalizará en xuño de 2024


INSCRICIÓN: 

  • As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na web www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica do Programa do 9 ao 20 de xaneiro de 2023.
  • A documentación e o xustificante da inscrición en liña debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais deberá presentarse nos rexistros municipais, ou en calquera dos lugares establecidos na Lei 39/2012 do  Procedemento Administrativo Común das AAPP, ou na sede electónica https://sede.coruna.gal/

REQUISITOS:

Alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra o seguintes requisitos:
  • - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude.
  • - Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso 2022-2023 nun centro da cidade da Coruña.
  • - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22.
  • - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • a) Bolsa total: serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9000 € anuais de renda per cápita.
  • b) Bolsa parcial: as familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do prezo da praza (as porcentaxes que corresponde aboar ás familias variarán en función da renda per cápita)

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña
Casa Paredes. Avd. da Mariña, 18- 2º (15001 - A Coruña)
Tel.: 981 184 200 
PUBLICACIÓN: BOP 22-12-2022 (extracto)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 664514.

26 de dec. de 2022

NOTAS DE CORTE 2022

 Velaquí tedes as notas de corte do curso actual. Clica na imaxe:





PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE +25

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as/os Maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2023, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e UVigo).

REQUISITOS:

Persoas maiores de 25 anos de idade no ano natural no que se celebre a proba.

Non estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente, Técnico Superior de FP, etc.

ESTRUCTURA DA PROBA:

  • Fase Xeral: constará dos seguintes exercicios:

  • Comentario dun texto ou desenvolvemento dun Tema Xeral de Actualidade.
  • Lingua Castelá.
  • Lingua Galega.
  • Lingua Estranxeira: a elixir un idioma no momento da matrícula entre InglésFrancésAlemánItaliano ou Portugués.

  • Fase Específica: estrutúrase en 5 opcións, e incluirá os exercicios de tres materias: dúas obrigatorias e unha optativa 
  • Obrigatorias: 
  • Opción A. Artes e humanidades: Historia da arte e Xeografía 
  • Opción B. Ciencias: Matemáticas e Química 
  • Opción C. Ciencias da saúde: Bioloxía e Química 
  • Opción D. Ciencias xurídicas e sociais: Historia do mundo contemporáneo e Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais 
  • Opción E. Enxeñaría e arquitectura: Física e Matemáticas
  • Unha optativa entre as seguintes:
  • Opción A. Debuxo artístico, Latín, Literatura universal e Volume 
  • Opción B. Bioloxía, Ciencias da Terra e ambientais e Física 
  • Opción C. Ciencias da Terra e ambientais, Física e Matemáticas 
  • Opción D. Economía da empresa, Literatura universal e Xeografía 
  • Opción E. Ciencias da Terra e ambientais, Debuxo técnico e Química

  • PRAZO E LUGAR DE MATRÍCULA: do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos os dous inclusive, de acordo coas instrucións que indique a CiUG na súa páxina web. 
  • DATAS E LUGAR DE REALIZACION DAS PROBAS: no Edificio Fontán situado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
  • A Fase Xeral será o venres, día día 24 de febreiro​, a partir das 8,30 h.
  • Fase específica, o venres, día 10 de marzo​, a partir das 8,30 h.
  • CONSULTA A ADSCRICIÓN PREFERENTE A EFECTOS DE ACCESO DAS OPCIÓNS DA PROBA:  HTTPS://CIUG.GAL/PDF/M25_2023/CONVOCATORIA_M25.PDF 
    • Cualificacóns finais provisorias (NERTA) o 16 de marzo.
    • Cualificacións definitivas28 de marzo (a partir das 15.00h)

    ACCESO Á UNIVERSIDADE: para as persoas aprobadas nestas probas, reservarase o 2% das prazas totais de cada titulación con límite de prazas ás que as/os estudantes poidan ter acceso, de acordo coa opción cursada na proba.

    Os programas das materias, orientacións e modelos de exame pódense consultar na páxina web da CiUGs

    LERD Campus da Coruña |​ Pavillón de estutandes. Campus Elviña. 15071- A Coruña | tel.: 881 011 190/ 881 011 192/ 881 011 964  | lerdcoruna@udc.es​

    CiUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia  | Edificio Fontán, 1º andar. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707. - Santiago de Compostela  | ciug@ciug.gal


    1 de dec. de 2022

    Salón de Orientación Universitaria (A Coruña)

    Infórmovos que o próximo xoves 15 de decembro, terá lugar na Corula, o Salón de Orientación Universitaria UNITOUR, aberto ao público de 15:30 a 17:30, no Pazo de Congresos -PALEXCO.- (Peirao de Transatlánticos, s/n 15003 A Coruña).

    Nel, poderedes informarvos das diferentes opcións en Graos Universitarios, coa representación das principais Universidades e Institucións.

    Para asistir, deberedes completar o rexistro no seguinte enlace: https://www.unitour.es/inscripcion-online/la-coruna Ao finalizar o rexistro recibiredes no email o código QR persoal e, con el,  poderedes facilitar os datos, durante o evento e se así o desexade, ás Universidades que vos interesen, de forma áxil.



    Portas Abertas na Facultade de Ciencias da UDC

    Servizo de Estudantes da UDC infórmanos que este ano a Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña organiza de novo unhas xornadas de portas abertas presenciais. Destinaranse principalmente a estudantes de 4º da ESO e 1º de bacharelato. 

    Ademais, organizaranse uns obradoiros de divulgación en dúas quendas de mañá. Serán os vindeiros días 31 de xaneiro, e 1 e 2 de febreiro nos que se poderá contar cos laboratorios de prácticas.

    O enlace do formulario de inscrición é o que segue: https://forms.office.com/r/xXc8Xxy5F9



    27 de out. de 2022

    Matrícula nas probas libres das escolas oficiais de idiomas

    Na Instrución 4/2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2022/23.

    • Poderanse matricular nas probas de certificación do idioma que cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2023. 
    • Poderanse matricular nas probas de certificación dos idiomas que non cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2023. 
    • O alumnado libre poderá matricularse nos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das probas de certificación, previo pagamento dos prezos públicos correspondentes, sen que sexa requisito obter o certificado do nivel ou niveis anterior(es).
    • O alumnado que xa realizou estudos nunha escola oficial de idiomas en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola en 2022/23, deberá indicar esta circunstancia coa súa solicitude de matrícula para que a escola onde se matricula como alumno/ a libre solicite o traslado de expediente á escola de orixe. 

    Prazo de inscrición: do 2 ao 18 de novembro de 2022, dende o enderezo seguinte: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre   

    A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 18 de novembro.

    Máis información: Instrución 4/2022

    21 de set. de 2022

    Talleres gratuítos para a mocidade en centros cívicos

    O Concello da Coruña, desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, vai levar a cabo, desde os centros cívicos, varias actividades dirixidas á mocidade, co fin de promover o lecer positivo (actividades de creación de podcast, técnicas de supervivencia e orientación, técnicas de defensa persoal, monográfico de criptomoeda e trading -prevención e riscos-, xornadas multiaventuras e rutas ambientais e de orientación).

    Estas actividades son de carácter gratuíto.

    A inscrición será en liña, a través desta ligazón e finaliza o 28 de setembro.

    admisión será por orde de inscrición, as prazas son limitadas e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para a súa realización.

    Unha vez finalizado o prazo de inscrición, pódese consultar nos centros cívicos se quedan prazas libres nas actividades que se realizan nas súas instalacións e, se a resposta fose afirmativa, pódese facer a inscrición nelas ata un día antes do comezo da actividade.





    12 de set. de 2022

    Convocatoria de Bolsa Fundación Amancio Ortega (1º BAC no Canadá)

    Prazo de inscripción

    12 de setembro a 11 de outubro de 2022

    Na súa edición 2023-2024, o Programa convoca 400 novas bolsas para estudantes de 4º da ESO que desexen estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Delas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia, e 330 a estudantes doutras comunidades e cidades autónomas de España.

    A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.

    Nas Bases de participación atoparás toda a información da convocatoria, incluídos os requisitos e o proceso de selección. O Acordo de participación inclúe a normativa da bolsa, polo que só é aplicable aos estudantes seleccionados, pero recoméndase a súa lectura para obter máis información sobre o Programa.


    O Manual de inscrición inclúe a información necesaria para cumprimentar correctamente o formulario de inscrición. Por último, o Calendario da convocatoria contén todas as datas de interese durante o proceso de selección.

    Máis información clicando na imaxe:



    7 de set. de 2022

    Período extraordinario para prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23

     Prazo de presentación de solicitudes: 6-14 de setembro de 2022 (ambos incluídos)

    Os CRD teñen como destinatarios ao alumnado de ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas...) e se matricule nas contornas de cada un dos centros, para continuar os seus estudos. Os centros galegos son os de A Coruña, Ourense e Vigo.

    Os estudantes teñen a posibilidade de pedir praza nesta residencia non universitaria onde ademais de manutención e aloxamento.

    Podedes consultar a información do da Coruña, na web: https://crdcoruna.gal/ 

    O Centro dispón de 340 prazas, 10 delas están habilitadas para o alumnado con discapacidade auditiva e conta tamén con 4 prazas para alumnado con disfuncionalidade motora.

    O centro dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, salas de lectura e estudo, aulas de informática, ximnasio, comedor, ... 

    Máis información na web: https:/crdcoruna.es

    Tfno. 981667836/981667831

    Admisión FP. Ciclos formativos de grao básico con prazas dispoñibles

     Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas vacantes desde desde o mércores 7 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

    2 de set. de 2022

    Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas

    Publicouse a Circular 3/2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2022/23.

    Prazo de matrícula: do 6 de setembro ao 31 de outubro de 2022

    Máis información: Circular 3/2022

    Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

     Xov, 01/09/2022 - 15:18

    Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde desde o venres 2 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

    No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula estará aberto desde o día 2 de setembro ás 9:00 horas ata o día 23 de setembro ás 13:00 horas.

    Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.

    Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 3ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2022-2023

     Publicación das listaxes da 3ª adxudicación ordinaria de ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas, en modalidade presencial e modalidade a distancia.

    O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 2 de setembro ata as 13:00 horas do martes 6 de setembro de 2022.

    17 de ago. de 2022

    Probas extraordinarias de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño, curso 2022-2023


    CALENDARIO

    Inscrición aberta os días 27, 28 e 29 de xullo e 1 e 2 de setembro na secretaría da escola ou cubrindo e enviando por correo electrónico o seguinte formulario xunto a copia de DNI e, de ser o caso, documentación acreditativa de titulación:

    Formulario de inscrición

    • Día 2 de setembro: Fin do prazo de inscrición.
    • Día 5 de setembro: Realización da proba substitutiva do bacherelato na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela, segundo o seguinte horario:
                Primeiro exercicio: das 10.00 ás 13.00 horas.

                Segundo exercicio: das 16.00 ás 17.00 horas.

    • Día 6 de setembro: Publicación de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación
    • Día 7 de setembro: Realización da proba específica de acceso na Escola de Arte e Superior de Deseño elixida en primeira opción, e segundo o seguinte horario:

                Primeiro exercicio: das 10.00 ás 12.00 horas.

                Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.

                Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

    • Día 8 de setembro: Publicación de cualificacións definitivas e asignación de plazas nas páxinas web das EASD de Galicia e no Portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal.
    • Día 9 de setembro: Matrícula na secretaría da EASD correspondente.

    11 de ago. de 2022

    Adxudicación de plazas na Formación Profesional

    Na seguinte ligazón podes atopar a información sobre a adxudicación de plazas nos ciclos formativos. Lebra que existen varios prazos de adxudicación, e, de obte praza nalgún ciclo, deberás rematar o proceso mediante a matrícula no mesmo.

    Lembrade que para consultar as listaxes debedes coñecer o voso CPC (Código Persoal de Consulta). Podedes consultalo aquí. Neste video podes averiguar cómo se fai (minuto 5.55).



    Oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2022/23

    Xúntase a Orde do 29 de xullo de 2022 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2022/23.



    Probas extraordinarias de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/2023

    As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo co establecido nos artigos 4 e 5 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.

    As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

    Realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na rúa Poza Cabalo, s/n, Vigo, e darán comezo o día 6 de xullo, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación.

    A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola cal opten as persoas aspirantes.

    Probas de acceso extraordinarias de setembro

    PRAZAS VACANTES POR ESPECIALIDADE
    Dirección escénica e dramaturxia: 6
    Escenografía: 10

    CALENDARIO DE INSCRICIÓN
    27 de xullo – 29 de agosto (ambos inclusive): Prazo de inscrición
    30 de agosto: Listaxe provisional de persoas inscritas
    31 de agosto Reclamacións
    31 de agosto: Listaxe definitiva de persoas inscritas
    1 de setembro: Celebración das probas de acceso
    2 de setembro: Listaxe provisional das cualificacións
    5 de setembro: Reclamacións das cualificacións
    6 de setembro: Listaxe definitiva das cualificacións
    7 e 8 de setembro: Matrícula

    MODOS DE PRESENTACIÓN
    1- En liña: do 27 de xullo ao 29 de agosto (ambos inclusive): envío a través do correo electrónico esad.galicia@edu.xunta.gal da documentación compulsada ou con CSV.
    2- Presencial: do 24 ao 29 de agosto (ambos inclusive): na ESAD coa documentación orixinal ou compulsada ou con CSV.



    13 de xul. de 2022

    Listaxes de admisión de solicitudes na Formación Profesional

    Na FP Dual:

    http://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2022 

    Nos cursos de especialización: 

    http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-cursos-especializacion-2022-2023

    No grao Básico:

    http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-basico-2022-2023

    No grao Medio:

    http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2022-2023

    No grao Superior:

    http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2022-2023


    Lembrade que para consultar as listaxes debedes coñecer o voso CPC (Código Persoal de Consulta). Podedes consultalo aquí. Neste video podes averiguar cómo se fai (minuto 5.55).

    Lembra tamén que estas listaxes indican só se a solicitude está admitida a trámite ou non. No caso de ter algún erro que enmendar, debes facelo conforme os plazos establecidos.

    Finalmente, para saber se obtedes plaza nos ciclos, debedes agardar ao primeiro plazo de adxudicación (e/ou sucesivos, no caso de non obter neste primeiro), e, unha vez admitidos nun ciclo, tedes que matricularvos.

    Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

    Estes premios teñe o  fin de recoñecer aos alumnos e alumnas que requiriron un maior esforzo e dedicación para superar dificultades, de carácter persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural e superar os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria .

    Recibirán un premio en metálico (1.000 euros por premio)


    Destinatarios:

    • Alumnado que rematase os seus estudos de Educación Secundaria Obrigatoria nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Recibirán un premio en metálico.

    REQUISITOS:
    • - Ter cursado no curso 2021-2022 4º ESO nun centro da comunidade autónoma galega.

    • - Estar proposto/a para o título.
    • - Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural. O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornas socioculturais desfavorecidas ou de contornas familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara a conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

    MÁIS INFO:

    Orde do 29 de xuño de 2022 (DOG)

    1 de xul. de 2022

    CONVOCATORIA DE MATRÍCULA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ·XULLO DE 2022)

    MATRÍCULA ANTICIPADA 

    PRAZO: Do 27 de xuño ao 1 de xullo de 2022.

    MATRÍCULA ORDINARIA

    PRAZO: O 28 ou 29 de xuño.

    MATRÍCULA EXTRAORDINARIA: 

    Das 9:00 ás 14:00h. do día seguinte a comunicación da resolución da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato da convocatoria extraordinaria do curso 2021-2022 ante a Xefatura Territorial correspondente.




    Poderá presentarse á Parte Obrigatoria e á Parte Voluntaria: 
    a) Alumnado que aprobe o bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013 (LOMCE) neste curso 2021-22 nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia 
     b) Alumnado que aprobou o bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013 en convocatorias anteriores, nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e que non teña superada a proba ABAU. 
    c) Alumnado que teña superada a proba ABAU en convocatorias anteriores na Comunidade Autónoma de Galicia ou noutra Comunidade Autónoma e que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia e desexe mellorar a súa cualificación. 
    d) Alumnado que teña un título de ordenacións educativas anteriores (PREU, COU, LOXSE, MÚSICA E DANZA) declarado equivalente ao título de bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013, obtido nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia ou que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia. 

    Poderá presentarse á Parte Voluntaria: 
    a) Alumnado que teña superada a parte obrigatoria en anos anteriores na Comunidade Autónoma de Galicia ou noutra Comunidade Autónoma e que acrediten a súa adscrición a un centro de Galicia. 
    b) Alumnado de FP que obtivese o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente neste curso 2021- 22 nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia 
    c) Alumnado de FP que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente obtido en anos anteriores nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia ou que acredite a súa adscrición a un centro da mesma.
    d) Alumnado de anos anteriores en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no Convenio polo que se establece o Estatuto das Escalas Europeas, acordado en Luxemburgo o 21 de xuño de 1994 e/ou alumnado que obtivese o Diploma do Bacharelato Internacional, expedido pola Organización do Bacharelato Internacional, con sede en Xenebra (Suíza), e que desexe mellorar a súa cualificación e que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia. 
    e) Alumnado de anos anteriores con acreditación expedida pola UNED para acceder ás Universidades Españolas e que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia. 
    f) Alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros que obtivese a homologación antes da finalización do prazo de matrícula dos seus estudos aos títulos de bacharelato ou de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior español ou que presentase a solicitude de homologación e estea pendente de resolución e que acrediten a súa adscrición a un centro de Galicia



    A matrícula anticipada realizarase obrigatoriamente a través da aplicación informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta/). O Alumnado que non ten conta de usuario en Nerta deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente (véxase Anexo I) a documentación. 

    Toda a información aquí



    25 de xuño de 2022

    A FP Dual

    É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

    A FP dual integra formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

    Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

    Cales son os requisitos para acceder á FP dual?

    Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:

    • Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
    • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
    • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
    • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

    Cal é o prazo para solicitar matrícula nun ciclo de FP dual?

    Neste enlace podes consultar o proceso para o curso 2021-2022

    Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual?

    Nesta modalidade dual, os ciclos formativos poden distribuírse en dous ou en tres anos, e todo caso, 2.000 horas, das que un mínimo do 33 % deberase impartir coa participación da empresa.

    Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?

    O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.

    Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?

    O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.


    23 de xuño de 2022

    Proceso de admisión para a Formación Profesional Dual. Curso 2022/2023

    É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

    Nesta ligazón atopará a oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual para o curso 2022-2023: 
    REQUISITOS
    • Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
    • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
    • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
    • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
    • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
    PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
    Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada
    Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.
    Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas listaxes de solicitudes provisionais e definitivas, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Os datos de identificación serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC) nas listaxes.

    DOCUMENTACIÓN. 

    A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
    - DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
    - No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
    -Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europa.eu/europass/es/create-europass-cv

    SELECCIÓN DO ALUMNADO:
    Tendo en conta a listaxe definitiva de solicitudes, o centro e a entidade colaboradora seleccionarán o alumnado.
    Rematado o período de selección publicarase a listaxe de persoas admitidas e en espera.
    As persoas admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual deberán matricularse durante o período establecido no centro educativo no que teñan a praza adxudicada.​

    ​​PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:

    As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP.
    As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización de FP.
    No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.

    Calendario de admisión:
    Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de xuño até o 5 de xullo ás 13:00 horas.
    Publicación da relación provisional de persoas solicitantes: 6 de xullo.
    Reclamación contra a relación provisional de persoas solicitantes: do 6 ao 8 de xullo ás 13.00h.
    Publicación da relación definitiva de persoas solicitantes: 11 de xullo.
    Período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora: do 11 ao 14 de xullo ás 12:00h.
    Publicación da relación de persoas admitidas e en espera: 15 de xullo.
    Período de matrícula para persoas admitidas: do 18 ao 26 de xullo ás 13.00h.
    MÁIS INFORMACIÓN CLICANDO NA IMAXE:


    Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

    A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...